Ovo pequeno: elíxeo e favorecerás o benestar animal

Sabías que escoller ovos de gran tamaño vai en contra do benestar das galiñas? Explicamos por que

Huevos pequeños

Se es dos que evitas os ovos pequenos e prefires os tamaños xl no lineal do teu comercio, vaste sorprender, e moito , o que che imos a contar. ¿Sabías que elexir ovos de tamaño extra grande non favorece o benestar das galiñas? Explicámosche por qué.

Moitas persoas consideran erróneamente que un ovo pequeño é menos nutritivo que un extra grande. Por iso evitan os tamaños menores e decántanse polos súper ou XL. Como seguidamente che explicaremos, os ovos pequenos son tan nutritivos (e incluso máis sabrosos) que os seus irmáns “corpulentos” e elixíndoos favorecerás a crianza natural das galiñas.

Huevos pequeños sobre tela de arpillera

¿Cómo se diferenza un ovo según o seu tamaño?

Empezaremos explicándoche cómo se clasifican os ovos de galiña, centrándonos nos seus distintos tamaños ou pesos.

Así, atendendo á esta última característica, divídense en:

  • Súper grandes (XL): Con un peso superior a 73 g.
  • Grandes (L): Entre 73 y 63 g.
  • Medianos (M): 63-53 g.
  • Pequenos (S): Menos de 53 g.

O habitual é que as galiñas poñedoras poñan ovos medianos (M) e /ou grandes (L) durante a maior parte da súa vida.

En Pazo de Vilane envasamos e comercializamos ovos de calibres diversos (M y L) garantindo un peso neto mínimo de 636 grs. no envase de 12 ovos e 318 grs. no envase de 6 ovos.

É dicir, só poñen ovos de tamaño pequeño ou súper grande de forma excepcional; non existe un tipo de galiña que poña constantemente ovos XL ao longo de toda a súa vida produtiva.

Polo tanto, é imposible reunir unha produción suficiente como para comercializar XL  de maneira sostible, a non ser que contes con miles e miles de galiñas, o que ocorre nas producións de xaula ou de chan (non nas camperas).

Neste tipo de granxas, baseadas nun modelo industrial, concéntranse deceas de miles de galiñas. Deste modo, ao contar con grandes volumes de ovo, poden ir separando o tamaño XL do global da produción e situalo no mercado con continuidade.

En consecuencia, se compras ovos XL estás fomentando sen sabelo un tipo de cría de galiñas no que non se teñen en conta criterios de benestar animal.

Estas aves permanecen pechadas en xaulas toda a súa vida, en enormes galiñeiros, sen xamáis saír ao exterior nin pastorear. Non poden estirar as patas, nin as ás, nin desenvolver os seus instintos naturais (“picotear”, corretear, …)

Por todo o anterior (cuestión de volume de posta) non atoparás ovos XL de galiñas camperas, salvo en edicións limitadas.

Huevo con yema entre huevos pequeños

¿Cándo poñen as galiñas ovos pequenos?

Caso algo distinto é o do ovo pequeño. Calquer galiña nova, nas súas primeiras semanas de posta, isto é , entre a 19 e a 25, adoitan poñer ovos de menor tamaño ao longo da súa vida adulta.  O seu sistema hormonal estase desenvolvendo e estos ovos son unha sorte de “ensaio” dos que poñerá na súa vida adulta.

A medida que crece, a galiña vai poñendo ovos de maior tamaño, pero de forma natural estabilízase nos medianos e grandes. Só puntualmente, como mencionábamos antes, pon algúns ovos extra grandes.

Así pois, tampouco conseguirás unha produción continua (só en edicións limitadas) de ovos pequenos de granxas camperas, xa que únicamente coincide coas primeiras 6 semanas de posta da galiña.

Os ovos pequenos non son de inferior calidade; todo o contrario. Son excelentes; todo un concentrado de sabor, precisamente pola xuventude da ave, e adoitan conter menos auga. Non é de extrañar, por iso o ben que se cotizan entre os paladares gourmet.

Por outro lado,o tamaño da xema dun ovo pequeño é case idéntico á dun ovo mediano e/ou grande. A diferenza ven dada pola cantidade de clara.

Igualmente uns e outros ovos distínguense pola casca: máis dura nos pequenos de galiñas novas e máis fráxil nos XL. Isto explícase porque a medida que a galiña envelece vaise descalcificando e polo tanto, vai depositando menos calcio nas súas postas. En Pazo de Vilane, cando entran poliñas novas nas nosas granxas, lanzamos as nosas edicións especiais, limitadas de ovos pequenos de primeira posta, coa nosa caixa habitual da galiña, pero versionada, en media ducia e tons marróns escuros.

Por qué se comes ovos pequenos (e do resto de tamaños) axudarás ao benestar animal

Non só o dicimos nós, senón o  BHWT (British Hen Welfare Trust) e a BFREPA (Asociación Británica de Productores de Ovos Camperos) que queren concienciar aos británicos de que as galiñas poñen naturalmente varios tamaños de ovos ao longo das súas vidas e só esporadicamente os máis grandes.

Polo tanto, se escollemos ovos camperos de todos os tamaños (M, L e tamén ovos pequenos) estaremos favorecendo aos pequenos produtores, que non teñen o volume suficiente como para escoller e descartar produto para a súa comercialización.

Ademais, ¿é ético o que os compradores forcemos aos produtores a retirar grandes cantidades de ovo pequeno- con iguais ou maiores propiedades que outros-porque parécenos que “non dan a talla”? Nós pensamos que non.

Máis aínda porque, según asegura Jane Howorth, fundadora de BHWT, “ se os compradores eleximos só ovos grandes, estaremos pedindo ás galiñas que traballen máis duro, en lugar de permitirlles facer o que lles resulta natural”.

Afortunadamente, estas mesmas institucións aseguran que notaron cómo os costumes dos consumidores cambian ao momento cando entenden por qué é importante decantarse por distintos tamaños de ovos para o benestar das galiñas poñedoras.

Interesouche esta noticia? Subscríbete ao noso boletín e recibirás un libro electrónico gratuíto!

Subscríbete ao noso boletín
Mantente informado de todo o que acontece no Pazo de Vilane e goza das nosas actividades, sorteos, premios...
Información básica 1ª CAPA sobre Protección de Datos: Responsable: Pazo de Vilane | Finalidade: Contestar ás solicitudes de información do interesado, establecemento ou mantemento de Relacións Comerciais e posiblemente para o envío de publicidade. | Lexitimación: Consentimento do interesado e interese lexítimo no desenvolvemento da relación comercial | Destinatarios: Non se cede a información | Dereitos: Acceso, rectificación, supresión, limitación, oposición e portabilidade | Información adicional: Política de privacidade