Cómo conservar ovos: todos os trucos para que te duren máis en bo estado.

Para evitar no teu fogar intoxicacións alimentarias ou problemas sanitarios é importante aprender a conservar ovos correctamente. E aínda que os ovos contan coa casca, toda unha barreira natural que os preserva de contaminacións, debes coñecer todos os trucos para o seu correcto manipulado e preservación. Deste xeito, alongarás o periodo de conservación dos teus ovos e poderás gozar do seu exquisito sabor durante máis tempo con maior seguridade.

Descobre con Pazo de Vilane cánto dura un ovo e cómo mantelo máis tempo en perfecto estado.

Canto dura o ovo a temperatura ambiente?

O primeiro que debes ter en conta se falamos da conservación dos ovos é a súa data de consumo preferente, que é de 28 días desde a súa posta. Durante este tempo, un ovo que xa foi manipulado, almacenado e/ou cociñado de forma hixiénica non constitúe ningún risco de intoxicación. Explicámoste aquí todas as precaucións que debes seguir para manter a raia a salmonela, esta bacteria cuasante da salmonelosis.

Tendo isto en conta, aplica tres trucos fundamentais:

  • Trata de comprar os teus ovos camperos coa data de posta máis reciente, ou o que é o mesmo, coa data de consumo preferente máis lonxe. Fíxate ben no lineal do teu comercio. En Pazo de Vilane, debido aos nosos métodos sostibles e produción limitada, non acumulamos stocks e sacamos ao mercado todos os nosos ovos a medida que os producimos. Por iso, o habitual é que poidas atopalos nos comercios con só 2 ou 3 días de posta.

  • Aínda que os ovos se conservan ben a temperatura ambiente , durante os primeiros días non dubides en metelos no frigorífico en canto chegues a casa. Con este sinxelo xesto (conservalos en frío) correrás menos riscos e durarán máis tempo.

  • Por suposto, non ta xogues e desfaite enseguida de calquer ovo coa casca rota ou lixeiramente quebrada. A casca é a mellor barreira de protección natural , polo que si ésta se derrumbou, calquer bacteria ou patóxeno pode penetrar ao interior.

Está comprobado que as altas temperaturas e os periodos prolongados de almacenamiento multiplican as posibilidades de que se xeneren ambientes propicios para que se desenrolen microorganismos patóxenos causantes de enfermidades intestinais e intoxicacións alimentarias. Ademáis, tanto o sabor como a textura e o aroma do ovo poden verse afectados.

Según un estudio levado a cabo pola Universidade Estatal Amazónica de Ecuador, os tempos de conservación óptimos para o ovo da galiña campera están entre 0 e 10 días a temperatura ambiente.

Por iso, se non tes opción de conservación en frío, garda os teus ovos nun lugar máis fresco posible (alexados da luz e de fontes de calor) e consúmeos canto antes.

Canto dura un ovo na neveira?

Nun estudo sobre a conservación de ovos en buques de alta mar especifícase que a temperatura de refrixeración adecuada para os ovos debe ser entre 2 e 5 º C. Ademais, aclaran que o período de tempo óptimo de consumo ten lugar durante 15 días.

Na AECOSAN (Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Nutrición) advirten que é importante que os ovos non sufran cambios bruscos de temperatura. Por este motivo, os ovos no supermercado non están na zona de refrixerados xa que ao saír ao exterior o contraste térmico podería afectarlles en maior medida que estando fóra da neveira no devandito establecemento. 

Por iso é fundamental que , unha vez chegues a casa, os gardes na túa neveira e non os saques máis que para cociñalos e comelos.

Igualmente non é aconsellable almacenar os ovos na porta da neveira porque alí sufrirán máis os cambios de temperatura. Polo contrario, o ideal é colocalos nun dos estantes interiores do frigorífico. Ademáis, desde Pazo de Vilane recomendamos aproveitar a nosa caixa para (dentro do frigorífico) conservalos a unha temperatura aínda máis estable.

Canto dura un ovo cocido na neveira?

Existen falsos mitos respeto ao ovos cocidos e unha suposta maior conservación no tempo. Seguro que en moitas ocasións preguntácheste cánto aguanta un ovo cocido na neveira. A duda é probable que xurda se escoitaches que o ovo cocido ten menos vida útil que o ovo fresco.

Posi así é , non é certo que un ovo cocido dure máis que un crú. Según a FDA estadounidense (USA Food & Drug Administration)  débese consumir un ovo duro ou cocido, ben sexa coa súa casca ou pelado, durante a semana seguinte á súa coción.

Polo tanto é falsa a creencia de que para conservar ovos máis tempo é mellor cocelos.

Todos os nosos consellos para conservar ovos correctamente

A continuación repasamos e presentámoste a modo de lista os mellores trucos para preservar os ovos correctamente:

  • Mentres manipulamos os ovos é importante manter en todo momento as condicións óptimas de hixiene
  • Non laves ou limpes os ovos. Se o fas danarás a barreira protectora da súa casca e as bacterias poden penetrar no seu interior
  • Almacena os ovos nun estante do interior da neveira
  • Revisa a data de consumo preferente antes de empregalos
  • Saca os ovos da neveira xusto antes de usalos
  • Os ovos cocidos pelados aguantan un día na neveira, se manteñen a casca durarán unha semana
  • Cociña as receitas con ovo correctamente, ata que a xema e a clara estean calladas.

Segue sempre estas indicacións, pero especialmente en verán.

A continuación, Nuria, xerente de Pazo de Vilane, e toda unha experta en ovos camperos, explícate neste video todos os trucos para conservar os ovos na casa.

Agora xa sabes cómo almacenar e manipular os ovos de forma segura, é o momento de que compres os nosos ovos camperos nas principais cadeas de distribución e nos ensines qué receitas vas a preparar con eles.

Agora que xa sabes como almacenar e manipular os ovos de forma segura, é o momento de que compres os nosos ovos campeiros nas principais cadeas de distribución https://pazodevilane.com/gl/tendas// e que nos ensines que receitas vas elaborar con eles.