Imos presentarvos unha idea moi traballada. Unha historia desas que deixan pegada. Cunha introdución que deixa coa boca aberta, un nó que engancha e un desenlace do máis sorprendente. Listos?
Hai uns meses recibimos a idea de Laura para reutilizar a caixa de ovos campeiros de Pazo de Vilane con motivo da sexta edición do noso concurso 1 idea, 1 árbore. Como ben sabedes, a finalidade desta acción é dobre: por unha banda, axudar a concienciar sobre a importancia da reutilización e, polo outro, contribuír a reforestar a Ulloa.
Nesta comarca do interior de Galicia, no concello de Antas de Ulla, atópase Pazo de Vilane. Unha das propostas que levamos adiante cada ano é a de plantar unha árbore dunha especie autóctona por cada unha das ideas que recibimos neste concurso. Así, axudamos a manter a biodiversidade do bosque galego e tamén facemos que a contorna natural das nosas galiñas sexa mellor.
A idea de Lien para darlle unha nova vida á caixa da galiña conquistounos e non hai nada mellor que vexades vós mesmos en que consistiu:
Que vos pareceu? Fantástico, verdade? Non podemos máis que darlle os parabéns por esta idea tan orixinal. Grazas á transformación da caixa nun autobús para os poliños conséguese unha nova vida que chegará lonxe. Os pasos para seguir son, basicamente, decorar a caixa poñéndoa de pé e encostándolle unhas rodas de cartón que podes realizar co interior da caixa de Pazo de Vilane para pegar despois con pegamento común. Os tons elixidos para a carrocería, neste caso, son verdes. Coas pinturas e un rotulador de punta non moi fina en negro para elaborar os detalles de xanelas, portas e demais, teriamos o noso particular autobús para poliños listo.
1 idea, 1 árbore
Podes consultar todas as ideas que recibimos nas edicións anteriores do concurso 1 idea, 1 árbore de Pazo de Vilane aquí: 2014, 2015 , 2016 , 2017 e 2018.