Marmelada artesanal de framboesas
Para crear a marmelada de framboesa de Pazo de Vilane só empregamos froita enteira que recollemos directamente das nosas leiras, un pouco de azucre e agar. O segredo para obter o seu sabor único está en colleitar o froito no seu punto xusto de maduración natural. O clima galego, húmido e suave, favorece que nosas framboesas sexan zumarentas, aromáticas, grosas e cheas de pulpa. Cando a súa cor é máis viva sabemos que están listas para ser recollidas. A marmelada artesanal de frambuesa combina perfectamente con torradas, queixos, patés, foies e iogur.