Para facer na casa a mellor torta de queixo e quedar como un chef de primeira fan falla catro ingredientes: os ovos camperos de Pazo de Vilane, a nata máis rica e o queixo máis cremoso.
¿E o cuarto? O agarimo co que vas enfornar Exquisiña, a torta de queixo galega por excelencia, unha nova receita en colaboración con outras dúas marcas galegas de alimentos de calidade: Feiraco e Quescrem. ¡Éxito seguro!
Apunta tódolos detalles porque ademáis agora, só por comprar os ingredientes de Exquisiña podes levarte fantásticos premios.
Pazo de Vilane, Feiraco e Quescrem, tres produtores de alimentos de calidade do rural galego, unímonos para enarborar un movimento de recuperación e revalorización das tradicións e alimentos da nosa terra con Exquisiña, unha torta de queixo deliciosa e moi “nosa” firmada polos famosos chefs Lucía Freitas (estrela Michelín) e Pablo Gallego.
Exquisiña: a receita da torta de queixo galega que sempre te sairá ben
Nesta receita de torta exquisita (¡leva ata o nome¡) Pazo de Vilane pon os ovos camperos de galiñas que pastan os 365 días do ano nos prados verdes da Ulloa; Feiraco aporta a nata procedente da leite das vacas das súas cooperativistas, e Quescrem engade o queixo cremoso dunha suavidade excepcional.
As mans maestras de Lucía Freitas e Pablo Gallego, cunha receita propia que sempre sae ben, fan o resto.
En tódalas casas do rural galego sempre podiamos atopar ovos “ da casa” nata e queixo. Por iso esta torta, natural, sinxela e riquísima, únese tan ben á tradición da cociña galega. E sendo unha sobremesa…¡Qué te vamos a contar do que nos gusta aos galegos os doces¡
Por iso Exquisiña, a torta de queixo galega por antonomasia, quixo homenaxear e revalorizar esa tradición reposteira tan galega: produtos naturais, receitas ancestrais e boas mans na cociña.
Compra os ingredientes de Exquisiña… e gaña premios
¡É moi sinxelo! Se vives en Galicia só por comprar os ingredientes de Exquisiña podes gañar excelentes premios.
Segue estos dous pasos:
- Comprar os 3 ingredientes: Ovos Pazo de Vilane, nata Feiraco e queixo crema Quescrem.
- Subir o ticket de compra a www.exquisina.gal
Participarás no sorteo de :
- Unha comida ou cea para dúas persoas no Restaurante de “Pablo Gallego” (A Coruña) ou en “A Tafona” de Lucía Freitas (Santiago de Compostela).
- 6 robots de cociña KitchenAid.
Para participar non é necesario que subas foto da torta elaborada (aínda que nos encantará que a compartas nas túas redes sociais e que nos etiquetes, para que podamos vela).
Unha torta innovadora pola súa naturalidade (e o benestar animal que leva detrás)
Exquisiña é unha torta innovadora porque parte dun enfoque rompedor: a recuperación dunha repostería sá, natural e de intenso sabor elaborada con ingredientes do campo galego producidos baixo estritos criterios de benestar animal e pastoreo diario.
Hoxe en día, nun mundo dominado polos alimentos procesados, non é sinxelo atopar uns produtos tan ben producidos como eses. ¡Por iso debemos volver á marabillarnos co bo que nos da a terra e o benestar animal como o que aplicamos en Pazo de Vilane como bandeira.
Con Exquisiña queremos reinvindicar este “bo facer” galego. Ou o que é o mesmo, do campo á mesa: ingredientes de primeira, receitas simples pero deliciosas, e familias reunidas ao redor da cociña, á calor dos fogóns, para que as nosas tradicións e cultura culinarias non se perdan.
Exquisiña: unha torta de queixo de chef, agora ao teu alcance
A receita de Exquisiña foi diseñada en exclusiva por Lucía Freitas e Pablo Gallego por encargo de Pazo de Vilane, Quescrem e Feiraco.
É sinxela, rápida e sempre sae ben. ¿A quén non lle apetece lucirse na casa cunha receita de chef con Estrella Michelín?
Por iso estamos encantados de compartir contigo a receita da torta de queixo Exquisiña aquí. Xa nos dirás cómo te sae e o que dura no prato.
¡Únete ao noso movemento e reivindica os bos alimentos producidos no rural galego e a tradición reposteira da nosa terra.’