As oito propiedades do tomate que debes coñecer

 

Unha dieta equilibrada e sa vai acompañada de froitas, verduras e hortalizas. Xa vos contamos todos os nutrientes que teñen os ovos, por iso hoxe imos a falarvos doutro alimento que tamén cultivamos en Pazo de Vilane: o tomate. Coñece as súas propiedades e así non terás escusas para comer tomate e gozalo tamén nas nosas marmeladas caseiras e ecolóxicas de tomate. 

O tomate é un alimento rico en vitaminas e minerais, fácil de combinar en moitos pratos e un bo acompañante na cociña. Contén poucas calorías, un tomate de cen gramos proporciona 18 calorías, xa que a maior parte do seu peso corresponde a auga. O seu sabor agridoce é debido a unha pequena cantidade de azucres simples e ácidos orgánicos, que outorgan ese sabor tan apetitoso e dixestivo.

Non só lle dá un sabor característico aos nosos guisos e refréscanos no verán nun rico gazpacho ou ensalada, tamén achega moitos beneficios á nosa saúde:

1.Vitaminas antioxidantes. O tomate destaca polo seu contido en vitaminas antioxidantes e minerais, concretamente a C, E e A. 

2. O tomate protexe a vista, a vitamina A, axuda a protexer os nosos ollos de enfermidades dexenerativas ou cegueira nocturna. 

3. Mellora a circulación sanguínea. O tomate contén ferro, un mineral importante para o sangue, así como vitamina  K, que axuda á coagulación.

4. Ten licopeno, un  pigmento carotenoide con efectos antioxidantes que lle outorga a súa característica cor vermella. Atribúeselle un importante efecto anticanceríxeno especialmente de ril, estómago, páncreas e próstata. 

5. O seu alto contido en fibra coida o tránsito intestinal, evita a aparición de enfermidades que teñan que ver cos órganos gastrointestinais.

6. Diurético natural. O contido do potasio e os baixos niveis de sodio favorece e evita a retención de líquidos e a eliminación de toxinas. 

7. Coida a túa pel, as vitaminas antioxidantes axudan contra o envellecemento e é un gran aliado para o coidado non só do aspecto da nosa pel, senón tamén do noso pelo e dentes. 

8. En xeral, o consumo do tomate axúdanos a ter unha boa saúde. Fortalece o sistema inmune, prevén de enfermidades e contribúe ao bo estado dos ósos.

Como cociñalo?

Cru, frito, cocido ou ao vapor, o tomate pódese cociñar de moitas maneiras distintas, ademais de tomalo frío en sopas, ensaladas ou untado en torradas. Un alimento que é fácil de incluír na nosa dieta diaria. Se o comes triturado ou cociñado e o combinas con aceite, axudas á mellora de absorción do licopeno no noso organismo. Outra forma de manter todo o ano o tomate é facendo confeituras e marmeladas caseiras de tomate.

Á hora de escoller produtos como o tomate é preferible elixir variedades locais e exemplares de pel tersa e sen golpes. Os tomates perden o seu aroma rapidamente cando se refrixeran, polo que é mellor almacenalos a temperatura ambiente e que estean protexidos da luz. Se se compraron ou están verdes e queres acelerar a súa maduración, pódense introducir nunha bolsa de papel cunha mazá madura.

Marmelada ecolóxica de tomate agridoce Pazo de Vilane

A marmelada de tomate elabórase unicamente con tomate enteiro procedente das leiras de Pazo de Vilane, cultivado nun sistema de produción ecolóxica, utilizando e aproveitando o abono das galiñas criadas en liberdade e que contribúe a enriquecer a terra das plantacións de tomates e froitos do bosque.

A súa recolección no punto xusto de maduración permite ofrecer unha marmelada con 72 por cento de froita, mantendo así tódolos nutrientes e vitaminas do tomate. Consegue a túa marmelada nos nosos puntos de venda e inclúe en todas as túas comidas as propiedades do tomate.