Tipos de tomates: as variedades máis consumidas

 

No mundo hai centos de tipos de tomates. E non é unha esaxeración. A adaptación a cada zona e a mestura de sementes deu lugar a variedades de tomates moi diferentes entre si pero que reúnen as mesmas características de sabor excepcional e propiedades beneficiosas para o ser humano. O tomate provén de América. Pero, é unha froita ou é unha verdura? 

Desde o punto de vista botánico, considérase unha froita xa que contén as sementes da planta da que xorde. Pero o certo é que na vida diaria considérase como unha hortaliza e no supermercado e froitaría o normal é atopalo xunta a estas e non coas mazás ou peras. Sabes por que? Esta dúbida na súa clasificación produciuse en Estados Unidos a finais do século XIX con motivo duns impostos. Alá polo ano 1887 impúxose un arancel ás hortalizas importadas que os produtores de tomate non asumiron, argumentando que era unha froita. Pero os mandamaís dixeron que se usaba coa comida e non coa sobremesa así que debía considerarse hortaliza e pagar. E así o debate estendeuse ata os nosos días.

Variedades de tomates

Segundo algúns expertos, podería haber varios centenares de tipos de tomates. As diferentes razas cultívanse en base a diferenzas como o clima da zona de plantación, o uso ao que se destinan ou a facilidade do cultivo. Aquí en España danse moitas variedades diferentes de tomates pero as máis comúns son:

Tomate cherry

É un dos máis fáciles de identificar. É pequeniño, sobre uns 2-3 centímetros, e lembra ás cereixas; de aí o seu nome. O seu sabor é doce e un pouco ácido e úsase tanto en ensaladas como en pratos; por exemplo, á pizza dálle un toque especial.

Tomate RAF

Doce e moi carnoso. É bastante resistente pola súa textura máis dura. Coñéceselle como o tomate pata negra e é moi usado en cru polo seu espectacular sabor.

Tomate Pera

Aínda que o seu nome fai referencia á froita, este tipo de tomate é alongado e cos lados máis aplanados. É unha subespecie moi carnosa, de pel lisa e poucas sementes. Ideal para conservas.

Corazón de boi

Tamén coñecido como corazón de touro. É un do favoritos polos amantes das ensaladas. É de tamaño grande e pel fina pero o mellor está no seu interior: zumarento e saboroso por todas partes.

Kumato

Este tipo de tomate é o resultado da mestura de distintas variedades. Distínguese pola súa cor entre vermella e verde escura, polo que tamén se lles denomina tomate negro. De sabor intenso.

Tomate redondo 

É a especie máis típica. Todos pensamos nel cando nos imaxinamos un tomate. Moi vermello e de pel brillante, é un dos cultivos máis estendidos en Europa. O seu tamaño pode variar moito e é dulzón.

O tomate de Pazo de Vilane

En Pazo de Vilane ademais de coidar galiñas, somos agricultores. Somos uns apaixonados da terra e por iso sacamos adiante varios produtos dos nosos hortos, entre eles, o tomate agridoce procedente de agricultura ecolóxica. As variedades que nós cultivamos son o tomate caramba, moi reconocible polo seu pescozo verde, e o tomate montecarlo, de froito redondo brillante. A marmelada de tomate de Pazo de Vilane está elaborada de forma artesanal cun 72% de froita, que foi recollida no punto xusto de maduración que lle proporciona o sol. Este produto, ademais de como marmelada pódese usar como salsa, aderezo ou para confeitar. É moi apropiada para acompañar queixos e carnes e achegar un toque ás ensaladas. Xa a probaches? Repetirás.