Zoonosis: que son, tipos e como previlas

Te contamos qué son las zoonosis, los distintos tipos que existen y qué podemos hacer para prevenirlas. ¡Infórmate!

pato na beira dun lago

Polo seu impacto na saúde é necesario estar informados sobre as zoonosis e os seus posibles efectos adversos. Contámosche que son as zoonosis, os distintos tipos que existen e que podemos facer para previlas. Infórmate!

Que é unha zoonosis?

As zoonosis son enfermidades de animais vertebrados que se transmiten aos seres humanos por distintas vías: ben por contaxio directo, isto é, por contacto co animal enfermo, ben a través de fluídos corporais, como os ouriños, a saliva ou o sangue, ben mediante algún invertebrado intermediario (o que se denomina contaxio por vectores) como moscas, mosquitos, carrachas ou outros insectos.

Existe outra vía de contaxio entre animais e homes, que non é outra que a inxesta de alimentos infectados con zoonosis. A este último tipo denomínase zoonosis alimentaria.

Tipos de zoonosis

Actualmente danse en todo o mundo unhas 200 zoonosis ou enfermidades zoonóticas.

As zoonosis alimentarias forman un grupo bastante extenso, pero hai moitas outras que a continuación che detallamos.

Aa carne ben elaborada (de animais baixo control veterinario) non debe supoñer un problema para la saúde.

Zoonosis alimentarias 

Como o seu nome indica, as zoonosis alimentarias colonizan o noso organismo cando inxerimos alimentos infectados. As máis frecuentes son:

Listeriosis

Causada pola bacteria Listeria Monocytogenes, que se atopa na terra e na auga. A listeriosis é unha enfermidade seria, sobre todo en mulleres embarazadas, nenos, anciáns e persoas enfermas coas defensas baixas.

Adóitase localizar nalgúns alimentos crus e en lácteos elaborados con leite non pasteurizado. Por tanto, para previla é necesario evitar este tipo de alimentos.

Campylobacter

É a máis frecuente, pero tamén una das máis leves, pois a maioría das persoas adoitan superala sen grandes complicacións.

Xeralmente localízase na carne de aves crúas ou que non estean ben cociñadas, pero tamén pode estar presente en auga contaminada ou en leite sen tratar.

Así mesmo, pódese contraer Campylobacter ao retirar os excrementos de animais sen a debida hixiene.

É perigoso consumir leite non pasteurizado ou produtos lácteos.

Triquinosis

Esta enfermidade aparece cando se consome carne crúa contaminada con larvas ou vermes inmaduros do parasito Trichinella Spiralis. Pode aloxarse en carnes moi comúns, como a de porco ou a de cabalo, pero tamén noutros animais, como o oso, a morsa, o raposo, a rata ou o león.

Con todo, é raro que este parasito estea presente se os animais contan cun bo control veterinario.

Salmonelosis

A salmonela, bacteria causante da salmonelosis, pertence á familia enterobacteriaceae, e é moi común.

De feito, aínda que o seu hábitat idóneo de cultivo atópase nos animais ou nos ovos, pódese localizar salmonela en case todos os substratos, dado que sobrevive en calquera ambiente.

Aínda que na UE a salmonelosis é a zoonosis alimentaria máis común en canto a número de brotes, por fortuna os Programas públicos de Prevención e as medidas hixiénico-sanitarias implementadas polos produtores baixo o control das autoridades sanitarias fixeron descender radicalmente o número de casos nos últimos anos.

Por certo, a salmonela pode estar presente en calquera alimento fresco, así como en froitas e verduras sen lavar.

Nos últimos anos tamén se produciron brotes en alimentos tan dispares como os cogombros, os pistachos, o atún, os germinados ou en chocolates. Deixámoschenosa guía para evitar a contaminación por salmonella nestes alimentos.

En granxas avícolas cunha hixiene extrema e un cumprimento estrito das normas sanitarias é difícil que se dean brotes de salmonelosis.

Anisakis

É outra das zoonosis alimentarias máis coñecidas, pola súa alta incidencia nos últimos anos; dá lugar a molestias dixestivas e a reaccións alérxicas que poden ser graves.

Con todo, é fácil de evitar, pois está causada por un parasito, o Anisakis, que só se atopa en certos peixes e cefalópodos (lura, sepia, polbo…) crus ou en preparacións como marinados, carpaccios, etc.

Por tanto, se coces, frites ou fas á prancha os peixes -a máis de 60º durante 1 minuto- o risco desaparece. Se prefires aderezalos en cru, deberás conxelalos polo menos 5 días a unha temperatura de -20º, ou inferior.

Zoonosis non alimentarias: por contacto ou a través de vectores

Existen, ademais das anteriores, dous tipos máis de zoonosis: as zoonosis por contacto cun animal e as zoonosis a través de vectores, xeralmente insectos.

Os animais de compañía non supoñen un perigo para os humanos se teñen un control veterinario adecuado.

Zoonosis por contacto

Neste tipo de patoloxías o contaxio vén a través do contacto estreito cun animal enfermo.

Por exemplo, no caso da rabia, é habitual que se transmita aos humanos a partir das mordeduras dun can infectado por este virus.

A saliva contaminada entra no caudal sanguíneo, a través do cal se expande polo organismo chegando ao cerebro, onde causa unha grave inflamación.

Tamén é relativamente frecuente a hidatidosis, unha patoloxía producida polo parasito Echinococcus granulosus e que os cans transmiten a través das súas feces.

As aves (especialmente os papagaios, as pombas ou os pavos) poden causar Psitacosis, mediante unha bacteria, a Chlamydia Psittaci, que as persoas poden inhalar a través do po do material fecal seco das súas gaiolas.

Zoonosis por vectores

Son aquelas zoonosis transmitidas por insectos, como os mosquitos e flebótomos, a través da súa picadura. As máis habituais son a leishmaniosis (que padecen frecuentemente os cans) ou o virus do Nilo Occidental, unha enfermidade que xurdiu por primeira vez en EEUU en 1999.

Os síntomas desta última adoitan ser febre, dores de cabeza e de corpo ou ganglios linfáticos inflamados, pero se o virus chega ao cerebro pode causar encefalitis e/ou meninxite.

Tamén as carrachas transmiten enfermidades perigosas aos homes, como a Enfermedad de Lyme, a Tularemia ou a febre hemorrágica Crimea-Congo.

En realidade, as carrachas só en ocasións portan as bacterias que causan esas enfermidades; é dicir, non necesariamente quedarás infectado se che pica unha.

En calquera caso, se sospeitas que che picou un destes molestos bichitos, busca ben nas axilas, ínguas ou coiro cabeludo, xa que se aloxan nos lugares máis quentes e escondidos do corpo.

Como verás, as zoonosis son máis comúns do que pensamos, aínda que na maioría dos casos teñen bo tratamento.

O máis importante para combatelas é adoptar na casa unha hixiene extrema en mans, utensilios e superficies de cociña e elixir alimentos ben producidos, que che garantan todos os controis sanitarios.

En Pazo de Vilane seguimos exhaustivamente o Programa Nacional de Control de Galiñas Poñedeiras do Ministerio de Agricultura e ademais mellorámolo voluntariamente con medidas adicionais. Ademais, contamos coa máis rigorosa e esixente Certificación de Seguridade Alimentaria, a IFS.

En definitiva, para evitar zoonosis (particularmente as zoonosis alimentarias) aconsellámosche que nunca elixas alimentos dos que descoñezas a súa procedencia e métodos de produción.

FONTES:

https://www.comunidad.madrid/servicios/salud/zoonosis-alimentarias#:~:text=Las%20zoonosis%20son%20enfermedades%20que,el%20ser%20humano%20puede%20padecer.

https://medlineplus.gov/spanish/ency/article/002856.htm

https://medlineplus.gov/spanish/westnilevirus.html

¿Te ha gustado este artículo? ¡Pues te ofrecemos mucho más!

¡Suscríbete a nuestro boletín y recibirás gratis un libro digital!

Subscríbete ao noso boletín
Mantente informado de todo o que acontece no Pazo de Vilane e goza das nosas actividades, sorteos, premios...
Información básica 1ª CAPA sobre Protección de Datos: Responsable: Pazo de Vilane | Finalidade: Contestar ás solicitudes de información do interesado, establecemento ou mantemento de Relacións Comerciais e posiblemente para o envío de publicidade. | Lexitimación: Consentimento do interesado e interese lexítimo no desenvolvemento da relación comercial | Destinatarios: Non se cede a información | Dereitos: Acceso, rectificación, supresión, limitación, oposición e portabilidade | Información adicional: Política de privacidade