¿Buscas un segundo prato de sabor agridoce e orixinal? O noso magré de pato con salsa de framboesas, feito con froita fresca e marmelada de Pazo de Vilane, vaite encantar.
A sabrosa carne de pato, cociñada na súa propia graxa e a lixeira acidez da salsa de framboesas maridan á perfección neste prato.
Ademáis, esta receita de magré de pato con salsa de framboesas no só é sinxela, senón que te levará pouquísimo tempo. Podes acompañala dunhas patacas asadas en rodallas, ou ben duns boletus salteados.
Carne de pato e marmelada de framboesa, una parella moi beneficiosa
- A carne de pato é sabrosísima e aporta numerosos nutrientes moi interesantes para o coidado da nosa saúde: vitaminas B (e vitaminas B12 e B5, riboflavina, tiamina, niacina) e minerais como o zinc, o fósforo e ferro de fácil absorción.
- A marmelada de framboesa Pazo de vilane proporciónate sobre todo vitamina C e minerais como o manganeso, ferro, magnesio, fósforo, calcio e potasio.
- ¿Sabías que a vitamina C é imprescindible para a boa absorción do ferro? Como podes comprobar, este prato é un excelente aliado das persoas que padecen anemia ou deben vixiar os seus niveis de minerais, porque a súa composición favorece a boa absorción dos nutrientes polo organismo.
Ingredientes
- 1 peituga de pato
- 75 g de framboesas
- 1/2 taza grande de viño tinto
- 2 culleradas de marmelada de framboesa de Pazo de Vilane
- 1 culleradiña de maicena
- ½ taza de auga fría
- Sal
- Pimenta molida
Elaboración
- Lava a peituga, sécaa con papel absorbente e salpimenta lixeiramente.
- Quenta nunha tixola antiadherente ao lume, sen graxa e ponna a lume medio.
- Asa a peituga, poñéndoa pola parte da pel para que vaia soltando a graxa.
- Vixía o lume e se é necesario, báixao un pouco. A pel debe tostarse, e a carne facerse por dentro
- Deixa a peituga, tapada na tixola coa súa tapadeira, uns 5-9 minutos por un lado (según te guste de feita a carne) e outros 2-3 minutos.
- Sácaa e córtaa co coitelo afilado. Se che gusta más feita, volve a asala uns minutos.
- Unha vez feita, mantena tapada para mantela quente.
- Prepara a salsa: quita a graxa de pato da tixola (podes deixar un pouquiño se te gusta o sabor) e engade a marmelada, o viño e a maicena disolta en media cunca de auga.
- Coce a lume medio-baixo, removendo, ata que vaia espesando lixeiramente.
- Engade as framboesas á salsa e segue removendo uns minutos, procurando non rompelas.
- Á hora de empratar, corta a peituga en filetes moi finos e rega coa salsa no momento en que o leves á mesa.