¿A cociña é a túa paixón?¿O ovo campero un dos teus ingredientes estrela? ¡Necesitámoste¡ e premiámoste.
Co motivo do 25 Aniversario de Pazo de Vilane editaremos un libro de receitas con ovos camperos na que a túa pode resultar elixida para ser publicada.
Mándanos a túa mellor creación culinaria e forma parte desta publicación aniversario Pazo de Vilane.
¿Como?
- Publicando a túa receita co #25AniversarioPazodeVilane nas túas RRSS e etiquetando a Pazo de Vilane
- Por correo electrónico a comunicacion@pazodevilane.com
Debes incluir:
- Unha descripción da elaboración do teu prato, ordenada nun “paso a paso”.
- Polo menos 3 fotos da maior calidade posible do resultado final.
Os premios: 3 viaxes de fin de semana a Pazo de Vilane e unha clase de cociña profesional
Se o teu prato queda elixido como un dos tres mellores gañarás un viaxe a Pazo de Vilane con todos os gastos pagados (en Antas de Ulla, Lugo, o corazón de Galicia) e te aloxarás desde o 16 ata o 18 de xullo de 2021 nun maravilloso establecemento rural, A Parada das Bestas.
Ao largo deses días, non só terás a oportunidade de visitar Pazo de Vilane e coñecer os nosos protocolos de traballo, pasear polas fincas do Pazo xunto as galiñas camperas; tamén recibirás unha clase de cociña galega profesional coa que enriquecerás o teu repertorio culinario e mellorarás as túas técnicas.
Ademáis, entre todos os participantes, sortearemos 10 compretos lotes de productos Pazo de Vilane.
¡Anímate e ponte a cociñar xa o teu mellor prato con ovos camperos para concursar!
¿Qué valoraremos?
Teremos en conta o sabor, a orixinalidade e boa execución, así como a presentación e a calidade das fotografías presentadas ao concurso. Valorarase a aparición da nosa caixa da galiniña nas fotografías.
Podes participar dentro destas tres categorías:
- Entrantes/Primeiros
- Segundos
- Sobremesa
Eso sí: ¡É imprescindible incluir o ovo campero como ingrediente!
Lembra: Envíanos a túa receita (con descripción e fotos) antes do 1 de xullo de 2021, a través das redes sociais (Facebook ou Instagram) ou mediante o correo electrónico: comunicacion@pazodevilane.com
Consulta aquí as bases legais: (BASES LEGAIS)