Continuamos con máis anécdotas campestres

Continuamos ensinándovos algunhas das historias que nos fixestes chegar para participar no Concurso de Anécdotas Campestres de Pazo de Vilane. A idea era recompilar esas historias relacionadas coa natureza que todos vivimos algunha vez. Podían ser graciosas, curiosas, entrañables…o importante é que che trouxesen un bo recordo á memoria dun momento único. 

O gañador desta cuarta edición do concurso foi Carlos Blanco, a persoa en recibir máis votos grazas á súa anécdota que rememoraba tempos pasados da súa infancia ao mesmo tempo que axuntaba recordos dos almorzos que lle facía a súa avoa. Agora queremos seguir dando a coñecer as historias do cuarto Concurso de Anécdotas Campestres e por iso cada mes revelarémosvos unhas poucas.

Tamara González

A primeira vez que fun ao norte de España co meu noivo fun polo campo en bicicleta e cando pasamos preto das vacas empecei con tantas náuseas que non sabía se parar ou seguir coa bicicleta. 

Ana Simancas

Unha tarde romántica facendo un pícnic terminou fatal cando nos demos conta que nos sentabamos encima dun formigueiro e estabamos cheos de formigas. 

Laura Castelo

Con 15 anos tiven o meu primeiro e último campamento. Unha semana pola montaña e o campo… A terceira noite durmimos á intemperie en sacos. A media noite mentres os monitores nos entretiñan eu só podía notar (estaba escuro e non se vía nada) como as arañas subían polas pernas. Unha e outra vez. Ah! Teño que engadir que teño pánico ás arañas. Pois ben, cos nervios de ter que durmir ao aire libre metinme no saco coa cabeza incluída. Non notei o aire ata a mañá seguinte cando me espertei por mor dunha picada na miña perna. Sobresalteime e leveime a man cara a onde notara a picada. Un garfo. Co nervios das arañas a noite anterior gardárame o meu garfo no peto do pantalón. Para defenderme por se de madrugada me atacaban os bichos de oito patas e me comían.

Belén Martínez

Meterme nunha leira chea de excrementos de porco e vaca por erro e non poder saír sen  embadurnarme de merda.

Roberto López

Os pícnic cos amigos e as sestas á sombra das árbores coa miña Adriana.

Raquel Lafón

Gústame gozar do campo e a anécdota que lembrarei sempre pasou cando tiña 10 anos. Fun co meu colexio a unha excursión á Pedriza en Madrid. Estabámolo pasando xenial correndo xogando e entrounos sede. Fun ao Manzanares a encher a miña cantimplora de plástico e despois de beber paseilla a un compañeiro. Coa mala sorte de que el apertou moito a cantimplora e a peza de plástico que facía de pitorro saíu disparada cara á súa garganta. Quedóuselle atascada e empezou a poñerse vermello. Outro amigo e eu comezamos a darlle golpes nas costas e a apertarlle o estómago, supoño que veriamos esa manobra na tele jeje. E por fin puido vomitar a peza de plástico. Todo acabou ben e ao final ata rimos pero desde entón teño moito coidado coas cantimploras