Basi, capataz de Pazo de Vilane, o “namorado” das galiñas

Descubre el trabajo de quienes forman la familia Pazo de Vilane. Conoce hoy a Basi y su labor como "guardián" del bienestar de nuestras gallinas.

Basi Valladares descubriu a súa gran paixón -a crianza de galiñas camperas- sendo moi novo, no curral da súa avoa. Pronto se sentiu atraído por este mundo: a crianza, a alimentación, a posta de ovos camperos… Ata o incubado de polos! Non nos estraña, por iso, que co correr dos anos sexa capataz de Pazo de Vilane, un posto ao que parecía estar destinado e no que nunca se aburre, porque “os meus días de traballo sempre son distintos”.

Basi, de verdade gozas tanto coordinando a produción dunha empresa de ovos camperos? 

Desde logo, porque en Pazo de Vilane sempre hai algo que facer. O meu traballo consiste en coordinar a todos os coidadores que velan polo benestar das nosas galiñas camperas. Como temos varias granxas repartidas polas distintas leiras do Pazo, visito todas prácticamente a diario. En cada unha reviso se se cumpriron os protocolos, como están as galiñas, a súa alimentación nas últimas vintecatro horas, a temperatura das granxas… Mil e un detalles.

É dicir, segues uns protocolos preestablecidos… 

Si, claro. É necesario para que non se escape nada. Pero, aínda que un día típico ten unha planificación inicial, logo sempre xorden imprevistos. Por iso a miña xornada é moi amena, pásaseme o día voando! 

Un día visítanos un técnico, que ven arranxar algo, noutra ocasión, recibimos a un proveedor, ou planificamos os detalles dalgunha granxa nova. Ademáis, case todos os días achégome ao almacén, coordino a saída dos ovos e, como non, observo as galiñas. Paso moito tempo mirándoas detidamente e fixándome nos seus comportamentos, miradas, cacarexos…

¿De verdade?

Por suposto, é unha parte fundamental do noso traballo. Aínda que cada granxa ten os seus coidadores asignados (debe ser así, porque as galiñas chegan a coñecelos e así están máis tranquilas, con moito menos tensións) tento determe na observación, porque a todos –de tanto ver o mesmo todos os días- escápansenos detalles.

Basi, o “namorado” das galiñas

Todo o equipo ten claro que traballamos unidos para detectar calquera comportamento ou sinal que a outro lle pasou inadvertido e que, ou ben debemos comunicar ao veterinario, ou ben se corrixe cunha pequena intervención.

Póñoche algún exemplo: un grupo de pollitas que non está a coller peso, algunha pelexa entre un grupo de galiñas, un cacarexo que indica nerviosismo, medo, dor… Apaixónanme as galiñas e a súa crianza, por iso cada día aprendo e gozo unha barbaridade no meu traballo.

E como comezou a túa afección? 

Desde neno xogaba coas galiñas da miña avoa, no seu curral. Cando crecín, xa de xoven, ela mesma regaloume un galo e unha galiña, cos que empecei a criar. E últimamente ata me comprei unha pequena incubadora e estou a probar en casa con ovos de distintas razas. É interesantísimo ver nacer os polliños! Quero ampliar máis adiante…

Pitiños

Ou sexa, que os teus días de lecer non se distinguen moito a de os de traballo…

 (Ri) Home, fago máis cousas que estar con galiñas… Pero é certo que o que me gusta ten que ver coa natureza: ir ao campo, de excursión, viaxar… Por iso encántame o meu traballo, porque non paro quieto, paso moito tempo ao aire libre e estou en contacto con animais.

Cando non traballo intento practicar deporte: fútbol, tenis, correr,…

É dicir, que es activo por natureza…

Pero tamén son de plans tranquilos. Sen ir máis lonxe, encántame estar coa miña cadeliña, Laika, cos meus poliños e coas miñas plantas…. A veces tamén leo algún libro (son de clásicos, o meu título favorito é Viaxe ao Centro da Terra de Julio Verne). E aínda que non vexo moito a tele, se tivera que recomendar algunha serie, sería Peaky Blinders. En canto a pelis, quédome con Apocalypto, de Mel Gibson.

Laika,

¿Non te importa pasar unha tarde en casa, con unha boa cea…?

¡Claro’ Co meu prato preferido: ovo a plancha, coa xema moi feita e a clara no seu punto…

Por que as nosas galiñas son “tan simpáticas”? 

Boa pregunta! As nosas son da estirpe Lohman, o que explica moitas cousas: son boas poñedeiras, resistentes, fortes… Pero a súa docilidade e bo carácter explícase porque están afeitas a convivir moito tempo, todos os días, co coidador, co granxeiro. Por iso calquera pode collelas en brazos e nin se asustan nin son agresivas.

Tes familia? Que recunchos de Galicia gústache visitar con eles? 

Si, vivo coa miña muller en Monterroso, moi preto do Pazo. Da comarca da Ulloa alucino todos os días co Monte Farelo. Desde Pazo de Vilane hai unha vista incrible do atardecer con este monte recortado no horizonte. Impresionante! Recomendo a calquera que o visite; atópase entre Antas de Ulla (Lugo) e A Golada (Pontevedra). É un lugar misterioso… máxico, diría eu, porque conserva moitos petróglifos, ou sexa, gravados en pedra ao aire libre que fixeron os homes prehistóricos. Ademáis, hai un miradoiro cunhas vistas espectaculares.

Outro dos meus lugares favoritos son as fervenzas do Río Barosa. No verán é un sitio precioso para darse un mergullo e pasar un día de descanso.”

Monte Farelo

Que é o que máis che gusta do Pazo? 

Que contamos o que facemos: aquí non hai nin trampa nin cartón. E que fundamentalmente nos dedicamos a coidar as nosas galiñas o mellor que sabemos, tentando –ademáis- mellorar día a día.

Pódes imaxinar que como bo namorado das galiñas, o seu benestar é para min fundamental. E en Pazo de Vilane o benestar animal é unha auténtica prioridade.. 

E que mellorarías?

A comunicación. E iso que temos bastante, pero nunca é suficiente. Canto máis falemos entre nós, e máis transparencia teñamos cos nosos clientes, mellor.  

Como te ves dentro de cinco anos? 

Gustaríame ser un gran experto en avicultura; un profesional que saiba moitísimo de galiñas… Non o nego, son a miña paixón!