A agricultura ecolóxica: o camiño para o coidado do medio ambiente

En Pazo de Vilane mantemos un empeño firme por coidar o medio que nos permite desenvolver o noso proxecto de emprendemento na contorna rural, o que nos leva a apostar pola agricultura ecolóxica como forma idónea de conservar a natureza. Este sistema de cultivo cuxa máxima é o respecto pola Terra, non deixa de avanzar no relativo á demanda dos consumidores, quen apostan por produtos respectuosos co medio ambiente e coa súa propia saúde.

Máxima calidade

Son varios os obxectivos que persegue a agricultura ecolóxica e que se unen fundamentalmente en dous grandes bloques. En primeiro lugar, figura o respecto polo medio ambiente. A agricultura ecolóxica válese dos recursos naturais para producir colleitas sen interferir na fertilidade do chan nin no hábitat que rodea os cultivos. O control de pragas e enfermidades que poida sufrir a vexetación leva a cabo empregando produtos pouco agresivos co resto do medio e evitando a química como solución á supervivencia das colleitas.

En segundo lugar, a agricultura ecolóxica ten como misión ofrecer produtos de máxima calidade. A carencia de acelerantes, pesticidas ou ingredientes químicos no proceso de cultivo e crecemento das plantas axuda a conservar o sabor orixinal dos ingredientes.

En definitiva, trátase de botar a mirada atrás e recuperar os métodos de cultivo dos nosos antepasados, que respectaban os tempos e condicións da terra para conseguir unha produción agrícola de máxima calidade e respectuosa coa contorna que a produce.

Ritmo de vida acelerado

O obxectivo das empresas por incrementar o rendemento das súas producións transcorreu durante moitos anos á vez do acelerado ritmo de vida que foi adoptando a sociedade. Como consecuencia, converteuse en tónica habitual entre os agricultores o excesivo uso de produtos químicos que ofrecesen maiores e máis rápidas colleitas. Con todo, nos últimos tempos, foron moitas as voces que apostaron por unha volta ao pasado e unha recuperación da agricultura ecolóxica como método perfecto para avanzar en calidade e sustentabilidade.

Neste sentido, na actualidade crece a defensa dos produtores locais, de modo que a sociedade comezou a tomar conciencia da orixe do que consome e a colaborar cos pequenos agricultores.

Enfoque sustentable

A agricultura ecolóxica permite aumentar o respecto polo medio ambiente á vez que se obteñen produtos de máxima calidade. Por iso, en Pazo de  Vilane apostamos polos cultivos que manteñan os sabores orixinais.

En Pazo de Vilane somos firmes defensores destes principios. As nosas terras de cultivo están rodeadas de bosques autóctonos repletos de especies que axudan a manter a diversidade na comarca da Ulloa. Queremos que isto siga sendo así e, por iso, rexeitamos os produtos químicos nos nosos cultivos. Ademais de axudarnos a conservar a terra que rodea as nosas instalacións, a contorna agradécenolo converténdose no noso mellor aliado para o coidado das nosas galiñas en liberdade. Aproveitamos os recursos endóxenos para manter un enfoque sustentable. Por exemplo, utilizamos o abono xerado polas nosas galiñas para os cultivos ecolóxicos.

Marmeladas artesanais

Proba da nosa defensa dos valores ecolóxicos é a nosa liña de marmeladas artesanais. Eliximos a framboesa e o arando, que cultivamos nas nosas leiras da comarca para avanzar na nosa aposta polo mantemento e riqueza da nosa contorna. Colleitamos o froito no punto xusto de maduración que a propia luz do sol lle outorga ás plantas. As marmeladas extra de arandos e framboesa elabóranse cun 70 por cento de froita.