Deliciosa, fácil, económica e rápida. Esta hamburguesa con ovo frito ten todas as papeletas posibles para converterse nun prato completo co que todos os membros da familia- grandes e pequenos-acaban chupándose os dedos.
Ademáis, cada un pode adaptala ao seu gusto: con ou sen mostaza, con tomate kétchup ou sen él, com máis ou menos verduras…
Agora ben, o que nunca pode faltar nesta hamburguesa é un bo ovo campero frito, coa súa xema fundinte, alaranxada e apetitosa , coroando o prato.
Deixa ao carón os bos modais na mesa…¡E dálle unha boa dentada¡
- Elixe o mellor ovo campero posible. Moi fresco e de galiñas alimentadas cos mellores cereais e pastos frescos todo o ano (como as de Pazo de Vilane).
- Frite o ovo con AOVE a moi alta temperatura, durante 30 segundos aproximadamente, e non o movas nin lle botes aceite por riba. A puntilla sairache perfecta.
- Antes de facer a carne, déixaa temperar fóra da neveira unhas 3 ou 4 horas.
- ¿Gústache a carne pouco feita? Faina a boa temperatura, cun pelín de aceite e márcaa por ámbolos lados. Se a prefires bastante feita, procede igual, pero a continuación reduce a lume medio e tápaa, para que se cociñe por dentro.
- A ceboliña debe ser moi fresca. Córtaa o máis fina que poidas, case transparente, cun coitelo afilado, ou mellor cunha mandolina.
Ingredientes
- 400 gr. de tenreira picada
- 4 pans multicereais naturais
- 4 culleradas de mostaza de Dijon ou en gran.
- 5 ovos camperos Pazo de Vilane
- 1 chorriño de aceite de oliva
- 1 chorriño de aceite de xirasol
- 1 dente de allo
- O zume de ½ limón
- 1 puñadiño de rúcula, canónigos, brotes tenros
- 1 tomate de tamaño grande
- 1 ceboliña
- 4 lonchas de pepinillo agridulce
- 4 lonchas de xamón ou de bacon/touciño
- Sal
Elaboración
- Forma as hamburguesas coa carne de tenreira picada e un chisco de sal (ou pide ao carniceiro que chas prepare).
- Fainas nunha tixola con lume máis ou menos forte (segundo o teu gusto). Reserva tapadas.
- Mentres se fan, corta en toros o tomate e moi finamente a ceboliña. Retira a un prato xunto cos brotes (rúcula, canónigos…).
- Marca os liscos de touciño ou xamón. Aparta.
- A continuación, a lume lento, tosta nesa mesma tixola os pans, para que recollan todos os xugos.
- Monta a maionesa (sen mover o brazo da batedora) cun ovo campero, un chisco de sal, o zume de medio limón, a metade dun dente de allo picado moi fino e un fío de aceite de xirasol.
- Por último, a lume máis forte, con abundante aceite de oliva ben quente, frite os ovos un a un.
- Monta cada hamburguesa : unta o interior dos pans coa mostaza e a maionesa picante. Sobre o pan de base, coloca un puñado de brotes, daquela a carne, o lisco de touciño ou xamón, o tomate, o pepinillo e por último o ovo frito.