fbpx

O verán na Ulloa comeza co San Xoán

Na comarca da Ulloa inauguramos o verán ca celebración do San Xoán. E si, non temos praias nas que saltar cacharelas pero a noite de San Xoán celébrase tamén na Galicia interior. De feito, Vilane pertence á parroquia de San Xoán de Antas que estes días celebra as súas festas patronais.

O verán na Ulloa comeza co San Xoán

sanxoan_antasdeulla

Igrexa de San Xoán de Antas de Ulla

Na comarca da Ulloa inauguramos o verán ca celebración do San Xoán. E si, non temos praias nas que saltar cacharelas pero a noite de San Xoán celébrase tamén na Galicia interior. De feito, Vilane pertence á parroquia de San Xoán de Antas que estes días celebra as súas festas patronais.

A tradición galega di que a noite do 23 de xuño os veciños se xuntan na praza do pobo para cantar e bailar ata o mencer. A esa hora, algúns recollen herbas e auga do rocío que mesturan e embotellan para usar durante o ano para curar doenzas ou protexerse do mal de ollo, entre outros males.

A lenda do Castelo de Sirgal

Nunha revista editada polos alumnos do IES Monterroso, descubrimos unha lenda da Ulloa sobre o misterioso Castelo de Sirgal (Monterroso). Nun sepulcro do antigo cemiterio, na lousa de granito que o cubría acumulábase a auga da choiva de todo o ano coa que os veciños se lavaban na noite máxica de San Xoán.

O verán en Pazo de Vilane

Estado actual da palleira

Estado actual da palleira

Despois de celebrar San Xoán, a semana que vén comezan as obras na palleira do pazo. No blog e nas redes sociais, daremos conta da evolución e do resultado final.

A poucos metros do pazo, aproveitamos este tempo para cambiar parte das galiñas de galiñeiro e facer labores de limpeza e reparación de utensilios.

Por último, estamos a poucos días de recoller arándos e grosellas. Teremos que agardar ao mes de agosto para que as framboesas estean no momento perfecto para a súa recollida.

< Volver

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies