Volve o noso concurso de reciclaxe 1 idea , 1 árbore ( e este ano trae súper premios)

 

Xa cheira a primavera¡ E sigue sendo tradición dos últimos anos, lanzamos a 8ª edición do noso gran concurso de reciclaxe 1 idea 1 árbore, unha iniciativa na que todos saímos gañando. Tí mándanos unha foto, video ou texto coa túa idea de reutilización da caixa de Pazo de Vilane, e a cambio nós plantamos unha árbore. Así de fácil.

Recicla, reduce, reutiliza…¡Cada idea conta¡

Edición especial familias

Ademáis, como este ano se cumpre o 25 aniversario de Pazo de Vilane, empresa fundada en 1996 pola Familia Varela-Portas, decidimos celebralo sorteando 10 lotes dos nosos productos entre todos os participantes e engadindo dous súper premios, isto é , 2 viaxes en familia ao Pazo (Antas de Ulla, Lugo) con todos os gastos pagados para as dúas mellores propostas.

¡Ensínanos xa cómo reutiliza a túa familia a caixa da galiña e poderedes pasar xuntos un espectacular fin de semana visitando a comarca da Ulloa!

A mecánica do concurso é ben sinxela.

Enviádenos unha idea ben orixinal para reciclar, reutilizar ou darlle outro uso á nosa caixa.

Non olvidedes facer as fotos, videos ou textos máis espectaculares…

Hai dúas formas igualmente válidas de participar:

  1. Desde as túas RRSS (Facebook, Instagram o Twitter) entra no perfil de Pazo de Vilane (síguenos si todavía non o fas) e comparte unha foto, vídeo ou texto explicativo da túa proposta de reciclaxe da nosa caixa de ovos camperos. Non olvides etiquetarnos (@PazodeVilane) e engadir o hashtag #1Idea1Arbol. Deberás comprobar que tanto a etiqueta (@PazodeVilane) como a entrada da publicación no hashtag é correcta e pública.
  2. Si o prefires, podes mandarnos unha foto, vídeo ou texto explicativo a: comunicacion@pazodevilane.com
  3. Ou a través de correo postal a: Pazo de Vilane. Lugar de Vilane, 31 27570 Antas de Ulla (Lugo)

Recorda: podes mandar tantas ideas como queiras, pero sólo ata o 15 de maio de 2021, Día Mundial das Familias.

Consulta as bases do concurso aquí

Unha plantación moi especial

Aproveitamos para contarte que, como este 25 Aniversario é moi especial para Pazo de Vilane, a principios de marzo plantamos as árbores da pasada edición de 1 idea, 1 árbore (7ª Edición, 2020)

Por iso recorremos á empresa especializada en paisaxismo Hifas da Terra, quen nos axudou  a diseñar sendos bosques do 25 Aniversario Pazo de Vilane, ubicados nas nosas fincas de Susnavás e A Margada, onde pastan as nosas galiñas camperas nos seus parques.

Empregados do Departamento de Producción (Granxas) participaron ó largo de varias xornadas na plantación de decenas de castaños, faias, carballos americanos, fresnos europeos, bidueiros, e cerdeiras.

¿Qué mellor maneira de celebrar os nosos 25 anos como empresa que colaborar no enriquecemento medioambiental da nosa comarca?

Estamos convencidos de que gracias ao clima e a riquísima terra galega, en canto pasen uns anos , os nosos bosques darán sombra e acubillo abundante as nosas queridas galiñas, e todo aquel que visite Pazo de Vilane se admirará da súa frondosidad e riqueza de tonalidades.