O verán na Ulloa comeza co San Xoán
[/av_textblock] [av_hr class=’invisible’ height=’15’ shadow=’no-shadow’ position=’center’ custom_border=’av-border-thin’ custom_width=’50px’ custom_border_color=” custom_margin_top=’30px’ custom_margin_bottom=’30px’ icon_select=’yes’ custom_icon_color=” icon=’ue808′ font=’entypo-fontello’ custom_class=”] [av_image src=’https://pazodevilane.com/wp-content/uploads/2016/06/sanxoan.jpg’ attachment=’2283′ attachment_size=’full’ align=’center’ styling=” hover=” link=” target=” caption=” font_size=” appearance=” overlay_opacity=’0.4′ overlay_color=’#000000′ overlay_text_color=’#ffffff’ animation=’no-animation’ custom_class=”][/av_image] [av_textblock size=” font_color=” color=” custom_class=”]Igrexa de San Xoán de Antas de Ulla
Na comarca da Ulloa inauguramos o verán ca celebración do San Xoán. E si, non temos praias nas que saltar cacharelas pero a noite de San Xoán celébrase tamén na Galicia interior. De feito, Vilane pertence á parroquia de San Xoán de Antas que estes días celebra as súas festas patronais. A tradición galega di que a noite do 23 de xuño os veciños se xuntan na praza do pobo para cantar e bailar ata o mencer. A esa hora, algúns recollen herbas e auga do rocío que mesturan e embotellan para usar durante o ano para curar doenzas ou protexerse do mal de ollo, entre outros males. [/av_textblock] [av_hr class=’invisible’ height=’15’ shadow=’no-shadow’ position=’center’ custom_border=’av-border-thin’ custom_width=’50px’ custom_border_color=” custom_margin_top=’30px’ custom_margin_bottom=’30px’ icon_select=’yes’ custom_icon_color=” icon=’ue808′ font=’entypo-fontello’ custom_class=”] [av_textblock size=” font_color=” color=” custom_class=”]A lenda do Castelo de Sirgal
Nunha revista editada polos alumnos do IES Monterroso, descubrimos unha lenda da Ulloa sobre o misterioso Castelo de Sirgal (Monterroso). Nun sepulcro do antigo cemiterio, na lousa de granito que o cubría acumulábase a auga da choiva de todo o ano coa que os veciños se lavaban na noite máxica de San Xoán. [/av_textblock] [av_hr class=’invisible’ height=’15’ shadow=’no-shadow’ position=’center’ custom_border=’av-border-thin’ custom_width=’50px’ custom_border_color=” custom_margin_top=’30px’ custom_margin_bottom=’30px’ icon_select=’yes’ custom_icon_color=” icon=’ue808′ font=’entypo-fontello’ custom_class=”] [av_textblock size=” font_color=” color=” custom_class=”]O verán en Pazo de Vilane
Estado actual da palleira
Despois de celebrar San Xoán, a semana que vén comezan as obras na palleira do pazo. No blog e nas redes sociais, daremos conta da evolución e do resultado final. A poucos metros do pazo, aproveitamos este tempo para cambiar parte das galiñas de galiñeiro e facer labores de limpeza e reparación de utensilios. Por último, estamos a poucos días de recoller arándos e grosellas. Teremos que agardar ao mes de agosto para que as framboesas estean no momento perfecto para a súa recollida. [/av_textblock]