Galiñas peladas: ¿qué ocorre se perden a súa plumaxe?

¿Has visto alguna vez una gallina pelada o con calvas? La falta de plumas en las gallinas puede deberse a diversas causas. Aquí te las contamos

Gallina pelada

¿Viches algunha vez unha galiña pelada ou con calvas na súa plumaxe? A falta de plumas nas galiñas pode deberse á causas totalmente naturais, pero tamén a distintas anomalías ou patoloxías que convén ter en conta. En Pazo de Vilane somos abanderados do benestar animal, por iso estamos moi atentos ao plumón das nosas galiñas en búsqueda de pistas que nos falen do seu estado xeral de saúde.

As plumas das aves (e as galiñas non son unha excepción) cumpren coa labor fundamental de protexer e illar o seu corpo nas condicións medioambientais adversas: excepto frío ou calor, chuvia , neve… O manto de plumas que rodea o seu corpo é indispensable para lograr unha regulación eficaz da súa temperatura corporal, que nas galiñas oscila entre os 40,6 e os 41,9ºC moi superior á dos mamíferos.

Tamén a fina capa de plumón interna, xunto á máis estruturada de plumas externa, conforman un colchón protector fronte a golpes, negróns, infeccións.

Pero hai máis. Para o granxeiro ou coidador de galiñas, a plumaxe dunha galiña ofrece valiosa información. Un coidador experimentado observa a diario na procura de galiñas peladas, pois dependendo do momento en que se atope o lote, isto pode non ser un bo sinal. Profundemos máis neste asunto.

¿Por qué as galiñas perden as plumas?

A ningún coidador de galiñas lle gusta atopar galiñas sen plumas. Agora ben, hai unha excepción a esta norma, e esta á muda natural.

Muda natural

Cando as horas de sol empezan a declinar, nos meses de outono e inverno, as galiñas que non son estimuladas artificialmente con luz artifiical perden parte das súas plumas no pescozo, peito e lomo. Este fenómeno pode durar unhas semanas ou algúns meses e é máis habitual nas galiñas camperas e ecolóxicas, pois ao sair ao exterior a pastar teñen máis interiorizados os ciclos estacionais e a diferenza de horas de luz.

Esta muda adoita ser lixeira, non tan rechamante como cando é produto dalgunha patoloxía e non debe preocupar en absoluto. É tan só o reflexo dun proceso natural: as galiñas poñen menos ovos en meses fríos ou renovan as súas plumas. É a forma en que descansan e preparan o seu corpo de cara á primavera, cando alcanzarán o seu pico de posta (e , por tanto, farán un esforzo metabólico).

Mala alimentación ou nutrición

Se o granxeiro non coida a alimentación das súas aves, é moi probable que cada día empece a ver máis galiñas con plumón danado no seu galiñeiro. Unha galiña pelada procede moitas veces dunha mala alimentación, ben escasa, ben desequilibrada, incluso totalmente inadecuada.

Antigamente era común ver galiñas peladas en producións locais, pois alimentábanse só cos restos da comida dos seus donos. Como podemos imaxinar, nesas sobras incluíase case calquer cousa, e non se tiña en conta a porcentaxe de cada nutriente que debe recibir unha galiña en cada etapa da súa vida.

De feito, para que as plumas dunha galiña se vexan sás (así como o propio animal) hai que buscar un equilibrio nas cantidades de cada nutriente, que variarán en cada etapa, pois non é o mesmo a recría que a época de posta, por exemplo.

En cada momento a galiña campera terá unha necesidade determinada de proteínas, hidratos de carbono, vitaminas, minerais e aminoácidos, pois os seus requerimentos metabólicos van modificándose.

Gallina desplumada con daños

Por iso, se o animal sofre carencias na súa alimentación, o seu corpo reaccionará prescindindo de elementos que considera “accesorios”.

Comenzan así as pérdidas de plumaxe e a aparición de galiñas sen plumas no lote.

Picadas entre galiñas

¿Sabías que as galiñas se pican unhas a outras cando perciben que non teñen acceso abundante a alimento e auga? Esta sensación provócalles desasosego ou estrés, que pagan coas súas conxéneres.

Polo tanto, para evitar que as galiñas se pelexen entre sí, é fundamental que o granxeiro garanta en todo momento e de forma constante unha axeitada subministración.

Noutras ocasións a chamada “picada” prodúcese porque no galiñeiro se estableceu unha mala relación xerárquica, é dicir, algunhas galiñas dominantes están a ser agresivas coas máis submisas e outras están imitando esas malas conductas.

Neste caso , é necesaria unha intervención rápida e efectiva do granxeiro, illando aos membros máis conflitivos temporal ou definitivamente.

Estrés e enfermidades

Asimesmo, un ave pode comezar a perder plumas debido ao estrés que lle producen as pelexas con outros membros do galiñeiro, comportamentos ruidosos ou molestos por parte do granxeiro, falta de auga ou alimento, ou luz excesiva. Todos estes factores estresantes (e outros moitos que o bo coidador de galiñas debe coñecer) poder ser motivo máis que suficiente para que aparezan galiñas peladas no lote.

Igualmente, algunhas enfermidades das galiñas poden reflectirse no estado xeral do plumaxe. Se no lote empezan a xurdir moitas galiñas peladas, sen dúbida é hora de que os veterinarios intensifiquen os seus controis na procura dunha posible patoloxía.

Galiñas peladas: un indicador do benestar animal no galiñeiro

Os granxeiros experimentados báseanse principalmente na observación diaria para determinar o estado de saúde dun lote de galiñas.

É certo que as distintas técnicas e o desenvolvemento da tecnoloxía avícola aplicada avanzou enormemente, pero o comportamento humano segue sendo imprescindible na crianza das galiñas camperas.

Só o ollo adestrado dun bo granxeiro poderá distinguir precozmente os distintos indicadores do benestar animal nun lote, ben sexa para comprobar que se están a desenvolver idealmente, ben para que “salten as alarmas” ante un posible brote de enfermidade, estrés, malestar…

Un deses claros indicadores de alerta é a presenza de numerosas galiñas peladas nun galiñeiro.

O que existan aves desplumadas nun lote non debe considerarse como normal ou tolerable. Polo contrario, é un sinal de que algo non vai ben no galiñeiro e de que debe incrementarse a vixilancia do granxeiro para restablecer o benestar animal.

Fontes:

El sitio avícola

Cladan

Zotal

¿Te ha interesado esta noticia? ¡Suscríbete a nuestro boletín y recibirás gratis un libro digital!

Subscríbete ao noso boletín
Mantente informado de todo o que acontece no Pazo de Vilane e goza das nosas actividades, sorteos, premios...
Información básica 1ª CAPA sobre Protección de Datos: Responsable: Pazo de Vilane | Finalidade: Contestar ás solicitudes de información do interesado, establecemento ou mantemento de Relacións Comerciais e posiblemente para o envío de publicidade. | Lexitimación: Consentimento do interesado e interese lexítimo no desenvolvemento da relación comercial | Destinatarios: Non se cede a información | Dereitos: Acceso, rectificación, supresión, limitación, oposición e portabilidade | Información adicional: Política de privacidade