“Só a lembranza de onde veño, me axuda a saber cara onde vou.”
Rosalía de Castro
Isto dicía Rosalía, por iso en Pazo de Vilane nos gusta coñecer a orixe de tradicións tan nosas como o Día de Galicia, que afunde as súas raíces varios séculos atrás.
Cada 25 de xullo en Pazo de Vilane nos vestimos de gala para festexar o Día de Galicia, porque o sentimos como algo moi noso. Non só iso, tamén coincide coa festa do Patrón de España, Santiago Apóstol , cuxos restos reposan en Santiago de Compostela, polo que o país enteiro está de celebración, ¡Mellor aínda!
E é que Galicia, para todos os que formamos Pazo de Vilane, representa algo máis que a nosa terra, é a nosa orixe e esforzámonos para que sexa o noso futuro.
Desde o principio sabíamos que Galicia, co seu excepcional clima e fertilidade, proporcionaría o mellor acubillo e alimento ás nosas galiñas. Sabíamos que só aquí poderíamos producir os ovos con máis sabor de España. Por iso forma parte da nosa identidade e acompáñanos en todas as nosas caixas.
25 de julio, un dos días máis esperados no Pazo
Cada 25 de xullo os habitantes do Pazo facemos un parón nos nosos traballos para festexar esta xornada tan sinalada. Non sabemos por qué , pero nestes días tan nosos todo cheira a festa e ata a luz é distinta.
Ao lexos, en medio do forte piar dos paxaros, óese un rumor de gaitas, tambores e petardos. Os nenos corren, os adultos afánanse na cociña…’incluso as galiñas corretean, emocionadas¡.
Por fin reunímonos ao redor dunha gran mesa e desgustamos os bos manxares galegos. Non faltan a empanada nin os mariscos; tampouco a torta de Santiago ou as filloas á hora do café, elaboradas , como non, cos nosos ovos camperos máis frescos. Seguramente alongaremos a sobremesa ata a noite, ata que se nos bote o relente encima.
¡Así son os veráns no Pazo, e o Día de Galicia, que coincide co Día de Santiago Apóstol, o cumio da tempada estival¡
A uns kilómetros, en Santiago de Compostela, os festexos están sendo excepcionais. A Praza do Obradoiro rebosa desde a noite anterior, cando a súa fachada se ilumina con lumes artificiais e imaxes 3D. Os peregrinos están exhaustos, pero aquí e acolá todavía logran arrastrar as súas botas para bailar ao ritmo dalgunha tonada celta. As campás resoan por toda a comarca….
¿Cómo se instituiu o Día de Galicia?
A celebración do 25 de xullo como Día de Galica fíxose oficial en 1979. Foi nese ano cando a Xunta de Galicia, a través do DOG (Diario Oficial de Galicia) institucionalizou a festa. Pero o certo é que esta celebración víñase conmemorando desde décadas atrás.
A comezos do XX, en 1919, as Irmandades da Falae estableceron o 25 de xullo do ano seguinte, 1920, como primeir Día da Patria Galega, se ben non conseguiron extender a festa por toda a rexión ata mediados desa década.
Durante a Dictadura de Primo de Rivera a festa galega foi interrumpida e no Franquismo o 25 de xullo impulsouse como día festivo para conmemorar o Día de Santiago Apóstol como Patrón de España.
A partir da Transición recuperouse o carácter galego da festa e desde entón conmemórase por todo alto en toda a Comunidade, con festas populares, actos simbólicos e culturais , así como celebracións relixiosas.
As orixes da celebración
Parece lóxico que, reposando os restos do Apóstol Santiago en Compostela e celebrándose o seu día (desde o século XI) o 25 de xullo, se escollera tal data para conmemorar o Día de Galicia.
E é que aínda ata 1080 se teñen noticias de que a festividade do Santo tiña lugar o 30 de decembro, foi a partir do século XI cando a liturxia marcou o 25 de xullo como o “día grande”, mentres que a data decembrina reservouse para a festa da Traslación.
Este último festexo conmemora o traslado en barca desde Xerulasén ata Compostela do corpo de Santiago tras ser decapitado por Herodes Agripa no ano 44 d.c. A lenda di que os seus valentes discípulos surcaron o Mediterráneo, o Estrecho de Gibraltar e a costa portuguesa ata remontar o cauce do Río Ulla. Créese que o último tramo , ata Compostela, fíxose a pé, en procesión.
Desde o descubrimento da tumba-entre os anos 820 e 830- tal foi o arraigo da festa do Santo Apóstol en Galicia, que existen fontes documentais que corroboran que xa nos séculos XVI e XVII se lanzaban cohetes e lumes pirotécnicos este día, como forma de celebración.
Galicia e Pazo de Vilane
Cando decidimos volver a Pazo de Vilane fixémolo pensando en devolverlle o seu esplendor ao pazo familiar e en converterse en activadores da zona, converténdoo en centro de emprego e de arraigamento para a comarca .
Imaxinábamos unha Galicia rural sostible, capaz de xerar o sustento necesario para a súa xente, e evitar así a lexendaria emigración dos novos galegos.
Por iso temos moi presente a Galicia en cada un dos pasos que demos en todos istes anos.
De 50 galiñas pasamos a 190,000, pero a modiño, sempre con “sentidiño”, asegurándonos de non sobreexplotar os recursos.
O noso modelo de negocio é sostible, pero é que ademáis, a través dos piares da nosa RSC, tratamos de revitalizar a comarca.
Por exemplo, con 1 idea, 1 árbore buscamos recuperar o bosque galego e plantamos unha árbore de especie autóctona por cada idea que recibimos para reutilizar a nosa caixa da gallinita. Tamén estamos a restaurar as distintas estruturas que forman parte de Pazo de Vilane para darlles novos usos, por exemplo, a palleira ou a cuadra .
Así, cando celebramos a Xornada de Portas Abertas ou os Concertos no Pazo , todos os visitantes que chegan a Pazo de Vilane (algúns desde diferentes puntos da xeografía española) poden ver de preto este patrimonio arquitectónico recuperado ao mesmo tempo que revitalizan a comarca coa súa estancia na zona. Porque en Pazo de Vilane sentimos Galicia, somos parte dela e, tanto neste 25 de xullo como en todos os días do ano, queremos devolverlle o amor que ela nos dá.
Feliz Día de Galicia!
Gustouche este artigo? Pois ofrecémosche moito máis! Subscríbete ao noso boletín e recibirás un libro dixital gratuíto!