Ovos de galiñas felices: cómo e por qué criar galiñas camperas co maior bienestar animal

Texto actualizado el 23/06/2021

¿Cómo se conseguen galiñas felices? ¿Poden as galiñas chegar a ser felices?É dicir, ¿existe verdadeiramente o concepto  “felicidade” para un animal? . Por outro lado, ¿ os ovos de galiñas felices son diferentes ao resto? En Pazo de Vilane somos pioneiros desde 1996 na cría de galiñas en liberdade e a producción de ovos camperos en España, por iso sabemos que estos conceptos só poden realizarse se se asocian ao máximo bienestar animal.

Fai 25 anos a totalidade da producción de ovos en España estaba ligada a sistemas industriais, , nos que as galiñas vivían en grandes instalacións- sen ver a luz do sol,nen respirar aire puro e encerradas en xaulas.

Xa entonces, en 1996, a familia Varela-Portas, fundadora de Pazo de Vilane, buscaba un novo sistema de crianza de galiñas, basado no respecto aos seus instintos e aos métodos ligados á natureza (artesanais porque se alexaban do industrial) que empregaban décadas atrás as aldeanas galegas.

Os Varela-Portas estaban convencidos de que criar galiñas felices era posible e ademáis, sostible desde o punto económico.

Pero a “felicidade” e o bienestar destos animais pasaba necesariamente pola liberdade. É dicir, o pastoreo diario en pastos verdes todo o ano era unha das claves. Porque non é o mesmo campar en liberdade en prados frescos que en terra reseca ou calurosa.

Por iso o lugar elexido foi Pazo de Vilane, un Pazo de labranza lucense que levaba en mans da familia desde o XVIII. Unha contorna idílica polo seu clima suave e exuberante flora, ideal para criar galiñas felices. Aves que baten, revolotean, picotean herba ou corren polos campos húmidos.

Pero non só iso. A medida que Pazo de Vilane foi crecendo e se consolidou o seu Departamento de Producción e Bienestar Animal, fíxose evidente que para conseguir galiñas felices, ou criadas co máximo bienestar non bastaba con abrir as portas dos galiñeiros.

As galiñas son animais moi asustadizos, que acusan notablemente o estrés (en situacións estresantes prolongadas chegan a desplumarse, a contraer enfermidades…) polo que é necesario coidalas de tal maneira que se sintan en todo o momento protexidas, tanto no galiñeiro como no exterior.

En Pazo de Vilane as galiñas son felices gracias a numerosos protocolos que garantizan unha crianza “ao detalle”. Por exemplo, cada granxa ten coidadores únicos asignados-porque as aves chegan a recoñecelos e dalles confianza- acceso a abundante alimento e auga saudable (a demanda, sen límites) e un estricto seguimento veterinario para evitar enfermidades, por leves que sexan, que lles causen malestar.

É máis, as nosas galiñas son felices porque establecemos estrictos seguimentos dos comportamentos inadecuados no galiñeiro.

¿Sorprendente? Sí, pero moi necesario. En calquer grupo de galiñas poñedoras que viven en liberdade, establécense marcadas xerarquías entre as dominantes e as submisas. E estas últimas poden chegar a pasalo mal, se non se establecen límites por parte do granxeiro.

É o seu labor velar porque no galiñeiro todas as galiñas accedan por igual ao alimento, e a auga, descansen nos lugares elevados (como estas aves prefiran) ou podan poñer con calma, sen molestias ou abusos por parte de outras. Compréndese así a necesidade da observación polo coidador, a fin de detectar calquer anomalía e correxila a tempo.

Ovos de galiñas felices… desde o principio

En 2021 cumprimos 25 anos da fundación de Pazo de Vilane. Fumos pioneiros na cría de ovos camperos, cando en España se perdera o significado deste concepto e moi pouca xente entendía por qué eran únicos.

Ó percorrer este longo camiño desde 1996 fíxonos encontrarnos con persoas inolvidables, cun grande compromiso coa sustentabilidade e o bienestar animal.

Unha das historias que máis nos chegaron ao corazón (porque está empapada deses pequenos e marabillosos detalles da vida real) foi a da familia madrileña formada pola lucense Pilar e o seu marido Antonio máis os seus dous fillos, Xermy e Lúa, hoxe xa mozos a punto de convertirse en adultos.

Vivían no municipo madrileño de San Sebastián dos Reyes. Na súa casa, en lugar de paella, o prato estrela dos domingos sempre foi e segue sendo os ovos fritos con patacas fritas.

Cando Xermy e Lúa eran pequenos, os seus avós trouxéronlle de regalo unhas poliñas da feira de Quiroga. Os nenos pasaban horas con elas, as alimentaban e as coidaban moito.

Chamábanas Señora López e Señora García e dicían que eran pitas felices (galiñas felices). Atopar e gardar cada ovo era unha festa. Cando chegou o verán, con moita pena, a Señora López e a Señora García tiveron que trasladarse ao galiñeiro que unha curmá tiña na aldea.

O regresar das vacacións, a familia descubriu os ovos camperos de Pazo de Vilane e os nenos imaxinaban, ao ver a galiña na caixa, cómo de felices serían esas galiñas criadas en liberdade nun Pazo de Galicia (tanto como a súa Señora López e a súa Señora García).

Desde entonces os ovos camperos de Pazo de Vilane foron para eles os ovos de galiñas felices. Ou sexa, de galiñas en liberdade e ben coidadas, co máximo bienestar animal.

Xermy e Lúa ían sempre a comprar á tenda do barrio, que se encontraba a poucos pasos da súa casa. Visi, a tendeira, sempre lles daba algún doce cando se levaban o pan e os ovos camperos.

Despois dun tempo, Visi contoulle á Pilar, a mamá dos nenos , a cara de poema que se lle quedou a primeira vez que os oiu pedirlle unha ducia de “ovos de pitas felices” (ovos de galiñas felices). Os nenos dixéronno con toda naturalidade, no galego que a súa familia materna lles ensinara, e a ela fíxolle moita gracia.

A partir dese momento, Visi a tendeira comezou a chamar así aos ovos de Pazo de Vilane e a frase fíxose moi popular en toda a veciñanza.

Bienestar animal: o único camiño hacia a sustentabilidade

En resumo, gracias a persoas como estas, que exercen un consumo responsable, conseguimos que o número de galiñas felices (ou galiñas ben coidadas) sexa máis numeroso en España.

Non hai outro camiño para producir alimentos que facelo desde a sustentabilidade, é dicir, desde a base do máximo bienestar animal. O mero respecto debido aos animais debería bastar, pero é que ademáis os productos agropecuarios obtidos a partir de sistemas respetuosos son de moita maior calidade.

Os ovos camperos teñen outro sabor cando as galiñas son felices e se desenvolven seguindo os seus instintos. Poñen máis e mellor cando están ben coidadas. De feito, está comprobado que a hormona cortisol dispárase nas galiñas cando sofren estrés, provocándolles inmunodepresión e pérdida de apetito, así como distintas enfermidades e carencias.

Por todo isto, desde Pazo de Vilane seguimos traballando para que un grupo crecente de consumidores, distribuidores, productores e institucións políticas sexan conscientes de que é imprescindible optar pola alimentación sostible:  capaz de abastecer as necesidades actuais sen comprometer os recursos do futuro.

¿Te ha interesado esta noticia? ¡Suscríbete a nuestro boletín y recibirás gratis un libro digital!  

Subscríbete ao noso boletín
Mantente informado de todo o que acontece no Pazo de Vilane e goza das nosas actividades, sorteos, premios...
Información básica 1ª CAPA sobre Protección de Datos: Responsable: Pazo de Vilane | Finalidade: Contestar ás solicitudes de información do interesado, establecemento ou mantemento de Relacións Comerciais e posiblemente para o envío de publicidade. | Lexitimación: Consentimento do interesado e interese lexítimo no desenvolvemento da relación comercial | Destinatarios: Non se cede a información | Dereitos: Acceso, rectificación, supresión, limitación, oposición e portabilidade | Información adicional: Política de privacidade