A primavera en Pazo de Vilane

Despois de meses onde o frío e a choiva eran os protagonistas do noso día a día, chegou por fin a primavera e en Pazo de Vilane gozámola máis que nunca. As temperaturas soben, as árbores e as flores comezan a florecer, os paxaros asolagan os silencios cos seus cantos e ata algún gardou xa todos os seus abrigos. 

Comezamos a ver paisaxes preciosas que botabamos de menos. As abellas traballan sen descanso e as cores vivas volven ser os protagonistas das nosas leiras. Os xardíns énchense de flores e esa calor e bo tempo transfórmase en forza e vitalidade para seguir traballando. É posible que sexa das nosas estacións favoritas? A primavera en Pazo de  Vilane é digna de postal. 

Galiñas en liberdade

O sol da primavera ofrece luz e calor, a terra renace con forza preparada para as novas plantacións, como os arandos e as framboesas . As longas noites son substituídas por máis horas de luz e iso ás nosas galiñas en liberdade encántalles. Queren aproveitar cada hora de sol e as temperaturas suaves. 

As nosas tímidas galiñas pastan nos nosos prados todo o ano, pero a primavera é sen dúbida a estación que máis gozan. Nesta época do ano os pastos son máis tenros e frescos. A herba verde achega máis caroteno aos ovos. Sabedes que significa? Que algúns dos nosos ovos terán unhas cores máis intensas e morenas. Ademais, é a mellor época de posta, as galiñas son máis produtivas cando hai máis horas de luz e bo tempo. 

Os que coidamos galiñas sabemos da importancia que son estas horas de recreo, onde xogan, corren e descansan á sombra das nosas árbores. O sol, o aire e o marabilloso pasto verde favorecen a súa crianza. O resultado? Uns ovos campeiros de máxima calidade e aroma intenso…Fáisenos a boca auga. 

1 idea, 1 árbore

O inicio da primavera tamén significa que hai unha nova edición de 1 idea, 1 árbore, a sétima nin máis nin menos! Con esta iniciativa buscamos fomentar as 3  R: reducir, reutilizar e reciclar, ademais de axudar a coidar o noso planeta.

Se vos parece pouco, non só queremos fomentar a reciclaxe, con esta campaña comprometémonos a plantar unha árbore dunha especie autóctona por cada idea recibida, co obxectivo de reforestar a comarca da Ulloa. Os bosques autóctonos axudan a conservar a biodiversidade e tamén serven de sombra para as nosas galiñas que se acubillan e protéxense das aves rapaces que en ocasións axéxanas.


Cada ano confirmamos que a creatividade non ten límites. Por exemplo, algunhas das ideas que recibimos hai pouco foron sementeiros, moi acorde coa primavera. Encántanos ver que a nosa caixa de ovos campeiros tamén serve para crear vida como flores ou froitos. Con elas podes facer o teu propio horto urbano. Non fai falta ter un xardín ou leira para cultivar as túas propias plantas!

Na mesma liña coa primavera, chegounos outra fantástica idea: un mini invernadoiro no que as cascas de ovos se converten nos sementeiros. Non só serven para que xermine a nosa planta, senón que ademais podemos plantar o ovo directamente no noso xardín ou en macetas máis grandes cando a nosa planta haxa  germinado, xa que a casca de ovo é biodegradable. Para crear o teu propio sementeiro só tes que coller a parte máis ancha do ovo como base e un buraco pequeno para a drenaxe. Engades terra e sementes, e a cultivar! 

Pazo de Vilane florece

É unha época de luz, alegría, gratitude e coidado da terra, o noso fogar. Seguiremos traballando duro para seguir florecendo, non só na primavera. Gozando de cada paso e manténdonos fortes diante das adversidades. 


Cada comezo dunha estación é un momento de valoración, de comezos e melloras. Como a luz do Lorenzo mantémonos brillantes e esperamos que dalgunha forma podamos contaxiar ese optimismo.