Día das Letras Galegas

O Día das Letras Galegas ou Xornada da Literatura Galega é unha celebración instituida no 1963 pola Real Academia Galega (RAG) coa fin de homenaxear a escritores que destacaron pola súa creación literaria en galego ou pola súa defensa da lingua. Cada ano dedícase esta data a unha personalidade diferente escollida polos membros da institución; o único requisito esixido é que transcurriran polo menos dez anos dende o seu falecemento.

O evento, que é festividade oficial en Galicia, celébrase o 17 de maio porque coincide coa data de publicación en 1863 de “Cantares Galegos” de Rosalía de Castro, que marcou o inicio do chamado “Rexurdimento” ou Renacimento cultural galego.

Esta autora galega, coñecida universalmente, foi a primeira homenaxeada no Día das Letras Galegas. E é que nos Cantares de Rosalía exprésase con mestría a consolidación da mensaxe universalista galega a través da palabra e da poesía.

Cada ano, as distintas homenaxes ao escritor ou escritora elexidos exténdense por toda Galicia a través de decenas de iniciativas: exposicións itinerantes, edicións conmemorativas, accións sociais ou educativas en colexios, institutos e universidades ou centros galegos do mundo que axudan a difundir a obra e a achegarse e facer extensiva a vida e obra dos artistas destacados.

A personalidade elexida non só debe contar cunha obra relevante en galego, tamén debe ser unha persoa de calidade humana e cultural tal que mereza ser proposta como exemplo para a sociedade galega.

Desde 1991, o Día das Letras Galegas é festa oficial en toda Galicia, o que da idea da importancia que este recoñocemento ten para os galegos. Trátase, polo tanto, da maior conmemoración da cultura propia e dos seus máximos expoñentes.

En Pazo de Vilane vivimos este día con moito cariño. Xa que un dos piares nos que está baseada a nosa RSC é o fomento do patrimonio e cultura galegas, polo que a celebración desta xornada (e todo o que implica de fomento e estímulo cultural) está en total sintonía cos nosos obxetivos sociais.

Día das Letras Galegas 2021: Xela Arias

Neste ano 2021, o Día das Letras Galegas está adicado a escritora Xela Arias (Sarria, Lugo, 1962-Vigo, Pontevedra 2003) que tamén foi profesora, editora e tradutora de clásicos.

Ata os 7 anos estudiou na Granxa de Barreiros, un proxecto pedagóxico de orientación agraria e de integración da cultura tradicional galega con ciclos da natureza. Anos máis tarde, a súa familia trasladouse a Vigo e ingresou no Instituto Público Castelao.

Deixou os estudos en COU para traballar en Edicións Xerais en 1979 como corretora de estilo e editora. En 1991 retomou os estudos universitarios de Filoloxía Hispánica coa especialidade en galego-portugués. Entre 1999 y 2003 exerceu como docente de ensinanza secundaria en distintos municipios galegos. Morreu con 41 anos en Vigo, debido a un ataque cardíaco.

Xela formou parte dun grupo de autores novos que na década dos 80 renovaron a lírica galega tanto en temas como en estilo e forma. Escribía unha poesía “singular, transgresora, sincera e comprometida” según a RAG.

Xela Arias publicou os seus primeiros versos a principios dos 80 e en 1986 foi finalista do Premio Losada Diéguez con “Denuncia do equilibrio”, o seu primeiro libro de poesías. En “Tigres como cabalos” explorou a relación entre a lírica e a imaxen a través de fotografías de espidos, entre eles, o seu propio. “Darío a diario” dedicado ao seu fillo, foi o seu tercer poemario. No seu derradeiro libro “Intempériome” (2003), convertiu a desobediencia e a transgresión en poesía, como indica a RAG.

Derradeiros homenaxeados do Día de las Letras Galegas:

2020 Ricardo Carvalho Calero

Membro numerario da Real Academia Galega, foi o primeiro catedrático de Lingüística e Literatura Galega da Universidade de Santiago. Está considerado o gran pensador do reintegracionismo. En 1987 obtuvo o Premio da Crítica de narrativa galega pola súa obra Scórpio.

2019 Antón Fraguas

Escritor, historiador, antropólogo e etnógrafo español de ideoloxía galeguista. Impulsou a transformación do Seminario de Estudos Galegos no Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos, no que foi bibliotecario, secretario e director da sección de Etnografía e Folclore, publicando as súas investigacións na revista editada polo Instituto, Cadernos de Estudos Galegos.

2018 María Victoria Moreno Márquez

Extremeña de nacemento, chegou a Galicia con 22 anos para traballar como profesora. Destacou no campo da literatura infantil e xuvenil. Sobre Galicia e o seu idioma decía: “Mi relación con Galicia y mi opción por su lengua es simplemente una historia de amor”. O seu primeiro libro en galego é Mar adiante (Mar adelante, Edicións do Castro, 1973).

Anagnórise (Galaxia, 1989) está considerado un dos maiores éxitos da literatura xuvenil en galego. Pero en Pazo de Vilane encántanos O Cataventos, a historia dun presumido galo que asedia a galiñas e paxariños e por iso non poden vivir en liberdade na súa aldea. A envidia e a ambición lévano á máis absoluta soidade.

2017 Carlos Casares

Unha das súas obras máis relevantes é A galiña azul, publicada en 1968 como unha das primeiras obras editadas en galego para o público infantil. O autor posiciónase contra a intolerancia e a inxusticia, a través de personaxes como Leoncio, que inventa cañóns que disparan caramelos ou bombas de felicidade, ou a misteriosa galiña azul, que ten cinco plumas vermellas nun ala e pon ovos de cores. En Pazo de Vilane aínda non encontramos unha galiña tan peculiar. Pero seguiremos buscando!

23 de abril: Día do Libro

Encántanos a primavera porque é a estación do ano que reúne en Galicia as dúas citas literarias máis importantes do ano.

O Día do Libro, 23 abril, precede no tempo ao Día das Letras Galegas. Trátase dunha celebración internacional promovida pola UNESCO desde 1988 ademais de data conmemorativa da morte de Cervantes e Shakespeare (ambos en 1616).

En moitos lugares de España, o Día do Libro é festividade, por ser San Xurxo. A loita contra o temido dragón está presente en moitos festexos a través de desfiles e pasarúas; tamén na gastronomía co riquísimo pastel de San Xurxo, certamente feito con ovos campeiros, ou a moi romántica e coñecida costume de regalar á persoa amada unha rosa e un libro.

Por iso, en moitas tardes de choiva primaveral, encántanos abrir un libro dos moitos e bos escritores galegos e gozar vivindo vidas que outros viviron mentres pasamos relaxadamente as súas páxinas.

Queres algunha recomendación? Aquí van algúns autores galegos universais e as súas obras máis recoñecidas.

Concepción Arenal, “La mujer del porvenir”

Rosalía de Castro, “Cantares Galegos”

Ramón María Valle-Inclán, “Luces de Bohemia”, “Los cruzados de la causa”, “El resplandor de la hoguera” e “Gerifaltes de antaño”

Emilia Pardo Bazán, “Los Pazos de Ulloa” e “La Madre Naturaleza” (ambientados na nosa comarca, A Ulloa).

Wenceslao Fernández Flórez, “El Bosque Animado” (algúns críticos considérano o antecesor do realismo máxico de García Márquez).

Camilo José Cela, premio Nobel en 1989, “La Colmena”, “La Familia de Pascual Duarte”

Gonzalo Torrente Ballester, Premio Cervantes e Premio Príncipe de Asturias. A triloxía “Los Gozos y las Sombras” e “La saga/fuga de J. B” ou “Crónica del Rey Pasmado”

Álvaro Cunqueiro, “Un hombre que se parecía a Orestes”

Non deixes pasar outro Día do Libro máis sen empezar unha boa historia!