Regalar Galicia

Para este Nadal, creamos unha cesta de produtos elaborados de forma artesanal, con agarimo e dedicación e todos eles, procedentes de produtores galegos. “En Galicia temos produtos de gran calidade, que se elaboran coas mellores materias primas, respectando o medio ambiente e xerando emprego no rural. Estamos felices de regalar produtos de Galicia e apoiar a produtores galegos”, sostén Nuria. Exquisitas galletas mariñeiras de Daveiga unha solución antiquísima dos mariñeiros para conservar o pan nas longas travesías oceánicas de maneira natural, para acompañar con queixos de Cortes de Muar, elaborados de maneira artesanal, en producións limitadas, co leite de vacas que pastan libremente nos prados da zona; chourizos artesáns de Casa Castelao, empresa de carácter familiar situada no alto da montaña lucense na Fonsagrada;  un paté de pementos e cogomelos, elaborado a man, mantendo os seus aromas, propiedades e sabores de  Terra de Baroncelli ou mexillóns e berberechos de Cabo de Peñas. Para acompañar este aperitivo que mellor que unha sidra ecolóxica Maeloc, elaborada con mazás 100% galegas ou un viño creado con uvas autóctonas de Ponte da Boga . Á hora de endulzar o Nadal, galletas, turróns e chocolates de Fina Rei e Chocomiño e infusións de Orballo ou un café ecolóxico de Candelas para manter o corpo quente nestes días de frío. Ademais, a cesta inclúe xabóns de Naturavia, elaborados cos ingredientes que a natureza e a nosa contorna ofrecen: aceite de oliva ou rosa de mosqueta, extractos de plantas dos nosos bosques galegos, como o romeu, a menta ou a lavanda; e aceites terapéuticos de Milhulloa, unha empresa situada na Comarca da Ulloa que produce plantas aromáticas e medicinais.

Regalar artesanía de Galicia

Nese sentido, Piedad cóntanos que a iniciativa de Regalar Galicia tamén se traslada a todas as persoas que elixen os ovos campeiros e as marmeladas artesanais Pazo de Vilane. “Este ano convidamos os nosos clientes a regalar un pack de marmeladas artesanais de framboesa e arando que inclúe a edición limitada dun tarro de louza branca creado a man pola firma de artesanía galega Mi madre no me deja. A peza, realizada a man, pintada e decorada en tons brancos e dourado coa emblemática galiña de Pazo de Vilane é unha edición limitada que só se pode adquirir a través do correo electrónico comunicacion@pazodevilane.com.