IFS Food é un sistema normativo específico da industria alimentaria recoñecido pola Global Food Safety Initiative (GFSI) que certifica mediante auditorías a seguridade e calidade dos produtos alimentarios procesados, así como o seu proceso de envasado, co obxectivo de previr contaminacións.
A Norma IFS Food foi o primeiro estándar IFS (International Featured Standards). Xurdiu en 2003 e dende entón veuse actualizando periodicamente.
Só pode aplicarse a empresas de produtos alimentarios con marca propia que, ou ben os transformen, ou ben os envasen. Este último é o caso de Pazo de Vilane porque, aínda que non procesamos de ningún modo os nosos ovos campeiros, si que os manipulamos para envasalos baixo a nosa propia marca.
Calquera alimento avalado coa normativa IFS Food é máis seguro e fiable, por iso en Pazo de Vilane traballamos moi duro durante máis de 3 anos para cumprir todos os seus detalles e por fin poder certificarnos por primeira vez en outubro do 2021.
É dicir, en Pazo de Vilane a norma IFS Food vela para minimizar os perigos de contaminación dos nosos ovos campeiros no momento do seu envasado.
Como ves, podes consumir os nosos ovos campeiros con total confianza, porque o carácter artesanal e natural da nosa forma de crianza e produción non están enfrontadas cos máximos controis de seguridade alimentaria.
Como e para que xurdiu a IFS
O estándar de auditoría IFS Food (International Food Standard) xurdiu en 2003 por iniciativa de varias asociacións de distribuidores de Italia, Alemaña e Francia.
O sector distribuidor europeo vía necesario establecer unha normativa común específica de calidade e seguridade porque vía con preocupación a multiplicación de novas disposicións e requisitos legais relativos á produción de alimentos nos diferentes estados da UE, ao mesmo tempo que medraba a importación e exportación a nivel mundial.
O obxectivo final era que as empresas de alimentos ou produtos alimentarios que aplicaran estas normas e superaran a auditoría correspondente puideran ofrecer unha acreditación de calidade e seguridade común que fora recoñecida no só nos países europeos, senón que en gran parte do mundo.
Ademais, o consumidor que mercara un alimento producido baixo o estándar internacional IFS contaría cunha maior tranquilidade, posto que tería a seguridade de que o que levara á súa mesa cumpriría todas as especificacións da lexislación vixente do país no que se comercializara.
Por que é mellor un produto alimentario que cumpra coa normativa IFS?
Cando unha empresa que produce e/ou envasa alimentos, como Pazo de Vilane, aplica a norma IFS Food e supera cada ano as súas correspondentes auditorías, o seu produto e a propia compañía melloran. Pero, por que?
- • Porque ofrece máis garantías sobre aspectos críticos de seguridade alimentaria, por exemplo, a través do APPCC (Análise de Perigos e Puntos de Control Críticos) un proceso sistemático de prevención que asegura a inocuidade alimentaria mediante numerosas prácticas de hixiene.
- Porque coa IFS minimízanse as posibilidades de contaminación na etapa produtiva ou de envasado. Ademais, no caso de aparición dun brote, facilítase a súa identificación en control.
- Porque, grazas á IFS, as empresas dispoñen dunha ferramenta moi útil coa que poden impulsar procedementos de mellora continua.
- Ademais, os empregados reciben unha formación e concienciación continuas sobre procesos de seguridade alimentaria.
- Unha vez certificados na norma, os produtos alimentarios IFS poden exportarse con maior facilidade a países que recoñezan esta certificación e por iso poden competir noutros mercados.
- Coa norma IFS as empresas poden unir de maneira sinxela nos seus procesos a seguridade alimentaria e o control de calidade.
- A empresa pode probar todas estas mellorar ante o cliente, polo que mellora a súa imaxe corporativa, e indirectamente, as súas vendas.
- A auditoría anual da IFS (que, no caso de Pazo de Vilane, a leva a cabo AENOR) ofrece resultados concretos das áreas que precisan ser melloradas. Así, a empresa sabe en cada exercicio onde debe esforzarse máis.
En definitiva: a IFS Food, na que Pazo de Vilane xa está certificada, é un instrumento de mellora continua tanto para a empresa como para os produtos que ofrece; por iso os consumidores se benefician notablemente da súa aplicación.
Os produtos con garantía IFS Food, coma os nosos ovos campeiros, contan cun selo extra de calidade e seguridade.
Gustouche este artigo? Pois ofrecémosche moito máis! Subscríbete ao noso boletín e recibirás un libro dixital gratuíto!