12 curiosidades sobre a crista das galiñas que xamáis sospeitaches.

En Pazo de Vilane llevamos cuidando gallinas camperas en libertad desde 1996. ¡Por eso lo sabemos todo sobre las crestas! Aquí te lo contamos.

Dos gallinas camperas en pasto verde

¿Preguntácheste algunha vez que é ese apéndice vermello que locen as galiñas na súa cabeza? ¿Para que serve? ¿é un adorno ou ten algunha función? ¿Hai diferenzas entre razas? ¿Pode indicarnos o estado da súa saúde?

En Pazo de Vilane levamos coidando galiñas camperas en liberdade desde 1996.

¡Por iso sabémolo todo sobre as cristas!

Segue lendo e saldrás de dúbidas.

Detalle de la cresta de una gallina campera

¿Qué é exactamente a crista da galiña?

É un apéndice situado na parte superior da cabeza, unha protuberancia formada por tecido cartilaxinoso. Está moi vascularizado (é dicir, moi permeado por deceas de pequenos capilares sanguíneos) e conformado polas chamadas carúnculas, un tipo de estructura característica.

¿Para qué serve? 

É un carácter sexual secundario, polo que é indicador, para o granxeiro, do nivel de maduración da galiña. Do mesmo xeito que os peitos, a lanuxe corporal, o ton de voz, etc. é indicativo nos seres humanos do inicio da puberdade, o desenvolvemento da crista dá pistas ao coidador do inicio da estimulación hormonal da ave.

¿Todas las cristas son iguais?

Non en absoluto. De feito, hai moitísimos tipos. É un carácter morfométrico típico de cada raza, e clasifícanse en función do serrado, dos picos. Etc…

¿Qué indica a súa cor?

Unha cor axeitada é indicativa de que as aves gozan dunha boa saúde. A cor da crista é reflexo da correcta vascularización e do fluxo de sangue así como dun óptimo funcionamento a nivel hormonal.

Cabeza de gallina blanca, con detalle de cresta y barbilla

¿Pode un granxeiro experimentado saber se unha galiña está enferma a partir da súa crista?

Sí, por iso en Pazo de Vilane observamos a crista das nosas galiñas. Alguén con experiencia e coñecementos podría chegar a sospeitar, só ao detectar anomalías na crista (palidez, cambios na cor) se unha galiña padece algunha enfermidade. Ademáis, danos hepáticos ou renais, ácaros ou outros parásitos. É importante fixarse nas cristas, aínda que hai outros factores moi reveladores, como os propios ovos ou as feces do animal.

¿Varía a color da crista ao longo do día?

Pos sí. En Pazo de Vilane as nosas galiñas soen poñer entre as 6 e as 10 da mañá (deixámolles todo o tempo do mundo, non hai ninguna presa). Neses momentos de posta teñen a crista máis pálida, porque o fluxo sanguíneo desvíase ao oviducto.

¿Inflúe a boa crianza nunha cor máis saudable da crista?

Por suposto, a exposición á luz solar fai que a crista adquira unha cor vermella moi intensa, como se se bronceara. Pódese recoñecer se unha galiña tivo acceso ao aire libre ou non,  só pola intensidade do vermello da súa crista.

Cresta de gallina ligeramente caída.

¿Hai enfermidades propias da crista?

Non, tan só pode ser reflexo de outras moitas..

¿Hai correlación entre a crista da galiña e a fortaleza dos seus ósos?

Non de forma directa, pero un bo desenvolvemento da crista é reflexo nas galiñas mozas de que os ósos están crecendo e fortalecendo axeitadamente.

É dicir, como a crista é un índice de maduración sexual, ao mesmo tempo que a poliña termina de conformar a súa estructura ósea debería lucir unha crista ben turxescente e vermella, sinal de que conta con unha boa estimulación hormonal.

Como é ben sabido, as hormonas sexuais, tanto andróxenos como estróxenos, inciden no metabolismo do calcio e no proceso de formación do óseo, e chegan ao seu pico de producción cando as galiñas empezan a poñer.

En resumo, unha boa crista é un perfecto indicativo de que todo está funcionando correctamente no crecemento da galiña, tamén nas súas hormonas e ósos.

Gallinas pastando

¿Pódese saber se unha galiña vai a ser boa poñedora pola súa crista?

A maior parte das veces unha crista de bo tamaño e aspecto san indica que estamos ante unha galiña fértil, que porá bos e abundantes ovos.

Pero iso non ocorre sempre. Como curiosidade, moitas das galiñas infértiles- que non poñen ovos- lucen cristas enormes; verdadeiramente chamativas. En case todos os lotes sae algunha, pero non se pode facer moito por evitalo, é unha cuestión hormonal intrínseca.

¿Hai galiñas sen crista?

Non, todas as galiñas teñen crista, aínda que non o pareza. O que ocorre é que hai razas ou cruces de razas que presentan cristas enanas. Tamén depende das hormonas de cada ave.

¿É posible coñecer a idade dunha galiña pola súa crista?

Non exactamente, pero sí a idade aproximada. Por exemplo, cando son poliñas pode intuirse ao inicio do periodo de posta.

Polo contrario cando a galiña envellece, a crista perde vascularización, está máis arrugada e menos turxescente.

¿Te ha interesado esta noticia? ¡Suscríbete a nuestro boletín y recibirás gratis un libro digital!

Subscríbete ao noso boletín
Mantente informado de todo o que acontece no Pazo de Vilane e goza das nosas actividades, sorteos, premios...
Información básica 1ª CAPA sobre Protección de Datos: Responsable: Pazo de Vilane | Finalidade: Contestar ás solicitudes de información do interesado, establecemento ou mantemento de Relacións Comerciais e posiblemente para o envío de publicidade. | Lexitimación: Consentimento do interesado e interese lexítimo no desenvolvemento da relación comercial | Destinatarios: Non se cede a información | Dereitos: Acceso, rectificación, supresión, limitación, oposición e portabilidade | Información adicional: Política de privacidade