Albúmina do ovo: pura proteína

¿Alguna vez has oído decir que nada puede compararse a las proteínas del huevo campero? Pues hoy te descubrimos una de ellas: la albúmina.

Claras de huevo ricas en albúmina

Algunha vez oíches dicir que nada pode compararse ás proteínas do ovo campeiro? Pois imos demostrarche punto por punto esa afirmación, centrándonos nas propiedades da albúmina (tamén coñecida como ovoalbúmina ou albumen), a principal proteína deste súper alimento.

A albúmina localízase na clara do ovo, e está considerada a proteína de maior valor biolóxico, xa que conta con todos os aminoácidos esenciais que o corpo non produce por si só e ademais na proporción necesaria. Por isto mesmo é moi beneficiosa para a saúde.

O bo, así mesmo, é que se atopa en abundancia, pois é a predominante na clara, cunha porcentaxe que pode oscilar entre o 60 e o 65% das súas proteínas totais.

O resto de proteínas do ovo –presentes nun 40%-35%- reciben o nome de conalbúmina, ovomucoide, lisozima, ovomucina, flavoproteínas e avidina.

Como actúa a albúmina no noso corpo

Clara y yema de huevo

Seguramente xa saberás que as proteínas son imprescindibles para o noso corpo, sobre todo para os músculos. E é que necesitamos proteínas a diario tanto para rexenerar e reparar as fibras musculares como para axudar a potenciar e gañar volume nos músculos.

Non en balde, estes encárganse de soportar o peso do corpo e evitar que o esqueleto se sobrecargue. Cando comes un ovo campeiro, o teu corpo asimílao fácil e rapidamente (o que se denomina boa dixestibilidade proteica) todo iso grazas á especial composición das súas proteínas e graxas saudables.

Por iso case todos estes nutrientes chegan deseguido ao torrente sanguíneo, distribuíndose polo organismo e alcanzando as fibras dos músculos, onde actúan como construtores e reparadores. Calquera persoa pode beneficiarse da albúmina do ovo, a principal proteína do ovo; aínda que se indica especialmente en nenos –cuxos músculos están en desenvolvemento- deportistas, e/ou persoas que levan dietas restritivas dalgún grupo de alimentos ( vexetarianas).

Cando sería o mellor momento para inxerir albúmina (ou o que é o mesmo, ovos campeiros)?

Os nutricionistas aseguran que o mellor momento é pola noite, despois do deporte e xusto antes de durmir. O motivo é que a albúmina ou ovoalbúmina é unha proteína de absorción lenta, por iso o ideal é deixala actuar durante o descanso.

Por se todo o anterior fose pouco, non podemos deixar de mencionar que a albúmina tamén xoga un importante papel nas membranas celulares, como receptoras de hormonas e doutros compostos que regulan a actividade das células e por tanto, a boa marcha do organismo.

Ovoalbúmina: rica en aminoácidos e transportista de nutrientes

Pero hai máis: a albúmina non só é unha excelente proteína, senón que tamén achega 9 aminoácidos esenciais que o organismo non pode producir nin sintetizar en por si. De aí a importancia que ten para a saúde o inxerir alimentos que os conteñan, como os ovos campeiros.

Ademais, a albúmina encárgase de transportar nutrientes no sangue, é dicir, minerais como o ferro, o fósforo e o potasio, e vitaminas do grupo B, fundamentais para a boa marcha do teu corpo. Por suposto, é baixa en calorías e non achega colesterol.

Doutra banda, tamén actúa como antioxidante e antiinflamatorio, mellora a circulación e fortalece o sistema inmunitario.

Aplicacións e usos da albúmina

Huevos camperos marrones

A albúmina ou proteína con maior presencia no ovo foi a primeira que se cristalizou nun laboratorio. Por iso, e ao descubrirse ademais a súa riqueza en aminoácidos esenciais, as industrias farmacéutica e alimentaria apresuráronse a comercializala como suplemento en forma de po, xel ou pastillas que se popularizaron entre os deportistas e persoas con debilidade muscular, por exemplo aquelas que pasaron por unha cirurxía ou enfermidade que requiriu moito tempo de repouso.

Con todo, sempre é preferible consumir a albúmina no seu estado natural (nun ovo campeiro) e non en forma de ovoproductos,pois non deixan de ser produtos alimenticios procesados.

O ovo campero completo (coa súa clara e a súa xema) é un dos denominados superalimentos polo seu extraordinario valor nutricional. Sería unha pena perder moi boa parte da súa valía sen motivo algún, non crees? Ademais, é deses alimentos que podes comer a diario e en múltiples preparacións, todas elas deliciosas. Hai moitas maneiras de cociñar un ovo!  

Pero a albúmina ten aínda máis aplicacións. Unha delas (en casos especiais) sería como tratamento fronte á intoxicación por metais pesados, un problema que pode causar graves danos na saúde. Actúa captando os ións dos metais, grazas ás unións sulfhídricas da súa proteína, e así mesmo impide a absorción de metais no intestino, evitando o envelenamento.

Tamén hai quen aplica clara de ovo directamente en queimaduras, porque a albúmina é un excelente rexenerador da pel. Lembras as máscaras de ovo que as avoas se aplicaban en mans e cara? É evidente que eran moi sabias e xa coñecían este beneficio.

Como podes comprobar, o ovo campeiro, ese grandísimo alimento que nos regala a natureza, non deixa de sorprendernos. Ás utilidades e beneficios da xema únense as da albúmina presente na clara, unha proteína extraordinaria que non debe faltar nas nosas vidas.

Fontes

https://huevosanjuanfit.com/blogs/noticias/proteina-de-albumina-de-huevo

https://es.wikipedia.org/wiki/Ovoalb%C3%BAmina

https://medlineplus.gov/spanish/pruebas-de-laboratorio/prueba-de-sangre-de-metales-pesados/#:~:text=Se%20pueden%20respirar%2C%20comer%20o,el%20pensamiento%20y%20la%20memoria.

https://www.tuasaude.com/es/albumina/

https://inta.gob.ar/sites/default/files/script-tmp-huevo_es_vida.pdf

¿Te ha gustado este artículo?¡Pues te ofrecemos mucho más!¡Suscríbete a nuestro boletín y recibirás gratis un libro digital!

Subscríbete ao noso boletín
Mantente informado de todo o que acontece no Pazo de Vilane e goza das nosas actividades, sorteos, premios...
Información básica 1ª CAPA sobre Protección de Datos: Responsable: Pazo de Vilane | Finalidade: Contestar ás solicitudes de información do interesado, establecemento ou mantemento de Relacións Comerciais e posiblemente para o envío de publicidade. | Lexitimación: Consentimento do interesado e interese lexítimo no desenvolvemento da relación comercial | Destinatarios: Non se cede a información | Dereitos: Acceso, rectificación, supresión, limitación, oposición e portabilidade | Información adicional: Política de privacidade