Consegue o noso Libro de Receitas 25 Aniversario

Hazte con un estupendo libro de recetas de nuestro 25 Aniversario en digital y gana un ejemplar en papel. Aquí te contamos cómo conseguirlo

libro de recetas 25 aniversario Pazo de Vilane

Faite cun estupendo libro de receitas polo noso 25 Aniversario en dixital e gaña un exemplar en papel. Aquí contámosche cómo conseguilo.

En 2021 cúmprese o 25 Aniversario da creación de Pazo de Vilane, a primeira granxa de ovos camperos de España, por iso este ano viñémolo celebrando con todos vós, os nosos queridos seguidores ou “pazolovers”.

Tras a celebración d noso concurso de receitas, chega o recompilación en forma de libro de todos estes pratos tan ricos que nos presentastes.

Sen dúbida, son 25 receitas para celebrar- elaboradas con ovos camperos, claro está que podrás levar á túa mesa sempre que a ocasión o requira; un aniversario, un aniversario de parella, un nadal ou un romántico día de San Valentín. Cos 8 primeiros, 9 segundos e 8 sobremesas espectaculares que propoñen os nosos “pazolovers tes o éxito asegurado.

Cómo conseguir o Libro de Receitas 25 Aniversario de Pazo de Vilane

O noso libro, no que incluimos as mellores 25 receitas do concurso 25 Aniversario, conta con edición en liña e papel.

  • Se xa estás subscrito ao noso boletín de noticias ou “newsletter” dixital non tes que facer nada máis: recibirálo en breve, en versión en liña, no teu correo electrónico. Revisa o teu buzón de correo non desexado por se fose a parar alí.
  • Se todavía non estás subscrito, faino canto antes, e enviarémoscho inmediatamente.
  • Pero se eres dos que prefires a versión en papel, dentro das nosas caixas de ovos incluimos 100 cheques regalo. Se atopas un deles, ponte en contacto con nós e enviarémosche un exemplar do libro impreso á dirección postal que prefiras (Consulta as bases legais desta promoción AQUI).
Fíjate bien cuando abras una de nuestras cajas de huevos. Si encuentras este cheque podrás canjearlo por un Libro de Recetas 25 Aniversario en papel.
  • Tamén poderás conseguilo a través das nosas Redes Sociais (Facebook e Instagram) un dos 50 libros de receitas en papel que sorteamos. Permanece atento durante os próximos días para que non se che escapen..  

Subscríbete ao noso boletín
Mantente informado de todo o que acontece no Pazo de Vilane e goza das nosas actividades, sorteos, premios...
Información básica 1ª CAPA sobre Protección de Datos: Responsable: Pazo de Vilane | Finalidade: Contestar ás solicitudes de información do interesado, establecemento ou mantemento de Relacións Comerciais e posiblemente para o envío de publicidade. | Lexitimación: Consentimento do interesado e interese lexítimo no desenvolvemento da relación comercial | Destinatarios: Non se cede a información | Dereitos: Acceso, rectificación, supresión, limitación, oposición e portabilidade | Información adicional: Política de privacidade