2 de maio: ¡Feliz Día da nai!

  “Nai non hai máis que unha”, por iso debemos coidala ao máximo e en todo momento. Agora ben, hai un día especial, o Día da Nai, dedicado especialmente a ela. Coñeces a súa orixe?  

É probable que o Día da Nai se celebrara dunha maneira ou outra desde os tempos máis remotos da Historia. Xa nas civilizacións clásicas, como a grega, rendíase honras a Deusa mitolóxica Rhea, que era a nai de tres deuses: Zeus, Poseidón e Hades. Tamén os romanos recolleron esta tradición e instituiron o 15 de marzo como data oficial que daba paso a tres días de ofrecementos no templo de Cibeles.

Coa chegada do Cristianismo, a festa do Día da Nai transformouse en homenaxe á Virxe María, nai de Xesucristo e de todos os crentes. E xa no século XVII téñense noticias de que o festexo tiña lugar no cuarto domingo de Pascua e levábanse flores e ofrendas a Igrexa na que cada cristián fora bautizado- como agradecemento a Igrexa Nai-.

Foi a finais do XIX cando en Boston (EEUU) Julia Ward Howe organizou unha celebración relixiosa e manifestación pacífica para reunir a todas as nais de familia que foran afectadas pola entonces recente Guerra de Secesión americana, que enfrentou en horrible contenda civil ao país. Trinta e oito anos máis tarde foi imitada por Anna Reeves Jarvis, unha ama de casa que tentou institucionar a data do Día da Nai e para iso emprendeu unha campaña tratando de influir a personalidades políticas e intelectuais da época

O Día da Nai en España

A pesar de todos os esforzos, é ben sabido que aínda hoxe en día non existe unha data universal para festexar o tan querido Día da Nai. En Panamá celébrase o 8 de decembro; en Arxentina o terceiro domingo de octubre, en Colombia municipios como Cúcuta festéxano en data diferente ao resto do país…

O segundo domingo de Maio é o día sinalado para a grande parte dos países europeos, como Alemania, Austria, Países Baixos, Dinamarca, Grecia ou Italia. E en España, desde 1965, o Día da Nai é o primeiro domingo de Maio, aínda que non sempre foi así.

O primeiro impulsor español da celebración deste gran día foi o poeta Julio Menéndez García, quen publicou en 1925 o seu “Himno a Nai” nun folleto no que propoñía unha xornada oficial para todos os países de fala hispana. Nunca chegou a darse esta institución oficial, pero o ano seguinte festexouse en Madrid o 4 de octubre e en Granollers o 6 de Maio.

Anos máis tarde, o poeta canario Félix Duarte Pérez propuso a institucionalización no municipio de Breña Baja (A Palma) e ao ano seguinte, en 1936, convertiuse no primeiro de toda España en celebralo de forma oficial e anual.

Nos 40 foise instituindo pouco a pouco o Día da Nai o 8 de decembro, coincidindo coa festa da Inmaculada Concepción. Pero xa nos anos 60, uns grandes almacenes, inspirándose nunha costume de Cuba- país onde traballou largos anos o seu fundador- propón o primeiro domingo de Maio.

Ambas datas conviviron ata 1965, ano en que as autoridades eclesiásticas optan por celebrar a festa neste último mes, costume que pervive ata os nosos días.

¿E cómo era a nosa nai, a dos tres irmáns Varela-Portas?

Permitidnos que interrumpamos este relato histórico para falar un pouco de Piedad de Orduña Toledo, a nosa nai, porque ela foi de vital importancia nesta gran aventura de Pazo de Vilane na que todavía estamos inmersos.

Contrariamente ao que era habitual na España de mediados do século XX, foi unha xove culta, das primeiras da súa época en cursar o que entonces equivalía a unha carreira universitaria: Perito Mercantil.

Naceu e pasou parte dos seus primeiros anos en Madrid, pero nos 50 toda a súa familia trasladouse a Lugo debido a un traslado laboral do noso avó. Pero o criarse nun ambiente urbano e intelectual non lle impediu anos máis tarde arremangarse e traballar duro no campo cando fose necesario. ¡Todavía a recordamos cortando as uñas as ovellas!

Os que a coñeceron naquela época todavía nos recordan a súa gran capacidade de adaptación ao mundo rural; en poucos meses convertiuse nunha persoa querida e apreciada en todos os ambientes. Os tres irmáns coincidimos en que a nosa nai tiña dous excelentes cualidades: a de adaptardes á vida con alegría (en toda circunstancia) e unha grande liberdade interior que levaba e extendía a onde quera que fora.

Co tempo, e xa coa capacidade de análisis que nos da a madurez, comprendimos que o noso pai foi o gran ideólogo , impulsor e creador de decenas de proxectos empresariais e culturais, entre eles : Pazo de Vilane. Pero foi a nosa nai a que lle obligou a aterrizar esas mesmas ideas e a poñelas en tela de xuicio para asegurarse de que soportaría o peso da realidade.

Él era o pensador imaxinativo, o das ideas avanzadas; ela a da mente práctica e equilibrada, capaz de separar o gran da palla: as iniciativas que sí funcionarían das que só podrían soportar o papel.

En definitiva, en todo momento (nas duras e maduras) a nosa nai, Piedad Orduña de Toledo, deunos un soporte emocional e afectivo imprescindible, moi especialmente ao noso pai. Moitos pensamos que si él pudo levar a cabo tantos e tan variados planes profesionais foi só gracias a esa fortaleza e sostén que a nosa nai lle brindou. Así era a nosa nai: alegre, libre, sensata, práctica, estable…

E este é o pequeño homenaxe que hoxe, no Día na Nai, lle brindamos. ¡Feliz Día da Nai a todas!