Cómo elexir ovos frescos e conservalos máis tempo.

Os ovos perden calidade a medida que pasan os días dende a posta. Contámosche como elixir ovos frescos e conservalos durante máis tempo

Huevos camperos

En calquer época do ano é boa idea consumir ovos no almorzo, a comida e a cea, porque están cheos de nutrientes moi saudables que, entre outras cousas, axudan a reforzar o sistema inmunolóxico. Pero a medida que pasan os días desde a súa data de posta perden calidade e aportes nutricionais. Por iso nesta ocasión detallámoste cómo elexir sempre ovos frescos e qué medidas aplicar para conservalos durante máis tempo.

En primeiro lugar e antes de nada, para comprar ovos frescos é absolutamente necesario facelo en comercios autorizados, nunca a persoas que exerzan a venda ambulante sen os debidos permisos, ou en tendas non reguladas. O adquirir ovos de procedencia descoñecida pódenos acarrear serios problemas: desde salmonela ata falta de frescura.

Según aconsella Nuria Varela-Portas, directora xerente de Pazo de Vilane: “asegúrate sempre de coñecer todas as referencias acerca de cómo se produciron esos ovos, a súa data de posta e de caducidade. Só así recoñocerás os ovos frescos. É obrigatorio que estos datos figuren ben claros no envase e casca dos ovos”

Por outra parte, aínda que por ovos frescos entendemos aqueles recén postos ou con poucos días, notarás considerablemente o aumento de calidade do produto se elixes ovos camperos ben producidos.

¿Algunha vez te plantexaches que a maneira de producir os alimentos inflúe na súa calidade e sabor? Se procuramos o máximo bienestar das galiñas camperas (liberdade en pastos verdes todo o ano, clima tépedo e agradable, alimentación e coidados esmerados no galiñeiro…) devolveranos todos esos favores en forma de excelentes ovos.

Huevo blanco fresco pasado por agua

¿Qué inflúe na frescura do ovo?

Un ovo é fresco ou non en función dos días que transcurriran desde a súa posta e estado de conservación. Moi especialmente en verán é importante gardar os ovos na neveira-en canto chegues da tenda- ou nun lugar alexado de fontes de calor (cando non dispoñas dun frigorífico).

A clave para que un ovo manteña a súa frescura é a súa propia barreira natural: a casca. O complexo sistema de nanoestructuras externas, membranas, e cámaras de aire que a conforman constitúen a mellor protección que puidera imaxinarse para a clara e a xema.

De feito, a chamada cutícula da casca- a parte dura, formada por proteínas- é porosa (ao microscopio ten o aspecto dunha esponxa) e facilita o intercambio de gases , pero non o paso de microorganismos.

As dúas membranas que se poden observar na cara interna da casca están sempre en contacto en toda a superficie do ovo, salvo na cámara de aire, ubicada na base ou parte ancha do ovo, punto onde se separan levemente e de maneira crecente a medida que pasan os días tras á posta.

¿Os meus ovos seguen frescos?

O índice de frescura dun ovo mídese no laboratorio pola altura da cámara de aire e pola separación das membranas respeto á casca. A maior altura e separación, menos frescos son os ovos.

Neste ámbito e no productivo, empréganse as unidades Haugh, que indican a calidade interna e a vida útil do ovo. A mellor puntuación, maior frescura.

Agora ben, en calquer momento e na túa casa podes comprobar se os teus ovos están frescos a través de dúas sencillas probas:

  • A proba de flotación. Enche un vaso de auga e desposita dentro o ovo, con coidado. Se cae ao fondo, podes comer o ovo con total tranquilidade, pois está fresco. Se se queda en medio, está perdendo frescura; se flota , non é un ovo fresco.

   O motivo de que flote é que a medida que envelece vai introducíndose aire no seu interior, porque a súa casca deteriórase e as súas membranas se despegan, aumentando a cámara de aire.

  • A localización da chalaza no ovo cascado.  Sobre un prato , observa se todavía conta coa chalaza, un cordón xelatinoso blanquecino pegado á xema cuia función é mantela no centro do ovo. Distinguiralo ben porque destaca fronte ao amarelo intenso da xema e a xelatina transparente da clara. A chalaza é sinal inequívoco de que o ovo está moi fresco.

 Por último, ante calquer mal olor, refuga inmediatamente o ovo.

Cómo conservar os ovos frescos máis tempo

O importante é que , unha vez refrixerados, non experimenten vaivéns na súa temperatura.  Asimesmo, manipula sempre os ovos coas mans e utensilios de cociña ben limpos. Se os ovos son frescos, adquiridos nun comercio de confianza, e velaches pola súa conservación, non tés nada que temer,

E é que en España rixen os Programas Nacionais de Control (PNC) de salmonela, do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación , cuios protocolos e controis se actualizan cada ano. Neles están recollidos os procedementos que necesariamente deben seguir os granxeiros de galiñas poñedoras. Desde que se implantaron estos programas, reduxéronse considerablemente as toxiinfeccións alimentarias no noso país.

Ainda que en anteriores ocasións xa te proporcionamos os nosos mellores consellos para conservar ovos, queremos explicarte os cinco mellores comportamentos que podes adoptar para manter os teus ovos frescos ao maior tempo posible.

1-Cando vaias á compra busca a caixa do ovos camperos con data de posta máis recente, ao igual que fas coa roupa cando elixes a talla. Terás máis días para gozar dos teus ovos ben frescos.

2-Adopta a maior hixiene, pero sen pasarse. É dicir, lava ben as túas mans e unllas antes de manipular os ovos e mantén as encimeras de cociña e todos os utensilios ben limpos e desinfectados, pero non é boa idea lavar os ovos e gardalos no frigorífico. Eliminarás parte das propiedades da súa mellor barreira natural: a casca.

3-Elixe ovos con cascas limpas. ¿Fixácheste en que os ovos camperos de Pazo de Vilane chegan ao mercado libres de residuos como barro, resto de feces ou pequenas plumas? Iso é polo coidado que poñemos nos nidos, os lugares onde poñen cada mañá as galiñas, situados no interior dos galiñeiros. Precisamente por iso, non dubides en rechazar os ovos de marcas cuias cascas estén habitualmente sucias, pois poden ser unha fonte de patóxenos.

4-Garda os ovos no seu estuche; protexeralos de cambios de temperatura na neveira. Non os aloxes nas caixas de plástico da porta.

5-Aínda que cociñes con ovos moi frescos, consume canto antes as recetas con ovo crú, como as maionesas ou o tartar, ao aquelas nas que o ovo estea cociñado a baixa temperatura. Asimesmo, garda no frigoríficio os pasteis que leven cremas, as natillas ou salsas con ovo e consúmeos dentro das 24 horas seguintes.

¿Cómo se producen os ovos máis frescos?

Se che interesa coñecer o proceso único de producción de Pazo de Vilane, baseado nos nosos protocolos exclusivos de crianza de ovos camperos e cómo afecta a súa frescura, fai clic neste video:

FUENTES:

Departamento de Producción, Bienestar Animal e Innovación de Pazo de Vilane

Servindi.org

¿Te ha interesado esta noticia? ¡Suscríbete a nuestro boletín y recibirás gratis un libro digital!

Subscríbete ao noso boletín
Mantente informado de todo o que acontece no Pazo de Vilane e goza das nosas actividades, sorteos, premios...
Información básica 1ª CAPA sobre Protección de Datos: Responsable: Pazo de Vilane | Finalidade: Contestar ás solicitudes de información do interesado, establecemento ou mantemento de Relacións Comerciais e posiblemente para o envío de publicidade. | Lexitimación: Consentimento do interesado e interese lexítimo no desenvolvemento da relación comercial | Destinatarios: Non se cede a información | Dereitos: Acceso, rectificación, supresión, limitación, oposición e portabilidade | Información adicional: Política de privacidade