Coa primavera chega a Pascua, e con ela, a súa lebre cargada de ovos de chocolate ou de variadas decoracións para esconder pola natureza. Aínda que en España non é un costume moi popularizado, é unha actividade moi creativa na que os nenos gozan creando e aprendendo. E aínda máis na situación na que nos atopamos.
Na Pascua o ovo representa o nacemento de algo novo, e a lebre, un animaliño que simboliza o amor desinteresado. Durante esta festividade os nenos reciben valores esenciais como o respecto e a tolerancia, relacionándose coa natureza. Buscar en familia pola casa ou o xardín os ovos que nos deixa a Lebre de Pascua, será como atopar un tesouro, un momento familiar que une e crea momentos marabillosos.
Por iso, queremos poñer a proba a vosa creatividade e a de péquelos da casa, para que nestes días de confinamento poidades facer preciosas manualidades e decorar o voso fogar. A nosa amiga Rita Cifuentes creou unhas marabillosas ideas para facer manualidades con ovos e divertirnos en familia. Úneste?
Decorando ovos de Pascua
Como baleirar o ovo?
As formas de decorar son moi variadas, o poder está na liberdade de cada un. Os mellores ovos para facer estas manualidades son os ovos brancos, así se aprecia mellor a decoración. Hai que comezar baleirando o interior do ovo, que é máis sinxelo do que creedes. Cun pincho ou unha espetada rompemos os dous extremos e sopramos por un deles, a xema e a clara sairá polo outro extremo.
Introducimos auga no seu interior, axitamos e volvemos expulsar. Así queda limpo no seu interior e está listo para ser decorado. Fainos con varios ovos, porque é posible que rompa máis dun mentres os decoras. Podes aproveitar para facer un biscoito.
Como fixar a cor no teu ovo?
Podes utilizar ceras naturais e logo difuminalas ou usar tinguiduras alimenticias e pintar con plumilla ou pintura acrílica! Aquí o que importa é a creatividade, non o material. Fai os debuxos que máis che gusten, mestura as cores que che apeteza e deixa voar a túa imaxinación.
Cando o decores, hai que fixar a cor. Para iso temos que seguir os seguintes pasos:
- Envolve o ovo nunha gasa e átao cun cordel pequeno.
- Pon o ovo en auga quente e déixao cocer uns minutos. Como está baleiro, subirá ao superficie, así que terás que sostelo cunha culler dentro da auga.
- Sácao da auga e déixao arrefriar, non fai falta secalo, verás que a cor se fixa soa.
Cando teñas todos os ovos decorados, podes escondelos pola casa e facer un xogo cos teus fillos. Unha procura do tesouro! Despois podes regalalos a familiares ou atarlles cordeis e colgalos en paus ou tronquitos. Podemos colgalos nos nosos xardíns, usalos como decoración de floreiros ou facer un móbil de berce.
Ovos con formas
As cousas sinxelas poden ser as máis bonitas sen necesidade de empregar demasiado tempo, podemos ir máis aló e crear formas cos nosos ovos. Se non che quedan ovos brancos, podemos poñerlle unha capa de pintura branca ou utilizar poliespan.
Unha vez estea seca pedímoslle aos nenos que debuxen sobre unha cartolina as orellas dos seus coelliós, o chapeu dun mago ou a espada dun cabaleiro. O que máis lles guste! Tamén lles pedimos que debuxen a súa cara. Cando estean, recortámolo con coidado, deixando unha pequena base no extremo inferior para que se poidan pegar.
Pégaos ao ovo e crea os teus personaxes máis divertidos!
Debuxos de Pazo de Vilane
Parécenche poucas actividades para gozar en familia? Temos máis cousas para ti e os teus peques. Traémosvos uns debuxos para que coloreen! Descarga os nosos e pinta á nosa galiniña ou crea o teu propio ovo de Pascua. (URL DESCARGA)
Tamén podes darlle unha segunda vida ás nosas caixas de ovos campeiros e participar na nosa 7ª edición de 1 idea, 1 árbore. Non só pos en marchas a túa imaxinación senón que tamén axudas ao medio ambiente e con posibilidade de gañar marabillosos premios. Seguro que estas semanas faranse máis levadías con actividades e creatividade. Non dubidedes en ensinárnolas nas nosas redes sociais, encántanos vervos gozar coas manualidades.