A maxia de San Xoan en Pazo de Vilane

Contido actualizado o 21 de junio de 2021

A festa da noite de San Xoan é unha das máis especiais do ano en Pazo de Vilane. O 23 de xuño comeza en toda Galicia unha xornada de preparativos para a gran Noite Meiga á que nos unimos encantados, reunindo madeira, comida, bebida e por suposto moitos amigos.

Todo o mundo participa para festexar como cómpre a chamada “noite máis curta do ano”, unha velada cargada de maxia, ritos ancestrais e algúns costumes moi curiosas… ¿Úneste a nosas fogueiras?

Hoguera de San Juan en la Finca Susnavás, de Pazo de Vilane

¿Qué terá a noite de San Xoan? ¿Será o resplandor dos lumes ao lonxe? ¿Será ese anoitecer eterno? ¿Ou quizais sentir a agradable morneza de xuño na pel? En Pazo de Vilane encántanos vernos as caras iluminadas polas chamas. ¡Por fin damos a benvida ao verán!

E aínda que o traballo coas nosas galiñas nunca se detén (a diario debemos limpar as instalacións, alimentalas, vixiar os rexistros, recoller os ovos…) os días máis largos e cheos de luz, e o noso agradable clima estival, que favorece unha explosión de beleza no campo galego, alíanse para que o ambiente rebose optimismo.

Las plantaciones de arándanos ya están en plena maduración; las frambuesas tardarán un poco más… ¡Pero ya se adivinan los frutos! Y la hierba húmeda huele de maravilla… Todo invita “a saltar la hoguera”. 

As plantacións de arandos xa están en plena maduración; as framboesas tardarán un pouco máis…¡Pero xa se adiviñan os froitos¡ E a herba húmida cheira de marabilla… Todo convida “ a saltar a fogueira”.

Achegámonos pertrechados á leira de Susnavás e xusto cando cae o sol montamos a festa, o suficientemente lexos do galiñeiro como para non molestar as galiñas cos nosos berros e música (xa se sabe que elas se recollen ben cedo).

¿Quén é o valente que se atreverá a saltar primeiro? Un tras outro imos cumprindo o principal rito. Tamén alimentamos o lume coas cousas que xa non necesitamos ou sobre todo, as que queremos esquecer.

Os nenos lanzan os seus apuntes (¡terminouse o curso¡) e os maiores algún que outro obxecto que asociamos a un mal recordo. Non é o momento para penas..¡Esta noite é pura festa¡.

A historia de San Xoan

A noite de San Xoan vívese cun sentimento especial en moitas partes de España pero sen dúbida, Galicia é unha das comunidades onde máis arraigamento ten a celebración.

Los orígenes de esta fiesta son paganos, ya que lo que se festejaba era el solsticio de verano y el alargamiento de los días. Los historiadores creen probable que estos rituales se vengan celebrando desde 5.000 años antes de Cristo en diversas partes del mundo. 

 Chama a atención que os homes primitivos, fora cal fora a súa localización e cultura, foran capaces de seguir un calendario rudimentario e identificar a noite do 23 de xuño, ano tras ano.

O curioso é que, ainda que se adoita dicir que a noite do 23 ao 24 de xuño é a máis curta do ano, isto non é certo. En realidade, a máis breve é a do 21 ao 22, data na que efectivamente se produce o solsticio.

Co paso do tempo, o cristianismo foi adaptando os ritos pagáns e incorporándoos ao seu calendario. Así, o día de San Xoan Bautista, o 24 de xuño, convertiuse nun día para venerar ao profeta con fogueiras. Sábese que o curmán de Xesucrito era 6 meses menor ca él , de ahí que o seu nacemento se celebre xusto medio ano antes de Noiteboa.

Este cambio de rumbo ou adaptación cristiá non impediu que se mantiveran moitas das ceremonias ancestrais e por iso hoxe en día seguimos saltando sobre o lume, purificándonos e deixando atrás o pasado.

¿E cáles son os isos rituais? Describímoste os “imprescindibles”.

Os rituais da festa de San Xoan

Os rituais de San Xoan varían un pouco dunha zona a outra, pero todos comparten un elemento común: o lume. Ademáis, é indispensable para elaborar outro punto forte desta festa: a comida.

Cada un cociña o que máis lle guste, pero o habitual é preparar unha sardiñada (ollo coa subida dos precios das sardiñas cando se acerca esta data) ou unha churrascada para os máis carnívoros (costela, criollo, chourizo, polo…) Ata unha sartén de ovos camperos fritos nas brasas. ¡Todo serve!

Sardiñas á prancha típicas

Saltar a fogueira

Isto é indispensable. Pero ninguén consegue establecer cántas veces é necesario. Algúns creen que tres, uns que sete, outros apuntan a nove. Non hai consenso, pero o que está claro é que o número de saltos sobre a fogueira debe ser sempre impar. Desta forma conseguiremos escorrentar a malos espíritus.

Queimar cousas

En Galicia quéimase absolutamente de todo. E cando dicimos todo, non esaxeramos.

Os estudantes apostan por queimar os libros ou apuntes; os que sufriron unha ruptura sentimental: os enseres da súa exparella; os que queren dar un xiro radical a súa vida: roupa vella. Así que esta noite podes ver arder de todo. Literalmente.

Fogueiras na praia na noite de San Xoán

A auga purificadora

Outro elemento da natureza que xoga un papel vital na celebración de San Xoan é a auga. Son varios os rituais relacionados con este líquido, tanto na súa versión doce como na salgada. Por exemplo, a tradición dice que bañarse a noite do 23 ao 24 de xuño e saltar 7 ondas no mar serve para purificarse. Pero é importante facelo sempre con precaución.

Na praia da Lanzada, en Sanxenxo, celébrase un ritual especial para atraer a fertilidade. As mulleres que queiran quedarse embarazadas métense de espaldas na auga e saltan nove ondas.

As herbas de San Xoan

Herbas de romeu

Este punto tamén trae polémica. Aínda que moitos aseguran que ao longo do día 23 hai que recoller sete herbas medicinais do campo para facer un ramallete que se sumerxe toda a noite na auga (recollida de sete fontes distintas) ninguén sabe de certo qué herbas son.

Dependendo da zona poden ser unhas ou outras. O que sí queda claro é que debemos lavarnos a cara coa auga do ramallete, nada máis levantarnos , o 24 pola mañá. Así nos manteremos novos e espantaremos o mal de ollo.

San Xoan e Pazo de Vilane

Moitas veces se relacionan as tradicións de San Xoan coas aldeas costeiras, pero o certo é que no interior de Galicia tamén se celebra este día por todo o alto (aínda que non teñamos mar).

Pazo de Vilane pertence á parroquia de San Xoan de Antas, polo que habitualmente estariamos en plena celebración das nosas festas patronais. Esperamos que moi pronto volvan as inesquecibles verbenas.

Ademáis, como xa vos contamos nalgunha ocasión, na Ulloa cóntase unha lenda sobre o misterioso Castillo de Sirgal (Monterroso)e a noite de San Xoan.

Nun sepulcro do antigo cemiterio, na lousa de granito que o cubría, acumulábase a auga da chuvia de todo o ano coa que os veciños se lavaban na noite máxica de San Xoan. Con este ritual consideraban que as famosas meigas non ousaban acercarse. ¿Realidade ou ficción? Quén sabe, habelas hailas…

Esperamos que tí tamén estés preparado para vivir a noite máis máxica do ano. ¿Cántas veces saltarás a fogueira?.