Propiedades do tomate para a túa saúde: coñece as 8 máis beneficiosas

Nunha dieta equilibrada e sa, ademais dos saudables ovos campeiros, non deberían faltarche nunca froitas, verduras, hortalizas e moi especialmente o tomate, que está cargado de ricas propiedades.

De feito, farías ben en incluír o tomate na túa lista de alimentos preferidos e consumilo a diario, polo moito e bo que posúe dende o punto de vista nutricional.

Ademais, o tomate está moi bo de calquera maneira e combina e realza case que calquera prato. Dende sofritidos a salsas, pasando por sopas, gazpachos, ensaladas, aliños ou incluso marmeladas caseiras e ecolóxicas de tomate, como as que vendemos na nosa tenda online.

Agora ben, deixando a un lado o seu rico sabor -o que tamén importa, claro está- é un alimento barato e accesible que che axuda a mellorar a saúde.

Avanzámosche que é rico en vitaminas, minerais e antioxidantes, e contén poucas calorías: un tomate de 100 g aporta unhas 18 calorías, dado que a maior parte da súa composición é auga.

Ademais, o seu peculiar sabor agridoce débese a unha pequena cantidade de azucres simples e ácidos orgánicos que lle outorgan ese sabor tan apetitoso e dixestivo.

Poderías mencionar todas as propiedades do tomate? Pon a proba os teus coñecementos sobre nutrición e repasa esta lista que recompilamos para ti. Sorprenderache todo o que descubrirás.

Propiedades do tomate ou beneficios para a nosa saúde

Antioxidante

É unha das propiedades máis interesantes dos tomates, que se explica polo seu alto contido en vitaminas e minerais con esa capacidade, en concreto a C, E e a A.

Agora ben, o que realmente marca a diferencia no poder antioxidante do tomate é o licopeno, un caroteno ou pigmento vexetal que ademais de ser responsable da súa bonita cor vermella protexe as nosas células do denominado estrés oxidativo provocado polos radicais libres.

Tomates

E non esquezamos que o tomate é rico en selenio, un dos mellores micronutrientes con poder antioxidante.

Por tanto, grazas ás extraordinarias propiedades dos seus compoñentes, os tomates protéxennos das enfermidades cardiovasculares ou da hipertensión, entre outras moitas.

Protector da vista

O tomate pode ser un dos mellores aliados para protexer a túa vista; a propia Organización Mundial da Saúde (OMS) recomendouno polo seu alto contido en vitamina A.

Ademais, pouca xente sabe que o tomate proporciona luteína e zeaxatina, nutrientes que protexen do poder oxidante da luz tanto á mácula do ollo -que a detecta- como ao cristalino, que é o encargado de enfocar.

Pero hai máis: grazas ás súas propiedades, o tomate atrasa o desgaste da visión (tamén as enfermidades dexenerativas) e prevén as infeccións oculares provocadas por virus e bacterias.

Mellora a circulación sanguínea

E por moitos motivos. O tomate é moi rico en ferro -un mineral imprescindible para o sangue- e en vitamina K, que regula a coagulación, ademais de en vitaminas C e E.

Por outro lago, o xa mencionado licopeno diminúe os niveis de colesterol malo LDL e prevén a arteriosclerose.

Anticanceríxeno

De novo sacamos o licopeno a relucir, ese valioso caroteno moi abondoso no tomate. Xunto coa tomatina favorece a formación de antioxidantes por parte do organismo, o que axuda a evitar que as células se transformen en canceríxenas.

Conserva de tomates

Comprobouse este efecto polo menos nos cánceres de próstata, de pulmón e dixestivos.

En relación con este último, así como ao de estómago, investigadores italianos e estadounidenses acharon que o extracto do tomate enteiro (consumido ao natural) podería ter potencial mesmo para tratar o cáncer de estómago.

Nun estudio recente, chegouse a observar o bloqueo das células cancerosas no estómago a partir do consumo de tomates de dúas variedades distintas (San Marzano e Corbarino).

Así mesmo, comprobouse que o tomate é un alimento moi adecuado para evitar cánceres de ril e páncreas.

Regulador do tránsito intestinal

Tes problemas para ir ao baño? Como tomates a diario e desaparecerán. O seu alto contido en fibra regula o tránsito intestinal e prevén moitas das enfermidades ou disfuncións que afectan aos órganos gastrointestinais, como o estrenximento crónico.

Agora ben, para aproveitar totalmente esta propiedade do tomate trata de consumilo coa pel e con moita auga. Neste sentido, o gazpacho é un alimento ideal (posto que combina ambos os dous ingredientes) especialmente no verán, cando se soen agravar os problemas de estrenximento.

Diurético natural

Outro problema clásico das altas temperaturas é a retención de líquidos.

Antes de recorrer a recursos artificiais (como menciñas), proba a introducir alimentos diuréticos como o tomate na túa dieta diaria. Son moi ricos en potasio e, pola contra, pobres en sodio, o che axudará a eliminar líquidos e toxinas.

Até a Fundación Española de Nutrición recomenda os tomates para eliminar líquidos. De xeito paradoxal, o 90% da súa composición é auga, pero unha maior inxestión destes favorece a súa eliminación.

Coida a túa pel, dentes e pelo

De novo aquí inflúen as propiedades antioxidantes do tomate. As vitaminas A e C (un tomate pode chegar a conter o 60% das nosas necesidades diarias desta última) protexen as enxivas e dan á nosa pel unha luminosidade incomparable.

Agora ben, se aplicas máscara de tomate (preparada na casa, de maneira natural, en forma de pasta espesa) acadarás uns beneficios únicos para o teu pelo e coiro do cabeludo.

Por un lado, frearás a caída capilar prematura, porque o tomate logra manter a raia os radicais libres. Por outro, alcalinizarás o teu coiro cabeludo, polo que algúns trastornos como a caspa, dermatite seborreica ou psoríase mellorarán notablemente.

Así mesmo, o teu cabelo cobrará nova vida grazas aos elevados aportes de biotina do tomate, outro interesante nutriente deste gran alimento.

O tomate fortalece o sistema inmune

As xa mencionadas propiedades antioxidantes do tomate favorecen o noso organismo ao reforzar a “primeira barreira” da que dispoñemos para enfrontarnos a virus e bacterias, que non é outra que o sistema inmunolóxico.

É dicir, os antioxidantes do tomate colaboran para que as células do noso sistema inmune se atopen no mellor estado posible e loiten como verdadeiras gladiadoras fronte a patóxenos externos.

Todo isto, vese favorecido polos aportes en vitaminas C, grupo B e E dos tomates.

Como cociñar o tomate para favorecer as súas propiedades?

Cru, frixido, cocido ao vapor, o tomate pódese cociñar de moitas maneiras distintas; tamén, por suposto, pódelo tomar frío, en sopas, ensaladas ou untado en tostadas.

Tixola de tomate frito con ovos

O bo do tomate é que ao cociñalo non perde propiedades. Pola contra, se o trituras ou cociñas con aceite de oliva virxe extra acadarás unha mellor absorción do licopeno no organismo.

Outra forma de manter todo o ano o tomate é a través de confeituras e marmeladas caseiras de tomate.

Á hora de escollelos, ten en conta os moi variados tipos de tomates existentes no mercado: aconsellámosche as variedades locais maduradas en planta -a ser posible, non de invernadoiro-.

Así mesmo, almacénaos a temperatura ambiente e protexidos da luz, porque os tomates perden o seu aroma moi rápido cando se refrixeran.

E se os mercaches ou colliches verdes da mata e queres acelerar a súa maduración, podes introducilos nunha bolsa de papel xunto a unha mazá madura.

Marmelada de tomate agridoce ecolóxica Pazo de Vilane

A nosa marmelada de tomate elabórase unicamente con tomates enteiros procedentes de agricultores galegos integrados en sistemas de produción ecolóxica.

Empregan variedades locais adaptadas ás particularidades do clima de Galicia, con veráns suaves e gran humidade ambiental.

A recolleita destes tomates de excelente calidade lévase a cabo no seu xusto punto de maduración, é dicir, non pasan por cámaras nin por procesos de maduración artificiais, por iso conseguimos ese sabor intenso e moi saboroso na nosa marmelada ecolóxica de tomate, que ten un 72% de froita.

Podes conseguir a nosa marmelada de forma moi sinxela nos nosos puntos de venda, e engadila a pratos fríos, milfollas, queixos ou pescados e carnes.

Desta maneira, incluirás todas as propiedades do tomate dunha forma deliciosa e rápida nos teus menús.

Fontes

https://www.semana.com/vida-moderna/articulo/tomate-estas-son-sus-propiedades-para-proteger-la-vista-la-piel-y-mejorar-la-circulacion-sanguinea/202130/

http://www.delascosasdelcomer.com/2017/01/17/21009/#:~:text=El%20tomate%20posee%20licopeno%20y,tracto%20digestivo%20y%20el%20pulm%C3%B3n.

https://www.muyinteresante.es/salud/articulo/tomate-contra-el-cancer-761495023090

https://mejorconsalud.as.com/10-alimentos-efecto-diuretico/

https://www.fen.org.es/MercadoAlimentosFEN/pdfs/tomate.pdf

Gustouche este artigo? Pois ofrecémosche moito máis! Subscríbete ao noso boletín e recibirás un libro dixital gratuíto!