Letras Galegas 2018, adicado a María Victoria Moreno Márquez

O Día das Letras galegas 2018 está adicado á escritora María Victoria Moreno Márquez (Valencia de Alcántara, Cáceres, 1939 – Pontevedra, 2005).

Extremeña de nacemento, chegou a Galicia con 22 anos para traballar como mestra. Destacou no eido da literatura infantil e xuvenil. Sobre Galicia e o seu idioma dicía: “A miña relación con Galicia e a miña opción pola súa lingua é simplemente unha historia de amor”. O seu primeiro libro en galego é Mar adiante (Edicións do Castro, 1973).

Anagnórise (Galaxia, 1989) está considerado un dos maiores éxitos da literatura xuvenil da nosa lingua. Aínda que o seu libro preferido era Leonardo e os fontaneiros (Galaxia, 1986). En Pazo de Vilane quedámonos, como é lóxico, co libro O Cataventos reeditado recentemente por Urco Editora.

Por culpa do fachendoso galo Don Pío, as galiñas e os paxariños son as únicas criaturas que non poden vivir en liberdade na aldea. A envexa e a ambición levarano á soidade máis absoluta. Por esta narración María Victoria Moreno gañou o premio de contos infantís O Facho en 1975.

< Volver

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR