fbpx

A lenda do río Furelos

Galicia é unha das comunidades que máis tradición lendaria ten. Nas súas costas, rúas e principais monumentos aparecen mitos e lendas que a día de hoxe aínda perduran

ponte rio furelos

Aquí, en Antas de Ulla, son moi populares o mito do Castro Amarante, do que xa vos falamos no noso blog e, tamén, a lenda sobre a Ponte de San Xoán do río Furelos, situada na parroquia de Furelos, en Melide, a 25 minutos de Vilane.

Trátase dunha ponte medieval de catro arcos construída no século XII sobre o curso do río Furelos, moi coñecido hoxe en día posto que sobre el discorre o itinerario do Camiño Francés a Santiago. A esta ponte medieval, documentada tanto na Tombo de Sobrado como no Códice Calixtino, tamén se lle chama inapropiadamente ponte romana ou románica. A pesares de que se trata dunha ponte de inequívoca fábrica medieval, barallouse que fora construída en tempos de romanos, aínda que no imaxinario popular tamén o asocia aos mouros.

Así, conta a lenda que os veciños querían facer unha ponte pero os seus medios no eran suficientes para tal obra. Por iso decidiron acudir a un mouro que se ofreceu a facelo a cambio de ouro. Este construíno pero deixou unha pedra mal colocada para que a ponte, ao pasar un tempo, sufrira desperfectos e os veciños se viran obrigados a recorrer de novo a él, e outra vez a cambio de ouro. Non foi un, senón varios os enganos daquel mouro. Ao enterarse, os veciños quentaron unha pedra antes de que este viñera a recolocala, e así queimou a man deixando a pedra coa súa marca.

A ponte, a presa, o Camiño e a aldea de San Xoán forman un conxunto de incalculable valor patrimonial, cultural e etnográfico que debería ser conservado. Unha parada obrigatoria se algún día vos animades a visitar a contorna de Pazo de Vilane.

< Volver

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies