O PAZO DE VILANE

UNHA EMPRESA FAMILIAR DESENVOLVIDA NO MEDIO RURAL GALEGO

O proxecto Pazo de Vilane renaceu nos anos 90 coa premisa de devolver a vida ao pazo familiar. O noso soño era desenvolver un proxecto sustentable e innovador na contorna rural que producira produtos de forma coidada e con carácter artesanal.

Cunha visión próxima ao ser humano e á natureza, erguémonos cada día, pensando nun lenzo en branco que pintamos con toda a nosa ilusión, traballo e esforzo.

E é que o noso proxecto non acaba aquí, nunca acaba, por iso te convidamos a que nos coñezas e nos axudes a pintar cada día os diferentes trazos da nosa historia.

ESTA É A HISTORIA DE PAZO DE VILANE

A nosa historia é diferente. Dende o comezo fomos contracorrente sabendo que o futuro estaba novamente no agro. Comezamos a nosa actividade coa misión de devolverlle ao pazo familiar a súa razón de ser despois de 300 anos de historia e 20 anos de abandono, pois entendiamos que debía volver a ser unha unidade de produción agrícola e un centro de arraigamento social e cultural.

ESTES SON OS PRINCIPIOS QUE REXEN O NOSO PROXECTO


  • Produtos de alta calidade baixo o paraugas dunha marca propia.

  • Respecto da contorna e o medio ambiente.

  • Viabilidade do proxecto dende o punto de vista do territorio.

  • Recuperación do patrimonio histórico e familiar.

  • Coidado pola vida e o benestar dos animais.

  • Aposta polo emprego no medio rural.

  • Procesos de traballo e produción sustentables e de carácter artesanal.

  • Precursores do agro e a economía agraria como proxecto de futuro.

  • Fomento da cultura e a arte.

Onde mercar

O inconfundible sabor dos ovos campeiros, a explosión das framboesas das nosas marmeladas ecolóxicas e o resto de produtos de Pazo de Vilane están dispoñibles en moitos establecementos próximos a ti.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR