Faite cun estupendo libro de receitas polo noso 25 Aniversario en dixital e gaña un exemplar en papel. Aquí contámosche cómo conseguilo.
En 2021 cúmprese o 25 Aniversario da creación de Pazo de Vilane, a primeira granxa de ovos camperos de España, por iso este ano viñémolo celebrando con todos vós, os nosos queridos seguidores ou “pazolovers”.
Tras a celebración d noso concurso de receitas, chega o recompilación en forma de libro de todos estes pratos tan ricos que nos presentastes.
Sen dúbida, son 25 receitas para celebrar- elaboradas con ovos camperos, claro está que podrás levar á túa mesa sempre que a ocasión o requira; un aniversario, un aniversario de parella, un nadal ou un romántico día de San Valentín. Cos 8 primeiros, 9 segundos e 8 sobremesas espectaculares que propoñen os nosos “pazolovers tes o éxito asegurado.
Cómo conseguir o Libro de Receitas 25 Aniversario de Pazo de Vilane
O noso libro, no que incluimos as mellores 25 receitas do concurso 25 Aniversario, conta con edición en liña e papel.
- Se xa estás subscrito ao noso boletín de noticias ou “newsletter” dixital non tes que facer nada máis: recibirálo en breve, en versión en liña, no teu correo electrónico. Revisa o teu buzón de correo non desexado por se fose a parar alí.
- Se todavía non estás subscrito, faino canto antes, e enviarémoscho inmediatamente.
- Pero se eres dos que prefires a versión en papel, dentro das nosas caixas de ovos incluimos 100 cheques regalo. Se atopas un deles, ponte en contacto con nós e enviarémosche un exemplar do libro impreso á dirección postal que prefiras (Consulta as bases legais desta promoción AQUI).
- Tamén poderás conseguilo a través das nosas Redes Sociais (Facebook e Instagram) un dos 50 libros de receitas en papel que sorteamos. Permanece atento durante os próximos días para que non se che escapen..