David Barrio, operario de almacén: o cinéfilo de Pazo de Vilane

O noso operario de almacén David Barrio García é ese compañeiro que todos queremos ter cerca, especialmente os venres. Porque David, ademáis de nobre e moi maxete, é o noso mellor crítico de cine en Pazo de Vilane, o que sempre sabe recomendarte a mellor peli ou serie. Manta, flocos de millo de maíz, unha tortilla de pimentos, queixo e cebola…¡E fin de semana solucionado!

David, eres galego, ¿tamén a túa familia?

Bueno, en parte. Os meus pais viven en Monterroso, pero coñecéronse no País Vasco, de onde é a miña nai.  O meu pai foi alí de xoven a traballar. Máis tarde volveron para a terra, porque xa sabes que tira sempre moito…

Traballas no almacén, ¿cómo é este departamento?

Pois é un lugar onde coidamos enormemente todos os procesos. A seguridade alimentaria é máxima. Sempre digo que é un dos motivos polos que eu recomendaría os nosos ovos. Porque o proceso de selección e clasificación é moi escrupuloso.

Unha vista do almacén, con David ao fondo. Os operadores dobran e montan a caixa do Pazo de Vilane a man.

¿E qué tal ambiente hai?

Moi bo, levámonos moi ben. Como é un traballo manual, de vez en cando podemos charlar sobre temas moi variados. O fútbol é un deles, e sempre hai piques entre os do Depor, coma min, e os do Celta; ou incluso entre os doutros equipos, que tamén os hai. Pero sempre de bo rollo, ¡eh¡

Dixéronme que tamén practicas fútbol…

Agora polo Covid hai que ter coidado, esa actividade téñoa aparcada, ainda que me encanta. Seguro que a retomarei… Pero sigo facendo deporte: salgo a correr, monto en bici… A sorte é que aquí estamos no campo e hai moitos espazos solitarios onde poder practicar sen perigo de contaxios.

¿E cando chegas a casa?

Gústame prepararme unha boa tortilla cos nosos ovos, pimentos, queixo e cebola. ¡Riquísima! e logo prendo a tele para unha boa sesión de cine.

¿Eres cinéfilo?

Moito… Gústanme todos os xéneros, especialmente os “movidiños”: as películas bélicas, o drama, a acción, as pelis policiacas…

A David gústalle todo tipo de cine, pero gústalle especialmente o xénero bélico.

Pois veña, recoméndanos algunhas…

De cine bélico, “En Tierra Hostil” encantoume. Ainda , que naturalmente “Salvar ao Soldado Ryan” é unha das miñas referencias. ¡Xa a vin varias veces! De acción gustoume moito “El irlandés” con Robert DeNiro e Al Pacino, unha boa película de gansters….Tamén recomendaría “John Wick” unha historia de venganza con Keanu Reeves de protagonista. En canto as de ciencia ficción, gustáronme moito todas as de “Marvel” e algunhas que son casi un clásico dentro dese xénero, como “Independence Day”.

¿E series, tamén eres aficionado?

¡Claro’! Das españolas recomendaría “Vivir sin permiso” unha serie sobre o narcotráfico, rodada en Galicia e con Xosé Coronado e Alex González ou “A casa de Papel”. Das extranxeiras quédome con “Juego de Tronos” ou “Fadua” que precisamente estou acabando de ver. De comedia gustoume “Big Band Theory” non é excelente, pero sí entretida….

David, ahora que se acerca o bo tempo e todos soñamos con viaxar, dinos ónde facelo por Galicia…

Sen dúbida , Miño na Coruña. A miña familia ten unha casa alí e encántame. A súa Praia Grande é bandeira azul desde fai décadas, pero hai outras preciosas e menos coñecidas que merecen a pena dunha visita, como Perbes ou La Ribera. Ademáis, preto hai monumentos históricos preciosos, como o Castro de Loios, ou dous pontes medievais sobre os ríos Lambre e Vixoi, ou a Igrexa de San Xoán de Vilanova, que é todavía máis antiga que a Catedral de Santiago.

A praia Grande de Miño, de area branca e fina, está considerada unha das mellores de Galicia.

¿E da Ulloa?

A Peneda, en Monterroso. Ë unha praia fluvial que se construiu aproveitando unha antiga presa de canalización. É un paraxe natural precioso que se mellorou con moas (rodas) miradores, merenderos, canais, e muiños para que as familias poidan pasar un día moi agradable no campo e chapotear na auga.