Tipos de framboesas

A framboesa é a froita do arbusto do framboeseiro. Hai en moitas zonas nas que a planta crece de forma silvestre pero o certo é que o aumento do seu consumo fixo que cada vez se cultive máis. A froita está formada por pequenos grans aglomerados redondos que se agrupan e danlle a súa característica forma cónica. Segundo a Fundación Española da Nutrición (FEN) a framboesa achega tan só 32 calorías por 100 gramos e conta con numerosas propiedades e beneficios para a nosa saúde.

O mes pasado falámosche sobre as diferentes variedades de arandos que hai e as características de cada unha delas e agora que chega o momento da recollida das  frambuesas nas plantacións de Pazo de Vilane, imos descubrir os principais tipos de framboesas que existen. Acompáñanos!

Os principais tipos de framboesas

Se tomamos en base a súa cor podemos distinguir cinco tipos de framboesas diferentes: vermella, amarela, negra, alaranxada e branca. Todas elas comparten características de forma pero difiren en tamaño e nos matices do sabor. A framboesa, que tamén é coñecida como o amorodo do bosque, presenta diferentes variedades en función da época do ano na que maduran. Atopámonos así con framboesas reflorescentes ou remontantes, aquelas que frutifican dúas veces: outono e verán, e non reflorescentes ou non remontantes, que só o fan no verán.

Imos repasar algúns das especies de framboeseiros máis comúns no mercado e dos máis cultivados: 

  • Rubus idaeus (framboeseiro vermello). É a máis común. A súa orixe era silvestre e de aquí saen as framboesas vermellas máis recoñecidas. Considérase unha planta moi resistente.
  • Rubus strigosus (framboeseiro silvestre). Provén de América do Norte, polo que o froito coñécese como framboesa americana vermella ou framboesa vermella silvestre. Moi saboroso. 
  • Rubus occidentalis (framboeseiro negro). Considérase que a framboesa negra é a que máis propiedades ten grazas a un estudo da Universidade de Cracovia Denomínana  superfruta.
  • Rubus neglectus (framboeseiro púrpura). Caracterízase por dar un froito dun ton máis claro e máis grande que o anterior pero co que comparte sabor.

Duración e conservación das  frambuesas

As framboesas son unha das froitas máis perecedoiras. Ás poucas horas da súa recolección poden aparecer mofos que dificulten a súa conservación se non actuamos con rapidez. 

Para lavar as  framboesas, basta con encher un cunco de auga e vinagre en proporción 1:3, é dicir, un vaso de vinagre e tres de auga. Removemos as  frambuesas con coidado e pasámolas a outro cunco que unicamente teña auga para quitar o resaibo a vinagre. Ao finalizar o aclarado, poñémolas sobre papel de cociña e trataremos de secalas o máis posible.

Unha vez finalizado o proceso, as framboesas poderán aguantar na neveira de dúas a tres días e no conxelador varios meses.

Usos das framboesas

As  framboesas poden consumirse de diferentes formas:

  • Framboesas frescas. As  framboesas están deliciosas. Poden comerse soas, con iogur e mesmo con nata.
  • Batido de  framboesas. Poucas cousas refrescan máis no verán que un zume ou un batido de  frambuesas.
  • Marmeladas e  compotas de  framboesa. As marmeladas de froitas brandas con máis consumo por detrás dos amorodos son as de  frambuesa.
  • Pastelería. Tortas, roscas, pasteis e doces. Calquera produto de pastelería pode incluír framboesas frescas ou confeitura de framboesas para potenciar o seu sabor e mellorar a súa decoración.

A marmelada de framboesa de Pazo de Vilane

Como xa che contamos, en Pazo de Vilane ademais de coidar galiñas tamén somos agricultores. Ademais de ter o noso propio horto, contamos con plantacións de arandos, tomate agridoce e framboesas para a elaboración das nosas marmeladas artesanais. A marmelada de framboesas elaborámola só con framboesas enteiras que recollemos agora no mes de agosto no punto xusto de maduración que lle proporciona o sol. 
Unha vez que foron colleitadas, seguimos un proceso de elaboración de forma tradicional, como se fixo sempre, conservando a esencia dos froitos e todo o sabor. A nosa marmelada de framboesa contén un 70% de froita e a súa textura faina perfecta para tomar con torradas, queixos, patés ou iogures. Unha vez que a probas, quererás repetir! A que esperas para facerte coa túa?