“Pasamos un día inolvidable” Ese foi a mensaxe común que nos transmitiron o pasado 17 de xullo as gañadoras dos nosos recentes concursos, o do Libro de Recetas do 25 aniversario e a 8ª Edición de “1 idea 1 árbore!. Foi unha xornada chea de entretemento, aprendizaxes e goces en familia, pois as vencedoras puideron compartir o premio, un viaxe ao Pazo de Vilane con todos os gastos pagos, cos seus achegados. Encantounos recibirvos a todos. ¡Gracias pola vosa visita¡
Iniciamos a xornada coa recepción de todo o grupo baixo a sombra dos cedros xigantes que presiden o xardín de Pazo de Vilane. Alí, xunto ao hórreo, os nosos visitantes-chegados de todos os puntos de España: Toledo, Valencia, Madrid, Orense….-coñeceron a historia de Pazo de Vilane ou o que é o mesmo, a nosa aventura familiar. Ese periplo empresarial no que os Varela-Portas, orixinarios de Lugo, pero afincados en Madrid durante dúas décadas, volvemos en 1996 ás nosas orixes para lanzar un novo concepto no mercado español: o ovo campero de galiñas criadas en liberdade e pastoreo verde todo o ano.
Ao longo de toda a mañá fomos amosando todas as instalacións de Pazo de Vilane, unha instalación labrega desde as súas orixes, no século XVIII, aínda que a partir dos anos 60 e 70 do XX sufriu un serio deterioro e abandono total da súa actividade orixinaria.
Os nosos amigos tiveron ocasión de coñecer o edificio do Pazo, que está incluido como ben cultural no inventario do Patrimonio Histórico da Xunta de Galicia; a Palleira (antigo almacén de palla) que no seu momento ameazaba ruina e hoxe se destina a sala de formación e eventos de RSC da empresa; os orixinais cortellos de xatos, convertidos na nave de clasificación, envasado e almacén de ovos camperos, ou a antiga sala de ordeño, onde actualmente se ubican as nosas compañeiras do departamento de Administración.
Visita ás nosas galiñas camperas en liberdade
Pero sen dúbida o momento estrela da mañá foi a visita a unha das nosas leiras, Susnavás, onde o grupo tivo ocasión de mesturarse, contemprar de preto e incluso acariñar as nosas galiñas camperas. A sorpresa para case todos foi a docilidade e a curiosidade das aves , que non dubidaron en acercarse para coñecernos e o verdor do pasto de Pazo de Vilane, á pesar da onda de calor que percorría toda España.
A explicación non é outra que o clima privilexiado da Comarca da Ulloa, onde se ubica o Pazo e as súas terras.
Juan Pedro Sánchez, director de Producción, Bienestar Animal e Innovación, explicou que “unha temperatura templada é fundamental na cría e a boa posta de galiñas camperas: “Cando o termómetro supera os 26 graos, por cada grao de aumento baixa un 10% a posta de ovos. Beben máis e comen menos. Se fai moita calor incluso rechazan sair ao exterior. Imaxinemos cómo debe ser a vida das galiñas en rexións onde ampliamente se superan os 38 graos moitos días de verán”.
En efecto, tamén a calidade do ovo baixa, pois ao aumentar o líquido inxerido, increméntase a porcentaxe acuosa e perde consistencia.
Polo contrario, isto non ocorre no ovo campero galego de Pazo de Vilane, precisamente polas condicións climáticas antes descritas.
Clase exclusiva de cociña co apoio da escola profesional pública galega
Ricardo Fernández Guerra e Manuel Cordido Rios, profesores nas escolas públicas de cociña IES Vilamarín e CIFP Carlos Oroza de Pontevedra, desplazáronse ata o Pazo para impartir aos nosos gañadores unha “master class” de cociña galega co ovo campero como protagonista.
A pesar da maestría dos noso hóspedes- non olvidemos que unha grande parte deles gañaron a viaxe gracias ao seu bo facer entre fogóns- tivemos a oportunidade de aprender moito sobre técnicas, receitas, truquiños e características esenciais do bo produto galego.
Todas as verduras e froitas empregadas nos pratos saíron da horta que cultivan os propios alumnos nas escolas, e o resto de ingredientes (desde vinagre, o porco celta, ata naturalmente os nosos ovos camperos…) se adquiriron en Galicia, co fin de minimizar a pegada de carbono.
Xa se sabe, a menor distancia do lugar de producción ao de consumo, menor pegada.
A clase transcurriu nun ambiente distendido, ao aire libre, gozando todos da simpatía de Ricardo e Manuel, e dos seus excelentes pratos, que puidemos degustar a medida que quedaban compretados.
Finalmente, a última hora da tarde, despedimos aos nosos premiados, moi contentos, según nos comentaron, por poder coñecer o corazón dunha empresa “que pon verdadeira paixón no que fai.. e que cumpre o que dí”
¿Te interesou esta noticia? Subscríbete ao noso boletín e recibirás un libro electrónico de balde