Como facer unha tortilla: aprende a cociñar 8 tipos de tortilla

En el Pazo nos encantan las tortillas, en todas sus formas, técnicas y combinaciones. Te descubrimos 8 formas distintas de hacer una tortilla.

Ovos batidos preparados para facer unha tortilla

No Pazo encántannos as tortillas, en todas as súas formas, técnicas e combinacións; por iso mesmo propuxémonos facer unha gran homenaxe a este nobre prato.

Hoxe respondémosche a esa gran pregunta que calquera cociñeiro (principiante ou avanzado) faise algunha vez: Como facer unha tortilla? E é que estamos a falar de tortillas de campionato, non de calquera cousa.

Desde as máis clásicas, como a tortilla de pataca (coroada por moitos como reina das tortillas) ata a recoñecida tortilla francesa, pasando pola paisana ou a aberta, repasamos os mellores trucos para que che queden impresionantes. Imos!

Tortilla de pataca

Tortilla de pataca

Hai algo máis rico e apetecible que unha boa tortilla de pataca? Parece un prato fácil, pero en realidade hai que saber darlle o punto.

Xa sabes que cada español leva dentro un crítico culinario coas súas propias teorías sobre como facer a (perfecta) tortilla de pataca!

A nós gústanos callada por fóra pero algo desfeita por dentro… e con cebola e pataca galega! Iso si, neste aspecto non somos nada discriminatorios: gústanos en todas as súas variedades, desde un petisco de tortilla de pataca á hora do aperitivo, ata unha ración xenerosa á hora da comida, como prato principal.

Se che gusta o noso estilo (callada pero zumarenta por dentro) toma nota da nosa receita de tortilla de patacas. Agora ben, se a prefires algo máis feita, engade menos ovo e déixaa na tixola uns minutos máis.

Tortilla francesa

Tortilla francesa

Outra campioa entre as tortillas. A tortilla francesa é socorrida, versátil e nutritiva.

Pero é unha das que esperta máis dúbidas na súa elaboración. A orixinal é cremosa (desfeita por dentro e suavemente dourada por fóra) e callada con manteiga.

Pero, como facer unha tortilla francesa (ben feita, está claro)?

Cada cociñeiro ten a súa técnica, aínda que todos inciden en que é importante bater moi ben os ovos (aínda que sen pasarse, pois en caso contrario introduciremos demasiado aire na mestura). Non esquezas incorporar o sal neste paso.

Unha vez estean listos, poñeremos os ovos batidos na tixola, quentada a lume medio. Inmediatamente baixa a potencia, e non deixes de remover ata que empecen a callar, separando as partes que queden adheridas nas paredes para incorporalas á mestura.

Cando teña un aspecto cremoso e homoxéneo, deixa de remover para que comece o callado e voltea coa axuda dun garfo, ata formar a tortilla.

Tortilla aberta

Tortilla aberta

Unha variación da anterior, na que se omite o callado final. É un dos tipos de tortilla máis orixinais: ten o aspecto dunha pizza, pero en sabor aseméllase máis á francesa.

Nosaa receita de tortilla aberta leva un fío de aceite de oliva picante, morcilla e gambas

As verduras non poderían faltar, así que lle engadimos uns toros de cebola finiñas, champiñóns e pemento. Unha delicia!

Tortilla paisana

Tortilla paisana

Cando se xuntan os ovos, as patacas, o chourizo afumado e os pementos verdes e vermellos, só saen marabillas. Por iso nosa receita de tortilla paisana gústanos tanto.

Pódeslle engadir algunha outra verdura, como cabaciña ou allo porro; mesmo hai quen lle bota uns chícharos. Por suposto, podes usar chacina ou taquitos de xamón no canto de chourizo.

En realidade, deixámolo ao teu gusto, porque coa base clásica da tortilla paisana (patacas, algún embutido e pementos) e, sobre todo, cos nosos ovos campeiros de Pazo de Vilane, sairache de escándalo.

Tortilla ao forno

Tortilla ao forno

Neste tipo de tortilla o paso “estrela” é o enfornado final. Comeza pochando un pouco de cebola e un dente de allo picados nunha tixola con aceite. Cando a cebola estea transparente, bate ben un par de ovos con sal e pementa, e cállaos a lume medio.

Antes de que se termine de facer a tortilla, incorpora uns toros finos de tomate, espolvorea con queixo relado e pequenas tiras de bacon.

Envolve sobre si mesma e lévaa ao forno, a gratinar, 2-3 minutos. Decora con olivas partidas.

Tortilla guisada

A tortilla guisada é unha versión caldosa e saborosa da tortilla de patacas. Ou o que é o mesmo, unha tortilla española bañada en riquísima salsa.

Para facer esta tortilla tan só debes seguir os pasos da archiconocida tortilla “nacional” e a continuación preparar unha salsiña cun chorriño de aceite, unha cebola, medio vasiño de auga, azafrán, chícharos, xamón serrano picado, champiñóns, dúas culleradas de fariña e unha cullerada de perexil picado.

Non engadas sal (ou apenas un belisco) porque o xamón xa é salgado.

Unha vez refogado a cebola, vai incorporando o resto de ingredientes, terminando coa fariña para espesar (podes usar máis ou menos, segundo o teu gusto). Unha vez lista a salsa, guisa coa tortilla durante un par de minutos.

Esta mesma tortilla tamén pode facerse con salsa mariñeira, substituíndo o xamón por unhas ameixas ou unhas chirlas.

Tortilla soufflé 

Tortilla souflé

Unha tortilla… de altura! A tortilla soufflé é un dos tipos de tortilla máis esponxoso.

Para facela só terás que cascar tres ovos e botar nun bol as tres xemas e unha das claras. Aparta os dous restantes.

Monta a piques de neve estas últimas, ata que estean ben firmes. Nese momento, bate ben as xemas (neste paso podes engadir unhas culleradas de queixo relado) e cando estean listas, incorpora as claras espumadas con movementos envolventes.

Verte nunha tixola engraxada con aceite ou manteiga e calla coma se fose unha tortilla francesa.

Tortilla en tosta

As variantes desta receita son infinitas: todo dependerá dos ingredientes que teñas por a casa. Só hai dous imprescindibles: unha boa hogaza de pan de masa nai e ovos campeiros Pazo de Vilane.

Curta toros de pan e tóstaas amodo. Doutra banda, vai callando tortillas pequenas (do tamaño das tostas) enchéndoas co que máis che guste: atún e pementos vermellos, verduritas, queixos variados, chourizo, champiñóns, millo, morcilla e cebola caramelizada…. Sírveas recen feitas sobre o pan. Chuparaste os dedos!

A partir de agora xa non terás máis dúbidas á hora de facer unha tortilla, pois xa coñeces os principais tipos de tortillas e as técnicas básicas.

Agora non tes máis que deixar voar a túa imaxinación e practicar e innovar sempre que poidas. Descubrirás que case calquera ingrediente cobra outra dimensión cando o combinas en tortilla.

Iso si, non esquezas xamais que non se pode facer unha boa tortilla se non contas cos mellores ovos, como os nosos, postos por galiñas que pastan en liberdade e total benestar polas leiras verdes do Pazo. Só os ovos ben producidos teñen ese sabor de outrora.

¿Te ha gustado este artículo? ¡Pues te ofrecemos mucho más!

¡Suscríbete a nuestro boletín y recibirás gratis un libro digital!

Subscríbete ao noso boletín
Mantente informado de todo o que acontece no Pazo de Vilane e goza das nosas actividades, sorteos, premios...
Información básica 1ª CAPA sobre Protección de Datos: Responsable: Pazo de Vilane | Finalidade: Contestar ás solicitudes de información do interesado, establecemento ou mantemento de Relacións Comerciais e posiblemente para o envío de publicidade. | Lexitimación: Consentimento do interesado e interese lexítimo no desenvolvemento da relación comercial | Destinatarios: Non se cede a información | Dereitos: Acceso, rectificación, supresión, limitación, oposición e portabilidade | Información adicional: Política de privacidade