Os arandos gañaron recoñecemento co paso dos anos. Trátase dun tipo de froito do bosque que é do máis saudable que podemos atopar na natureza. Son unha especie de bagas redondiñas, que poden ser ou ben azuis ou ben vermellas, e que teñen un sabor moi característico, doce pero cun toque acedo cara ao final, o que esperta os sentidos do noso padal. En Pazo de Vilane sabémolo ben e por iso levamos varios anos cultivándoos nas nosas terras e elaborando marmelada con eles.
Hai diferentes tipos de arandos pero todos eles manteñen as propiedades que lle deron a súa fama como superalimento. Cada un destes mini froitos conta con alto contido en vitaminas e antioxidantes ademais de ser bos para o corazón e para as enfermidades de carácter dexenerativo. Tamén se usou tradicionalmente para combater as infeccións de ouriños con gratos resultados.
Tipos de arandos
Existen dous tipos principais de arandos: os arandos azuis e os arandos vermellos. Ambos proceden de arbustos que pertencen á familia botánica das Ericáceas. Dentro de cada un pódense distinguir varias razas en función da súa época de maduración, así temos:
- Variedades de maduración temperá: como Earliblue, Bluetta ou Legacy.
- Variedades de estación media: como Bluecrop, Ozarkblue ou Liberty.
- Variedades de maduración tardía: Aurora, Powderblue, Elliott ou Ochlockonee.
Arandos azuis
Os arandos azuis ou negros son os máis comúns en Europa. Coñéceselle tamén como blueberry. Proceden de América do Norte aínda que xa levan case un século polo continente europeo. De feito, son Canadá e Estados Unidos os maiores produtores deste tipo de arandos que se asentou moi ben en España. E, como non, en Pazo de Vilane, onde os cultivamos con moito esmero. Mentres os froitos vermellos teñen pel máis luminosa, estes caracterízanse pola capa esbrancuxada que os cobre.
A cor tan característica dos arandos azuis é un sinal do seu elevado poder antioxidante. De feito, din que é perfecto para beneficiar a nosa visión e a nosa memoria e que contén altos cantidades de vitamina C. Tamén é bo para a circulación sanguínea e para axudar a controlar a cantidade de azucre en sangue, xa que a súa achega neste campo é mínima.
Arandos vermellos
A variedade de arando vermello é coñecida tamén co nome de cranberry. Comparte características de forma co seu irmáns azuis pero neste caso adoitan ser un pouco máis grandes de tamaño e presentan unha pel moi brillante. Ademais, o sabor é máis agre. Isto converteunos nun froito moi buscado polos cociñeiros para usalos como guarnición para diferentes carnes e peixes.
Entre as súas numerosas propiedades podemos destacar que son especialmente bos para as infeccións, sobre todo, contra as de ouriños. Pero tamén actúan contra bacterias como a Helicobacter Pylori que afecta o sistema dixestivo. Ademais, axuda a previr úlceras e a combater a carie dental. Sen esquecernos que grazas ao ácido fenólico e aos polifenoles, é dos alimentos máis antioxidantes.
Marmelada de arandos de Pazo
Despois de escoitar tantas bondades sobre eles, seguro que che quedaches con ganas para comer arandos, verdade? Pois unha boa forma de facelo é coas marmeladas que elaboramos de forma artesanal en Pazo de Vilane. A nosa marmelada extra de arandos elabórase cun 70% de froita porque nos encanta o sabor do natural en toda a súa esencia. A textura final do produto fai que ademais de tomala soa, sexa perfecta para acompañar con paté, queixo ou foie. E se tes curiosidade, convidámoste a probar tamén as marmeladas de framboesas e de tomate agridoce , sorprenderante!