Día das Letras Galegas 2016

 

Como cada ano, o 17 de maio celébrase o Día das Letras Galegas, cuxa primera edición celebrouse o día 17 de maio de 1963, coincidindo co centenario da primeira edición de Cantares gallegos de Rosalía de Castro, como iniciativa de tres membros da Real Academia Galega. Manuel Gómez Román, Xesús Ferro Couselo e Francisco Fernández del Riego presentaron a proposta para recoller “o latexo material da actividade intelectual galega”.

A edición deste ano adícase ao autor lugués Manuel María. Manuel María Fernández Teixeiro (Outeiro de Rei, Lugo, 1929 – A Coruña, 2004) foi un poeta, narrador, dramaturgo e académico da lingua galega destacado polo seu carácter combativo e compromiso político. Entre os temas máis habituais das súas creacións destacan a arte, a etnografía, a natureza e o mundo animal, a historia e o paso do tempo.

Con motivo da conmemoración, a Xunta de Galicia e a TVG publicaron unha serie de vídeos animados sobre varias creacións do autor, como este sobre o poema A Pita Choca.

A Pita Choca

A señora Pita leva a súa rolada como unha señora moi señoreada.

– Pío, pío, pío… Cada pío un choro. Os pitiños pían en piante coro!

Moi señoreada – e a roupa remendada – vai a Pita Choca levando a niñada.

– Pío, pío, pío… Con piar inquedo pían os pitiños porque teñen medo!

Baixo da galiña os pitos nun fato todos en rolada que vén o miñato!

– Non hai pío, pío, non hai pío, pon, na ampritú do ceio voa o miñatón!