Cómo cociñar o ovo: 7 formas clásicas e algunha outra orixinal

Contámosche cómo cociñar o ovo en todas as súas variantes: duros, en tortilla, mollets, revoltos, fritos, encapotados, poché… Desde Pazo de Vilane, corazón do ovo campero galego, recompilamos as maneiras máis habituais de cociñar un ovo na cociña, para que as teñas a man cada vez que te apretes o delantal.

Duros ou cocidos

Un dos clásicos. Coloca os ovos nunha pota con auga fría e sal e leva todo a ebulición. Conta de 8 a 10 minutos desde que rompa o fervor. Transcorrido ese tempo, refría con auga fría. Truco: se te despistas e te pasas na cocción, as xemas amarillearán, descoida, cunhas pingas de limón recuperarán a súa cor.

Mollets ou blandos

Son ovos cocidos, pero coa xema tan só lixeiramente callada.

Prepáranse de igual maneira, pero acortando o tempo de cocción a só 5 ou 6 minutos, dependendo de se o ovo é pequeno ou grande

Ovos pasados por auga

Unha solución moi socorrida e saudable para o almorzo.

Prepáranse nun airiño: de idéntica forma que os duros ou cocidos, pero con só 3 minutos de fervor (non esquezas a auga fría final). Faite cuns cuncos ou cuncas especiais para servilos, bótalle sal e pementa, e molla con gusto unhs bastonciños tostados de pan de masa nai.

Ovo frito con puntilla

Nunha tixola pequena antiadherente, verte abundante aceite de oliva. Cando esté ben quente, casca o ovo no centro e deixa que se arrefríe uns 30 segundos. Non o movas durante este tempo, nin sequera para botarlle aceite por riba. Verás cómo se forma unha puntilla perfecta.

En tortilla á francesa

Facela ben é todo un arte. E aínda é unha das primeiras ideas que nos veñen a cabeza cando nos plantexamos cómo cociñar un ovo, hai que saber facela.

Cada cociñeiro ten o seu truco, qué dúbida cabe, pero contámosche os nosos básicos para que te salga blanquiña e xugosa.

Non batas demasiado os ovos, para non espumar. Engade manteiga ou aceite de oliva á tixola, e quéntaa a lume medio ou medio alto. Cando a graxa escollida tomara temperatura, reduce a lume medio baixo. Verte os ovos camperos e remove lixeiramente cunha culler de madeira, para que se fagan uniformemente.

A continuación, unha vez que se cualle o fondo, dobra a tortilla sobre si mesma coa axuda dunha espátula. Se che gusta máis feita por dentro, tapa cunha tapadeira e deixa que se faga un par de minutos máis, co lume apagado, só coa calor residual.

Tortilla de patatas

Cada español ten a súa propia receita, pero no Pazo gústanos callada por fora e moi blandiña por dentro. Facémola con cachelos, a nosa patata galega e con bo aceite de oliva.

Podes ver a nosa receta completa de la tortilla de patatas aquí,

, pero avanzámosche algúns dos seus trucos (non todos): gústanos usar máis ovos camperos (1 ou 2 máis) do habitual, escollemos sempre unha cebola tenra e doce e parécenos imprescindible usar tapadeira.

Por certo, en Pazo de Vilane temos reservada unha tixola únicamente a este fin, para que a tortilla de patatas salga de campeonato.

Ovos revoltos

Poden facerse na mesma tixola, aínda que algúns cociñeiros recomendan facer os ovos revoltos ao baño María para que queden máis cremosos.

Se optas por a primeira opción, engade apenas unhas pingas de aceite, e quenta a lume lento. Unha vez colla temperatura, casca un par de ovos, engade sal e pementa ou os aderezos que prefiras (allo, cebola en polvo…) e remove homoxéneamente cunha culler de madeira.

Retira da tixola uns segundos antes de cómo che gusten (non deben quedar secos) pois terminaránse de facer co calor residual.

Ovos poché ou ovos escalfados

Son os protagonistas dos ovos benedictinos, un almorzo riquísimo que recarga o teu cerebro de enerxía. Colle un cunco e pon encima un anaco mediano de papel filme (non te quedes curto).

Casca o ovo encima e faille un nó para pechalo , co fin de facer un “bolsilliño”. Quenta auga nunha pota ata conseguir unha temperatura moi alta, pero non deixes que ferva. Introduce de 4 a 6 minutos, segundo che gusten máis ou menos callados.

Cómo cociñar o ovo para nenos: ovos encapotados

Os máis pequenos adoran esta receita.

Prepara unha bechamel moi espesa e déixaa arrefriar unhas horas na neveira, ata que esté ben sólida. Frite uns ovos en abundante aceite de oliva.

Axudándote dun aro de empratar, coloca un filme encima e reparte cunha culler unha primeira capa de bechamel. A continuación, pon un ovo e cobre de novo coa bechamel a modo de croqueta. Pecha o paquete co filme e lévao outra vez á neveira durante polo menos media hora.

Finalmente, reboza en pan relado e ovos camperos ben batidos e fríe en aceite de oliva. ¡Sinxelamente delicioso¡.

En quiché

Só necesitarás un paquete de masa quebrada, nata, leite e por suposto os imprescindibles ovos camperos batidos. As versións da quiché son incontables: con verduras, con salmón, atún, queixos variados, herbas aromáticas, morcilla ou chourizo.

Non te asustes polo seu nome refinado. ¡É unha receita moi sinxela¡ Só require tempo de forno e imaxinación. Deixámoste paso a paso da nosa quiche de verduras aquí. 

Como ves, se sabes cómo cociñar o ovo nunca te faltarán ideas na cociña, porque é un ingrediente que da un xogo infinito. Ademáis, é un súper alimento repleto de nutrintes que debes incluir na túa dieta para favorecer a túa saúde e a de toda a familia. ¡Fai uso e abuso dos ovos e notarás a diferencia¡

¿Te ha interesado esta noticia? ¡Suscríbete a nuestro boletín y recibirás gratis un libro digital!

Subscríbete ao noso boletín
Mantente informado de todo o que acontece no Pazo de Vilane e goza das nosas actividades, sorteos, premios...
Información básica 1ª CAPA sobre Protección de Datos: Responsable: Pazo de Vilane | Finalidade: Contestar ás solicitudes de información do interesado, establecemento ou mantemento de Relacións Comerciais e posiblemente para o envío de publicidade. | Lexitimación: Consentimento do interesado e interese lexítimo no desenvolvemento da relación comercial | Destinatarios: Non se cede a información | Dereitos: Acceso, rectificación, supresión, limitación, oposición e portabilidade | Información adicional: Política de privacidade