Mantén a túa cociña ordenada grazas á caixa de ovos campeiros de Pazo de Vilane

 

O pasado mes de marzo lanzabamos a convocatoria a todos os nosos clientes co obxectivo de darlle un novo uso á caixa de ovos campeiros de Pazo de Vilane e non podemos máis que darvos as grazas polas máis de 400 propostas que recibimos.

O enxeño demostrado non para de sorprendernos a todos os que traballamos en Pazo de  Vilane. E é que ademais de conseguir que se reutilice a nosa caixa de cartón reciclado tamén estamos a axudar ao medio ambiente. Tal e como nos comprometemos, por cada unha da ideas que nos fixestes chegar plantaremos unha árbore na comarca da Ulloa. A idea é axudar á reforestación da nosa contorna con árbores autóctonas para axudar a conservar a biodiversidade que rodea a Pazo de Vilane.

Hoxe querémosvos ensinar algunhas das ideas máis orixinais relacionadas co mundo da cociña. Porque ademais de transportar os nosos fabulosos ovos campeiros, a nosa caixa pode ter moitos usos unha vez que chega á vosa cociña.

Margarita enviounos un cubertero moi especial. Coa caixa de seis ovos campeiros de Pazo de Vilane conseguiu crear un recipiente único para dar soporte a todas as culleres, coitelos, garfos e ata aos palillos para a comida chinesa! Ademais, conseguiu aproveitar non soamente a caixa senón tamén a caixa de ovos. O espazo de cada ovo é ideal para dividir aos diferentes cubertos e evitar que se mesturen. O punto final dállo a o toque de pintura e o papel de flores como decoración.

Outra idea que volvemos recibir e que sempre nos encanta é a de transformar a caixa nun  especieiro como o que nos chegou da man de Vanesa. O rectángulo é a forma perfecta para aliñar os frascos das especias, xa que os espazos que deixan os ovos das galiñas criadas en liberdade axústanse perfectamente ao tamaño dos botes. Calquera espazo que teñamos na cociña adaptarase para ser o novo fogar da caixa de Pazo de Vilane. Canela,  fideos, pementa, ourego…hai sitio para todos!

Seguindo a liña de elementos para manter sempre ordenada a cociña, Laura apostou por converter a nosa caixa nun organizador de panos. Unha idea sinxela para a que soamente tes que dobrar os teus trapos e gardalos en dúas filas dentro da nosa caixa. Cómodo e práctico!

Como vedes, a caixa de ovos campeiros de Pazo de Vilane tamén pode servir para manter ordenada a nosa cociña. Atrevédesvos a reproducir algunha destas ideas do concurso 1 idea, 1 árbore? Lembrade que podedes consultar as ideas de reutilización da caixa de ovos  camperos recibidas en 2014, 2015 , 2016 , 2017 y 2018.