O mellor das redes de Pazo de Vilane durante esta corentena

Se hai algo no que todos estamos de acordo é que estamos a pasar por un momento excepcional. Cando empezamos o ano 2020 ninguén esperaba que unha pandemia a nivel mundial tivésenos a todos metidos en casa durante semanas. Cada persoa é un mundo e todos estamos a levar esta situación dunha maneira diferente. En Pazo de Vilane seguimos traballando durante este tempo para facer chegar os nosos ovos campeiros a tódalas distribuidoras e que todos vós puidésedes gozar deles nesta corentena. 

Pero ao acabar a xornada laboral, do mesmo xeito que vós, sumámonos a un dos pasatempos que máis están a entreter estes días a mozos e non tan mozos: as redes sociais. Desde esta xanela ao mundo podemos rir, descubrir, coñecer xente e sitios e estar ao día de todas as novidades. Por este motivo, hoxe imos a desvelar as publicacións de redes sociais que nos fixeron esta corentena moito máis levadía.

Un día sen rir, é un día perdido 

Encántanos esta frase e aínda que a situación está complicada, a risa nunca pode faltar nas nosas vidas. A imaxinación da xente volveuse tola e deixounos algúns momentos super graciosos como nestes memes tan divertidos relacionados coas galiñas. Encántanos ver como elas tiveron o seu protagonismo nestes días. 

Tanto tempo libre dá para moito, ata para poñerse a peitear aos animais Que look creedes que quedaría mellor ás nosas galiñas?

Día 14 de cuarentena…Les cambie el look a mis gallinas.

Publicada por Para Reírnos en Domingo, 29 de marzo de 2020

Para saír desta, necesitamos o apoio de todos os que están preto. Ata os animais o saben; non hai máis que ver o traballo en equipo desta galiña e do canciño.

Son tan listos que algún atopou o mellor compañeiro de xogos nun galo.  

Día 12 de la cuarentena:

Publicada por Para Reírnos en Jueves, 2 de abril de 2020

Os nosos animaliños tamén personificaron esa sensación de culpabilidade ao volver a casa tras a excursión ata o contedor de lixo.

Receitas con ovos de Pazo

Os hábitos de compra víronse modificados nesta corentena. Aínda que o primeiro que se adquiriu en masa foi papel hixiénico, fómonos adaptando ás circunstancias. As ganas de poñerse a cociñar disparáronse aos poucos e fariña, fermento e ovos campeiros de Pazo de  Vilane non faltaban en ningún carriño da compra. Porque os nosos ovos son ideais para todo tipo de receitas, tanto de comida principal como de sobremesas. Lembrade  etiquetarnos nas vosas publicacións porque nos encanta ver o que facedes cos ovos do Pazo.

Algunhas das receitas que nos enviastes durante esta corentena permitíronnos formar un menú completo. Empezamos cun primeiro imprescindible e riquísimo: a tortilla de patacas. Pero esta ten un toque especial xa que se trata de patacas confeitadas en aceite de hortelá  aromatizada con pementa recentemente moída. 

De prato forte optamos por Gulas con gambóns e ovos de Pazo. Unha combinación perfecta e nutritiva para pasar o confinamento. Tedes a receita na ligazón!

E como estamos xenerosos, imos poñer dúas sobremesas. Que se a ninguén lle amarga un doce, dous tampouco. Deixámosvos unhas sas rosquillas feitas ao forno e un biscoito de cacao. Cal vos gusta máis? Ou mellor, por que elixir? 

https://www.instagram.com/p/B-z4kHwpqvw/

O graniño de area de Pazo de Vilane

Estamos en illamento pero non estamos sós. En Pazo de  Vilane sabémolo moi ben e por iso esta é a mellor etapa para participar nalgunha das nosas iniciativas. O 21 de marzo, como cada ano coincidindo co Día Internacional das Árbores, lanzamos a sétima edición do concurso 1 idea, 1 árbore. Trátase de darlle unha nova vida á nosa mítica caixa da  gallinita para fomentar a reciclaxe e a reutilización.

Por cada idea que nos  enviais, nós comprometémonos a plantar unha árbore e vós podedes gañar algún dos premios que regalamos. Entre as proposta que recibimos nesta corentena están, por exemplo, este  dispensador de luvas que nos fixeron chegar desde Vigo.

Pero hai máis. Para canalizar os vosos relatos sobre como estades a pasar estes días, sacamos Historias da corentena. Pedímosvos que nos enviásedes as vosas crónicas de vida durante estes días, de cousas cotiás, sinxelas. E estamos a recibir unhas historias que nos están conquistando e que podes ler xa. Aquí vos deixamos algunhas.

María (una madrileña de 12 años de gran imaginación) nos describe en nuestras #HistoriasdelaCuarentena de hoy una vida…

Publicada por Pazo de Vilane en Viernes, 24 de abril de 2020

Como ves con este recompilatorio de redes, Pazo de Vilane segue estando moi presente nas vidas de todos. Porque a nosa razón de ser son as galiñas e non deixamos de coidalas para que vós sigades recibindo os ovos campeiros. Xa queda menos para que esta situación acabe e seguro que sairemos fortalecidos dela. Porque como dicimos en Galicia, maloserá!