Escalope con ovo poché

Unha receita sinxela pero deliciosa ideal para calquera situación. Esta escalopa de tenreira con ovo escalfado fará as delicias dos máis gourmets. Próbao.

30 minutos 4 comensales

Ás veces, as receitas máis sinxelas son as máis ricas. E é que non é necesario pasarse a mañá na cociña para levar á mesa un prato de primeira. Comprobaralo en canto deas o primeiro bocado a este riquísimo e delicioso escalope con ovo poché.

Só terás que elexir a mellor tenreira e por suposto, os máis frescos ovos camperos, de galiñas en liberdade que corretean polo campo e pastan herba verde todo o ano.

Rompe a xema sobre o escalope e abre ben os teus sentidos para gozar do espectáculo: a vista para apreciar esa xema ben laranxa deslizándose por todo o prato; o olfato para gozar cos distintos aromas elevándose; e o gusto…¡Para comelo mellor¡

Escalope con huevo poché

3 formas sinxelas e fáciles de cociñar un ovo poché ou ovo escalfado

  1. Casca o ovo nun cunco pequeno forrado antes con papel filme de cociña. Cerra co plástico que sobra facendo un nó, ata formar un bolsilliño. Introdúceo en auga quente (non fervendo) para que o ovo calle ao teu gusto.
  2. Opción para cocinillas: Pon auga e vinagre a quentar, pero non deixes que ferva. Casca o ovo nun cunco. Colle un cullerón coa man e dá voltas á auga rítmicamente. Coa outra, deposita coidadosamente o ovo no remuiño. Mantén a inercia ata que estea callado.
  3. No microondas. Rechea unha taza (tipo mug) de auga, ata un pouco menos da metade. Introduce o ovo coidadosamente (debe quedar cuberto pola auga) e tápao cun pratiño ou tapa. Quenta a baixa potencia durante uns segundos (depende do teu microondas). Sácao e comproba se a clara se fixo; no caso contrario, repite a operación uns instantes e sácao cando o ovo campero estea callado ao teu gusto.
 

Ingredientes

  • 5 ovos camperos Pazo de Vilane
  • 4 filetes de tenreira (tapilla o babilla)
  • Pan relado (si é caseiro, mellor)
  • Queixo relado (opcional)
  • Aceite de oliva
  • Pimienta
  • Sal

Elaboración

  1. Bate un ovo cunha pizca de sal.
  2. Baña os filetes (previamente salados segundo o teu gusto) e pásaos por pan relado (por ambas caras). Aplasta para compactar o empanado.
  3. Se che gusta darlle un toque especial aos escalopes, mestura o pan relado con abundante queixo relado parmesano (nese caso, modera o sal dos filetes)
  4. Quenta o aceite na tixola e fríe os escalopes a lume medio, con coidado de que non se te queimen.
  5. Mentres tanto, prepara os ovos poché ou ovos escalfados co método que prefiras.
  6. Coloca un escalope en cada prato e un ovo poché coronándoos. Salpimenta o ovo e serve de seguido moi quente.
Subscríbete ao noso boletín
Mantente informado de todo o que acontece no Pazo de Vilane e goza das nosas actividades, sorteos, premios...
Información básica 1ª CAPA sobre Protección de Datos: Responsable: Pazo de Vilane | Finalidade: Contestar ás solicitudes de información do interesado, establecemento ou mantemento de Relacións Comerciais e posiblemente para o envío de publicidade. | Lexitimación: Consentimento do interesado e interese lexítimo no desenvolvemento da relación comercial | Destinatarios: Non se cede a información | Dereitos: Acceso, rectificación, supresión, limitación, oposición e portabilidade | Información adicional: Política de privacidade