Os mellores récords mundiais con ovos

Canto crees que pesa o ovo máis grande do mundo? Serías capaz de comer uns ovos revoltos feitos con 60.000 unidades? Sabías que hai unha marca mundial que conta a cantidade de ovos rotos cos dedos dos pés en 30 segundos? Os récords mundiais relacionados cos ovos son do máis singular. Hoxe en Pazo de Vilane imos penetrar no especial mundo dos Guinness World Records para darche resposta a todas estas preguntas e descubrir outras moitas curiosidades sobre os ovos que te sorprenderán. Preparados, listos, xa!

Ovos de récord

O ovo máis grande do mundo

Aquí hai polémica. Cada certo tempo aparecen noticias sobre cal é o ovo máis grande de galiña así que nos imos a cinguir ao que din en Guinness World Records. Está recoñecido o ovo con máis peso do mundo un de Maryland de, nin máis nin menos, que 456 gramos! Contiña dúas claras e dúas xemas. Imaxinade a tortilla que se podería facer con só un ovo. Dá para toda a familia.

Un ovo de Pascua de altura

Fai un par de semanas dabámosche ideas para decorar os teus propios ovos de Pascua  pero está claro que non tiñamos en mente que fosen tan grandes como leste. O ovo de Pascua máis grande do mundo realizouse nunha localidade brasileira chamada Pomerode, en Santa Catarina no ano 2017. Medía 15 metros de alto e 8,72 de diámetro e impresionaba con só velo. Os habitantes do lugar podíano ver ¡desde quilómetros!

Os récords de ovos máis curiosos

  • A maior cantidade de ovos esmagados coa cabeza nun minuto é de 142. Como curiosidade, Scott Damerow conseguiuno nun programa de televisión en directo nos Estados Unidos. Cantos cres que serías capaz de esmagar ti?
  • Ashrita Furman ten o récord de ovos rotos cos dedos dos pés. Un total de 39 en 30 segundos. Moita práctica fai falta.
  • A maior cantidade de ovos balanceados no reverso dunha man é de 15. O récord está en mans de Konok Karmakar de Bangladesh desde setembro de 2019, aínda que xa hai varias persoas que lograron igualalo.
  • Unha foto dun ovo conseguiu arrebatarlle á famosa celebrity Kylie Jenner o logro de ter máis likes en Instagram. Leva máis de 54 millóns de corazonciños.
  • A taxa máis alta rexistrada oficialmente de posta de ovos é de 371 en 364 días por un exemplar de galiña Leghorn. Está galiña non paraba.

Receitas con ovos de récord

Tortillas para compartir

A quen non lle gusta unha boa tortilla? Pois nunha aldea de Santarem, en Portugal, fixo unha tortilla de 6.466 quilos, con diámetro de máis de 10 metros e coa colaboración de 55 persoas durante un proceso de elaboración dunhas 6 horas. Pola súa banda, en Xetafe, o Grupo de Alimentación Palacios logrou en 2019 o récord de tortillas en liña máis longas do mundo. Para isto xuntaron máis de 1.000 tortillas! Unha marca incrible e deliciosa.

https://www.instagram.com/p/byidgzvbhni/

O ovo de chocolate máis grande

Relacionado tamén coa celebración da Pascua atopamos outro récord do máis apetitoso: o ovo de chocolate máis grande do mundo. Como xa sabedes, en moitos países é tradicional regalalos nesa época pero o que prepararon en Cortenuova, Italia, houbo que repartilo entre varias persoas. Máis que nada para non enchense cos 7.200 quilos que pesaba que se repartían nunha circunferencia de 19.6 metros. Impresionante!

https://twitter. com/ gwr_é/ status/1249373297449541634? s=20 

Ovos revoltos

Si, si, tamén hai un récord Guinness de ovos revoltos. Neste universo marabilloso de competicións únicas atopámonos con que un pobo colombiano chamado Soacha preparou os ovos revoltos máis grandes do mundo coincidindo co Día do Ovo. Soamente usaron 59.758 unidades. Pouca broma. O resultado total deixou unha cantidade total de ovos revoltos que alcanzou os 3.112 quilos de peso. Esperamos que tivesen un bo pan para acompañalos.

Como ves, ademais de ser un dos alimentos máis completos que existen o ovo é tamén obxecto de récords inimaxinables. Nós en Pazo de Vilane seguimos traballando día a día para que poidas recibir os mellores ovos campeiros procedentes das nosas galiñas criadas en liberdade na comarca galega da Ulloa. Porque si tiveramos que ter un récord, sería o de cuidar as nosas galiñas con máis cariño que ninguén no mundo.