A xornada de Rafa-irmán de Basi, o noso capataz-comeza ben cedo nas granxas de Pazo de Vilane, cando entra nos galiñeiros para facer a primeira revisión xeral do día.
O seu labor parécese á dun detective: comproba a temperatura, a humidade relativa, os niveis dos comedeiros… Calquer anomalía faille poñerse en garda: ¿Falta moita auga nos bebedoiros? Entón é que as galiñas comeron pouco e debe pescudar por que.
Rafa, ¿cánto tempo levas en Pazo de Vilane?
Dentro de pouco cumplirei dous anos. Coñecín o Pazo a través de Basi, o meu irmán máis pequeno.
¿Gústache o teu traballo nas granxas?
Moito; gústame estar entre animais e cuidalos. Aínda teño que aprender de galiñas camperas- de feito, fágoo todos os días- pero xa distingo ben os seus distintos cacarexos, porque coñecelos é fundamental para o noso traballo. O cacarexo óptimo dunha galiña, o que sempre debemos procurar cos nosos coidados, aseméllase ao ronroneo dun gato. Xa sabes, un ruido constante, suave e monocorde ¡Tranquilo, en definitiva.¡
E dicir, que se pasa algo, elas te avisan…
Desde logo, pero hai que ter experiencia e pasar tempo con elas para detectalo. Pódese chegar a distinguir un cacarexo de dor, de nerviosismo, de medo, ata de enfermidade.
¡Casi como cando cuidas a un neno!
Xusto. Porque ás veces tamén hai que separalas como aos nenos nos recreos (rí). No Pazo estamos tan encima das galiñas que sabemos cando algunhas están a ter problemas cos seus conxéneres e cómo evitalos. Así, temos zonas especiais, coutadas, nos galiñeiros, onde refuxiamos as máis débiles- ata que collen máis peso, por exemplo. Ou as máis submisas, aquelas as que picotean as dominantes.
Tampouco permitimos que as máis novas e medosas se amontonen nas súas horas de descanso, cando non están fora, pastando. As dominantes tenden a escoller os mellores sitios, coller máis comida, etc..¡Son abusonas¡ (Rí)
¿E isto é habitual?
Estos comportamentos son normais, instintivos, en lotes de poliñas novas, onde todavía se están establecendo as relacións de xerarquía.
Pero non os permitimos polo seu propio ben. Por iso observamos e resgardamos ás débiles ; recupéranse pronto, as reincorporamos e volven a estar felices.
Desde logo, chegades a coñecelas a fondo…
¡E tanto¡ Incluso polo aspecto dos ovos que poñen. E aínda que o maior control de calidade neste sentido o realiza o Departamento de Envasado, nós fixámonos moito porque nos “fala” de cómo está a galiña por dentro. Cando facemos a recollida diaria buscamos detalles para detectar posibles problemas: aspecto rugoso, ou demasiado blanquecino, por exemplo. Pero sempre dentro do seu contexto.
Explícanos mellor esto último…
Pois que buscamos parámetros que se salgan do normal dentro da idade das galiñas. É dícir, que as novas poñen ovos pequenos e de cáscaras máis fortes e as maiores, máis grandes e fráxiles (aínda que ambos sexan de boa calidade) Buscamos defectos que suxiran un problema; non o habitual producto de envelecemento da ave.
A moita xente lle chama á atención o mansas que son as nosas galiñas. Podemos incluso collelas sen problemas….
Efectivamente, iso dí moito de cómo están coidadas. Son moi mansas e tranquilas porque non lles falta ningún nutriente (á parte de porque están afeitas ao trato humano) Asegúrote que non terían ese comportamento se lles faltasen proteínas, calcio, hidratos ou algún aminoácido…
¿Recomendarías os nosos ovos?
Por suposto, porque todo o equipo de Granxas de Pazo de Vilane prima a calidade frente a cantidade. E a calidade é a mellor posible porque o coidado é artesanal. O que facemos é sen trampa nen cartón.
¿E cómo os prefires, en qué pratos?
Tamén ahí o teño claro: en arroz á cubana e no flan de ovo caseiro.
Rafa, non paramos de falar sobre galiñas e ovos camperos… ¡Fálanos de ti e das túas aficións!
¡Claro! Antes da pandemia encantábame practicar deporte. ¡Calquera! Fútbol, ciclismo, o que fora. Son moi activo. Tamén me gustan moito os animais. Na casa sempre tivemos galiñas e incluso os meus avós tiñan vacas fai tempo. Como son solteiro e vivo solo, gran parte do meu tempo libre o pasaba cos meus amigos. Pero agora non quedo con eles por temor aos contaxios, Temos a responsabilidade de coidar de Pazo de Vilane, de ahí que fagamos grupos burbulla, no traballo e fora del.
¿Cómo te gustaría vernos dentro de 5 anos?
Pois coa estabilidade e tranquilidade de seguir traballando aquí. Que Pazo de Vilane siga adiante, sendo a gran familia e empresa que é hoxe en día. ¡Pero aínda máis desenvolvida¡
¿Te ha interesado esta noticia? ¡Suscríbete a nuestro boletín y recibirás gratis un libro digital!