Un conto inquietante… creado coa caixa de ovo campeiro

Imos presentarvos unha idea moi traballada. Unha historia desas que deixan pegada. Cunha introdución que deixa coa boca aberta, un nó que engancha e un desenlace do máis sorprendente. Listos?

Hai uns meses recibimos a idea de Laura para reutilizar a caixa de ovos campeiros de Pazo de Vilane con motivo da sexta edición do noso concurso 1 idea, 1 árbore. Como ben sabedes, a finalidade desta acción é dobre: por unha banda, axudar a concienciar sobre a importancia da reutilización e, polo outro, contribuír a reforestar a Ulloa.

Nesta comarca do interior de Galicia, no concello de Antas de Ulla, atópase Pazo de Vilane. Unha das propostas que levamos adiante cada ano é a de plantar unha árbore dunha especie autóctona por cada unha das ideas que recibimos neste concurso. Así, axudamos a manter a biodiversidade do bosque galego e tamén facemos que a contorna natural das nosas galiñas sexa mellor.

A idea de  Lien para darlle unha nova vida á caixa da galiña conquistounos e non hai nada mellor que vexades vós mesmos en que consistiu:

Que vos pareceu? Fantástico, verdade? Non podemos máis que darlle os parabéns por esta idea tan orixinal. Grazas á transformación da caixa nun autobús para os poliños conséguese unha nova vida que chegará lonxe. Os pasos para seguir son, basicamente, decorar a caixa poñéndoa de pé e encostándolle unhas rodas de cartón que podes realizar co interior da caixa de Pazo de Vilane para pegar despois con pegamento común. Os tons elixidos para a carrocería, neste caso, son verdes. Coas pinturas e un  rotulador de punta non moi fina en negro para elaborar os detalles de xanelas, portas e demais, teriamos o noso particular autobús para poliños listo.

1 idea, 1 árbore

Podes consultar todas as ideas que recibimos nas edicións anteriores do concurso 1 idea, 1 árbore de Pazo de  Vilane aquí: 2014, 2015 , 2016 , 2017 e 2018.