Concurso libro de Receitas 25 aniversario

 

¿A cociña é a túa paixón?¿O ovo campero un dos teus ingredientes estrela? ¡Necesitámoste¡ e premiámoste.

Co motivo do 25 Aniversario de Pazo de Vilane editaremos un libro de receitas con ovos camperos na que a túa pode resultar elixida para ser publicada.

Mándanos a túa mellor creación culinaria e forma parte desta publicación aniversario Pazo de Vilane.

¿Como? 

  • Publicando a túa receita co #25AniversarioPazodeVilane nas túas RRSS e etiquetando a Pazo de Vilane
  • Por correo electrónico a comunicacion@pazodevilane.com 

 Debes incluir: 

  • Unha descripción da elaboración do teu prato, ordenada nun “paso a paso”.
  • Polo menos 3 fotos da maior calidade posible do resultado final.

Os premios: 3 viaxes de fin de semana a Pazo de Vilane e unha clase de cociña profesional

Se o teu prato queda elixido como un dos tres mellores gañarás un viaxe a Pazo de Vilane con todos os gastos pagados (en Antas de Ulla, Lugo, o corazón de Galicia) e te aloxarás desde o 16 ata o 18 de xullo de 2021 nun maravilloso establecemento rural, A Parada das Bestas

Ao largo deses días, non só terás a oportunidade de visitar Pazo de Vilane e coñecer os nosos protocolos de traballo, pasear polas fincas do Pazo xunto as galiñas camperas; tamén recibirás unha clase de cociña galega profesional coa que enriquecerás o teu repertorio culinario e mellorarás as túas técnicas.

Ademáis, entre todos os participantes, sortearemos 10 compretos lotes de productos Pazo de Vilane.

¡Anímate e ponte a cociñar xa o teu mellor prato con ovos camperos para concursar!

¿Qué valoraremos?

Teremos en conta o sabor, a orixinalidade e boa execución, así como a presentación e a calidade das fotografías presentadas ao concurso. Valorarase a aparición da nosa caixa da galiniña nas fotografías.

Podes participar dentro destas tres categorías:

  1. Entrantes/Primeiros 
  2. Segundos 
  3. Sobremesa

Eso sí: ¡É imprescindible incluir o ovo campero como ingrediente!

Lembra: Envíanos a túa receita (con descripción e fotos) antes do 1 de xullo de 2021, a través das redes sociais (Facebook ou Instagram) ou mediante o correo electrónico: comunicacion@pazodevilane.com

Consulta aquí as bases legais: (BASES LEGAIS)